O Goberno central dálle as costas a Barro: rexeita potenciar a estación da Portela

O Goberno central dálle as costas a Barro: rexeita potenciar a estación da Portela e mellorar a seguridade na N-550 O Ministerio de Transportes pecha a porta ás históricas demandas de Barro.
Nunha resposta parlamentaria no Congreso ao deputado do BNG, Néstor Rego, o departamento dirixido por Óscar Puente xustificou a súa negativa a recuperar e potenciar a estación de ferrocarril da Portela asegurando que «o volume de viaxeiros é moi reducido, reflectindo unha demanda pouco significativa».
Esta resposta chega meses despois de que, en abril de 2025, o Concello de Barro emprendese unha campaña institucional e plenaria para esixir a revitalización da terminal. O argumento do Goberno central de que “non hai demanda” ignora deliberadamente a realidade do servizo: unha estación que permaneceu pechada durante meses sen previo aviso e que conta cuns horarios totalmente inservibles para os veciños.
Uns horarios sen sentido que impiden usar o tren
Actualmente, a estación da Portela dispón unicamente de dous servizos con parada facultativa (baixo demanda), cuns horarios que fan imposible o seu uso para as necesidades diarias da veciñanza:
Cara a Vilagarcía: Pasa pola Portela ás 19:00h (saída de Pontevedra ás 18:48h).
Cara a Pontevedra: Pasa pola Portela ás 20:47h (saída de Vilagarcía ás 20:37h).
Cunha frecuencia que obriga a viaxar exclusivamente a última hora da tarde, resulta imposible que os veciños poidan empregar o tren para ir traballar, estudar, acudir a citas médicas ou facer xestións en Pontevedra ou Vilagarcía. O Ministerio xustifícase nun “seguimento continuo da demanda”, creando un círculo vicioso: non se melloran as frecuencias porque non hai viaxeiros, pero non hai viaxeiros porque os horarios obrigan a coller o coche privado. Unha estratexia que choca directamente cos discursos oficiais de fomento do transporte público e sostibilidade.
Tampouco haberá melloras na N-550 en San Antoniño
O rexeitamento de Madrid non se limita ás vías do tren. O Goberno central tampouco ten intención de executar as tres rotondas solicitadas nin de aumentar o número de semáforos e pasos de peóns na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo urbano de San Antoniño.
Estas medidas de calmado de tráfico, demandadas reiteradamente polo tecido social e político de Barro para mellorar a seguridade viaria nun vial de alta sinistralidade, quedan varadas nos despachos do Ministerio, deixando ao municipio cun dobre déficit de conectividad e seguridade.
“Horarios históricos da liña de ferrocarril correspondentes ao ano da súa inauguración en 1899, onde se amosan servizos moito máis prácticos para Barro que os actuais.”
https://www.facebook.com/20531316728/posts/10154009990506729/

XXVI FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BARRO

EXCURSIÓN A BAIONA E Á GUARDA.ÚLTIMAS PRAZAS.

TAEKWONDO 🥋🥋

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CLASES DE ZUMBA

🎉 ¡Cartel da Romaría de San Breixo de Barro 2026!

🎉 ¡Cartel da Romaría de San Breixo de Barro 2026!

🎉Do 2 ao 4 de outubro, Barro énchese de festa, música e tradición.

🎈 Xoves 1 de Outubro (Pre-festa)A partir das 17:00 h: ¡Gran Festa Infantil con inchables para os máis pequenos!

🔥 Venres 2 – Festividade de San Antonio Gran tirada de fogos anunciando os festexos.
Ás 13:00 h: Misa cantada na honra de San Antonio.Concerto a cargo da Banda de Música Cultural de Barro.
🎶 Pola noite, gran verbena amenizada polos grupos LOS ALKAR e LA FORMULA.

🕺 Sábado 3 – Festividade de San Roque con unha gran tirada de fogos.
Ás 13:00 h: Misa na honra de San Roque. Ao remate da Misa, actuación do Grupo de Danzas Amor Ruibal.

🎶 Pola noite, verbena coas orquestras CUARTA CALLE e PILI PAMPLÍN.

🙏 Domingo 4 – Romaría de San Breixo coa celebración da Santa Misa ás 9:00h, 10:00h, 11:00h, 12:00h. Ás 13:00 h será a Misa Solemne e de seguido a Procesión de San Breixo. Ao mediodía, actuación musical da Banda de Música Xuvenil de Barro.
🎤 A partir das 15:30 h: Actuación de DIEGUIÑO.Pola tarde, celebración da Santa Misa ás 19:00 h. Durante “A Romaría” e ata as 21:00 h, haberá un gran Tardeo con actuación musical.

📌 Nota: Comezo da novena os días 21, 25 e 28 de setembro. Rosario ás 19:45 h da tarde e a continuación misa.

ACTIVIDADES DE BALDE

ACTIVIDADES DE BALDE CON INSCRICIÓN PREVIA
colectivo.espazo16@gmail.com

Aprobada a licenza do proxecto básico para o novo centro de saúde de Barro

O Concello de Barro aprobou a licenza do proxecto básico para a construción do novo centro de saúde, unha infraestrutura que mellorará a atención médica do concello con instalacións máis amplas e modernas. O proxecto incluirá unha sala polivalente, unha consulta de enfermería pediátrica e unha sala de xuntas. Podes ler a noticia completa en Pontevedra viva.

I MEDIA MARATÓN “Correndo no camiño”

¡El Camino de Santiago se tiñe de running! 🏃‍♂️💨 Nace una nueva y espectacular media maratón en Galicia.

📍 Resumen del Evento

  • Carrera: I Media Maratón “Correndo no Camiño” (Pontevedra – Caldas de Reis).
  • Fecha: 19 de septiembre de 2026.
  • Salida: Puente del Burgo (Pontevedra).
  • Meta: Corazón de Caldas de Reis.
  • Distancia: 21 Kilómetros.

🌟 El Concello de Barro: Protagonista Absoluto

  • Corazón de la prueba: Barro será el municipio protagonista donde los corredores recorrerán más kilómetros.
  • Terreno: Pistas de tierra fáciles y tramos de asfalto rodeados de naturaleza.
  • Dificultad: Baja, ideal para debutantes y para batir tu propia marca personal.

⏱️ Datos Clave y Servicios

  • Tiempo límite: 2 horas y 45 minutos.
  • Servicios incluidos: Guardarropa, duchas y autobuses de vuelta al punto de salida.
  • Inscripciones: Disponibles en la plataforma 321Go por 25,00 €.

¡Supera tu propio reto en un entorno único! 👟🌲

FORMACIÓNCURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E A CULTURA GALEGAS.

📢 Cursos de introdución á lingua e á cultura galegas 2026
Queres aprender galego desde cero e achegarte á nosa cultura? Esta é a túa oportunidade!

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e en colaboración co Concello de Barro, pertencente a da Rede de Dinamización Lingüística, organiza un curso presencial de introdución á lingua e á cultura galegas dirixidos a persoas adultas sen coñecementos previos.

🗓️ Duración: 20 horas

  • Datas: 14,15,16,17,21,22,23 e 24 de SETEMBRO
  • Horario: 19:00h á 21:30h.
  • Lugar: Biblioteca de Barro.
    👥 Grupos: entre 10 e 20 persoas
    📍 Inscripción ata o 10 de setembro, na OMIX/Biblioteca de Barro.

🎓 Certificado oficial ao rematar o curso

💬 Que aprenderás?
✔️ Nocións básicas de galego (pronuncia, vocabulario e gramática)
✔️ Expresión oral e escrita para o día a día
✔️ Comprensión de conversas e textos sinxelos
✔️ Cultura e historia de Galicia (tradicións, gastronomía, música…)

🌍 Para quen?
Para persoas maiores de 16 anos que desexen iniciarse no galego.
Máis información: 690722812/986714806

CONCERTO DE CARLOS NUÑEZ CON BORJA BECERRA👏👏👏👏👏👏👏👏

FESTA NA HONRA DE SAN CIBRÁN EN AGUDELO

Asociación Cultural San Cristóbal de Barro. Xuntanza popular en honor a San Cristóbal

CELEBRACIONES PARROQUIALES – AGUDELO MES DE JULIO