REFRANS

. Polo San Martiño trompos ó camiño, polo San Amaro trompos ó fallado

. Xaneiro quente, trae o demo no ventre

. Costureira sen dedal cose pouco e cose mal

.Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.

. Polo san Vicente, planta os nabos da semente.

. Gavotas en terra, mariñeiros á merda

. Comer e rañar, todo é empezar

. Duas fillas e unha nai, tres diaños para o pai

. As sardiñas en Maio, pingan no borrallo e polo San Xoan pingan no pan

.Neve en Febreiro e un lobo no quinteiro.

. Por Santa Lucía mengua a noite e medra o día

. Febreiro e as mulleres, no día teñen sete pareceres

. A vaca que non come cando os bois, ou comeu antes ou come despois

. Sogra e nora, e can e gato, non comen ben no mesmo prato

. A quen Deus non lle da fillos, o demo lle da sobriños

 

Deixar un comentario