⚠️ ROUBO DE COBRE NO POLÍGONO DE OUTEDA (BARRO)

O polígono industrial de Outeda sufriu nos últimos días o roubo do cableado de cobre de parte da instalación da iluminación pública. As subtraccións afectaron de xeito directo aos sectores A e E do parque empresarial, situado na parroquia de Curro.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, xa presentou a denuncia ante a Garda Civil e solicitou que se incremente a vixilancia na zona para evitar novos episodios. Este acto delituoso non só afecta ás empresas e traballadores, senón que supón un grave prexuízo económico para as arcas municipais, xa que o Concello terá que asumir o custo de repoñer todo o cableado público.

📞 Chamamento á colaboración cidadá:
Pídese aos veciños de Barro ou a calquera persoa que vise movementos sospeitosos nos arredores do polígono que se poña en contacto coa Garda Civil. ¡A túa axuda é fundamental para dar cos responsables!

#Barro #PolígonoOuteda #Curro #Seguridade #ColaboraciónCidadá #SucesosGalicia

Falece un home en Meis por unha intoxicación con monóxido de carbono

Un home faleceu este martes no concello de Meis tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono.

O suceso tivo lugar arredor das 08:45 horas na Avenida do Médico Paz García, na parroquia de Nogueira, segundo informou o 112 Galicia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu unha chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria urxente para un home que presentaba síntomas compatibles cunha intoxicación.

As autoridades competentes investigan as circunstancias do suceso.

CAN PERDIDO EN BARRO

Bombeiros e sanitarios atopan morto a un veciño de Barro

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2022/09/20/bomberos-sanitarios-encuentran-muerto-vecino-barro/00031663683153408423607.htm

Incendio nunha unha casa que estaba sendo restaurada en Agudelo

Un incendio arrasou esta madrugada unha vivenda que estaba en proceso de restauración na parroquia de Agudelo, en Barro. Os bombeiros do parque de Ribadumia recibiron o aviso ás 3.40 horas neste domingo, e #ante a magnitude do lume solicitaron o apoio do parque de Vilagarcía

Ao chegar á vivenda, no lugar de Magdalena, atopáronse un voraz incendio con fortes chamas en varios puntos da vivenda, unha casa de pedra que estaba a ser restaurada. Debido ás dificultades que presentan este tipo de edificacións, con risco de caída de vigas e paredes, a extinción tívose que realizar practicamente ao completo desde o exterior.

O incendio quedou sufocado ao redor das 7 da mañá, e da vivenda apenas quedou en pé a estrutura.

Nalgún momento da noite temeuse que o propietario do inmoble puidese estar no seu interior, xa que os veciños afirmaban velo na vivenda pola tarde. Finalmente foi localizado pola Garda Civil no seu domicilio habitual.

Non se pode determinar a orixe do incendio, aínda que a presenza no interior da vivenda de maquinaria eléctrica debido ás obras que levaban a cabo pode apuntar a un curtocircuíto.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2021/10/17/incendio-madrugada-arrasa-casa-siendo-restaurada-barro/00031634463384718371943.htm

COCHE ROUBADO EN CURRO

CHAVE PERDIDA

Atoparon esta chave nas proximidades da Nave da Música .

Están no Concello. O/a propietairo/a pode pasar a recollelas.

_20200308_160956

 

Un veciño de Barro denuncia actos vandálicos reiterados sobre os seus vehículos

_20191227_155019

Un incendio sen vítimas calcina unha vivenda en Agudelo

Efectivos do Consorcio Contraincendios e Salvamento Salnes interviñeron nun incendio nunha vivenda unifamiliar na parroquia de Agudelo, que se saldou sen vítimas.

_20191225_114459

COCHE GOLPEADO NO SAN ANTONIÑO

_20191109_154049

Preocupación en Barro por un incendio no polígono de Sequeiros

DESAPARECIDO EN BARRO

_20190226_171605

«Ensinoume o coitelo, abrinlle a caixa, colleu os cartos e marchou fogueteado»🕵️‍♀️👣🔪

Rescatan a un home que se caeu na fervenza dá Barosa, en Barro

_20181230_235527barosa

O incidente produciuse ao redor das 18.30 horas cando, segundo as testemuñas, o accidentado trataba de facer unha foto na zona situada detrás do restaurante deste enclave natural.

Ao parecer escorregouse e caeu nun punto de difícil acceso e complicado rescate, polo que se requiriu de inmediato a presenza dos Bombeiros do Salnés para facerse cargo da tarefa.

No entanto, mentres se agardaba a súa chegada, algunhas persoas presentes no establecemento lograron auxiliar o home e sacalo do auga cunha corda. Os Bombeiros confirmaron que xa no punto a vítima estaba fóra da cascada.

As mesmas testemuñas sinalan que se trata dun home duns corenta anos de idade que presentaba, polo menos, unha fractura nunha costela e foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario.

Un tren choca contra unha árbore na Portela e non deixa feridos

Un tren media distancia que facía o sufriu un pequeno accidente na tarde deste sábado cando circulaba polas inmediacións do apeadeiro de Portela, en Barro. O convoi chocou contra unha árbore que estaba no medio da vía e sufriu danos de pouca consideración, pero que impediron que continuase circulando.

O tren levaba no momento do accidente 35 pasaxeiros e dous membros da tripulación abordo e todos resultaron ilesos. En canto ao vehículo, sufriu pequenos danos nos cristais ao arroiar a árbore, que estaba no medio da vía e obstaculizaba a circulación. Romperon as fiestras de varias partes distintas do tren.

O incidente produciuse ao redor das 19.30 horas deste sábado a unha distancia de medio quilómetro do apeadeiro de Portela, entre esta localización e o lugar de San Amaro, en Barro, segundo a información difundida pola conta de Twitter InfoAdif.

MAIS INFORMACIÓN:

https://pontevedraviva.com/xeral/50089/accidente-tren-35-viajeros-choca-arbol-portela-barro-no-heridos/

ACCIDENTE TREN PORTELA BARRO.jpg