O incidente produciuse ao redor das 18.30 horas cando, segundo as testemuñas, o accidentado trataba de facer unha foto na zona situada detrás do restaurante deste enclave natural. Ao parecer escorregouse e caeu nun punto de difícil acceso e complicado rescate, polo que se requiriu de inmediato a presenza dos Bombeiros do Salnés para facerse cargo da tarefa. No entanto, mentres se agardaba a súa chegada, algunhas persoas presentes no establecemento lograron auxiliar o home e sacalo do auga cunha corda. Os Bombeiros confirmaron que xa no punto a vítima estaba fóra da cascada.
|