En Galicia, tradicionalmente, os cañeiros ou augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, obtendo con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (de novembro a decembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.
A AUGARDENTE
A augardente, tamén chamado “caña” en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamado bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.
Variedades
Augardente branca: de cor transparente
Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado e é de cor dourada.
Augardente torrada: de cor marrón clara.
A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.
http://www.galiciaespallada.com.ar/o_augardente.htm
Segundo as parroquias de Barro, e a época, houbo moitos aguardenteiros; neste artigo centrarémosnos en dous deles.
Comezamos por o Sr. Daniel, falecido xa hai uns anos. Era veciño da Portela, concretamente do lugar de San Amaro, vivía moi preto da capela, xustamente fronte a ela, actualmente a súa casa encontrase en ruinas.
Alén de aguardenteiro, tamén exercía como sancristán da capela. Os que o coñoceron din del que era un home moi divertido, amigo de contar historias a carón do alambique e tomar unha cunca de viño co seu pitillo na boca, tal e como podedes ver na foto.
O seu relevo, por dominalo así, foi o Sr. Argenor, natural de Monforte de Lemos e actualmente xubilado. Aínda que vive en Monforte, ocasionalmente, pasa algunhas tempadas de vacacións na Portela, máis concretamente no lugar do Piñeiro. Moitos veciños aínda recordamos as historias da súa etapa de emigrante á Inglaterra que tanto lle gustaba contar.
Como estes homes houbo outros que, seguramente algún dos que estades a ler este artigo, coñecestes, e se non, seguro que vosos pais ou avós coñecen ou coñeceron.
Agradecería que se é así, nos remitírades informacion, tanto escrita como visual, e así colaborar a coñecer máis desta profesión tan dura á vez que interesante.
Moitas grazas.
novasdebarro@gmail.com
ENTREVISTA PUBLICADA NA REVISTA BAROSA NO ANO 1990
FOTOS DE LUIS VEIGA
http://www.orujodegalicia.org/que.php
http://gl.wikipedia.org/wiki/Augardente
https://novasdebarro.com/2012/10/28/os-augardenteiros-unha-profesion-de-antano/