O APALPADOR

ApalpadorO APALPADOR

Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.

PAPÁ NOEL

Desde o ámbito cristián e desde grupos nacionalistas, a figura actual de Santa Claus está rodeada de diferentes acusacións. Acúsaselle de ser un produto comercial ao servizo do consumo, de ser unha figura estadounidense intrusa e destruír as tradicións locais.
Algúns dos países onde houbo grupos que promoveron mobilizacións en contra de Santa Claus para favorecer as tradicións autóctonas cristiás son: Alemaña, Austria,1 Chequia,2 España.
Bettina Schade é unha das promotoras da iniciativa para defender a figura de San Nicolás fronte ao Santa Claus invasor en Alemaña. Bettina explicou que “a orixe cristiá do Nadal, o nacemento de Jesús, foi colocado no segundo plano. Estase volvendo cada vez máis unha festividade reducida a un simple comercio e compra de agasallos”.

REIS MAGOS

Os Reis Meigos de Oriente é o nome polo que a tradición denomina aos visitantes que, tras o nacemento de Xesús de Nazaret, acudirían desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.
Os Evanxeos só falan de «magos», en ningures indícanse os seus nomes, nin que fosen reis, nin que fosen tres (número que posiblemente se deba á cantidade de obsequios ofrecidos). Estas crenzas foron agregadas varios séculos despois e mantivéronse na tradición popular.
Segundo a crenza católica, estes magos eran representantes de relixións «pagás» de pobos veciños, que os Evanxeos ven como as primicias das nacións que aceptarán a relixión católica.

boas festas a todos

Deixar un comentario