🚨 ÚLTIMA HORA | CORTADA A AP-9 EN BARRO EN AMBOS SENTIDOS 🚨

Un aparatoso accidente rexistrado ás 7:22 horas desta mañá obrigou a cortar por completo o tráfico na autopista AP-9. Un camión sufriu unha saída de vía, envorcou e comezou a arder de forma moi virulenta á altura do quilómetro 121, no concello de Barro.

🚧 TRAMO AFECTADO: A circulación está totalmente interrompida entre os quilómetros 119 (Barro) e 129 (Pontevedra), afectando tanto aos carrís en dirección norte como en sentido sur.

🔀 DESVÍOS ACTIVADOS: Para desconxestionar as intensas retencións, a Garda Civil e a DGT están a desviar o fluxo de vehículos cara á Autovía do Salnés dende Barro e polo nó de Bombeiros na entrada de Pontevedra.

🚒 Os Bombeiros de Pontevedra desprazáronse de urxencia e conseguiron liberar o condutor do camión, que transportaba unha carga de refrescos. Os equipos de extinción seguen traballando no lugar para sufocar as lapas e acondicionar a calzada para permitir a reapertura paulatina do tráfico.

⚠️ Se ides viaxar pola zona, moita precaución e buscade rutas alternativas! 🔄 Comparte para avisar aos teus contactos que estean en ruta.

#ÚltimaHora #TráficoGalicia #AP9 #Barro #Pontevedra #Accidente #SeguridadeVial

Herido leve un conductor tras volcar un camión en la AP-9 a su paso por Barro

Camión volcado con carga de vigas esparcidas en una carretera gallega.

Un conductor resultó herido leve este lunes tras volcar un camión con grúa en la salida de la AP-9 a la altura de Barro, provocando retenciones en la autopista.

El siniestro ocurrió a las 17:06 horas en uno de los carriles de la salida de Curro, que conecta con la Autovía do Salnés (AG-41). En el accidente no se vieron implicados otros vehículos. El camión, que transportaba elementos de construcción, quedó volcado de lado, ocupando todo el espacio del carril y perdiendo gran parte de su carga, compuesta por vigas de gran tamaño que quedaron esparcidas por la vía.

La Guardia Civil de Tráfico informó de que el conductor del camión sufrió heridas leves. El carril afectado, en el kilómetro 118 de la vía (salida 119), permaneció cortado hasta después de las 19:00 horas mientras se realizaban las tareas de retirada del vehículo accidentado. En ese momento, los atascos en la autopista ya estaban solucionados.

Un motorista perde a vida tras colidir cun turismo en Barro

Un motorista de 58 anos de idade, veciño de Perdecanai perdeu a vida este sábado en Barro nun accidente de tráfico tras colidir cun turismo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das nove desta noite na PO-226, á altura co cruce da N-550, en Barro.


A vítima quedou encaixada baixo o coche, con todo, os Bombeiros de Ribadumia non tiveron que excarcerar.

O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puido facer por salvar a vida do motorista.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

ACCIDENTE EN MANE

ACCIDENTE DE COCHE CON FERIDOS

Excarcerada unha condutora ao saírse o seu turismo da vía cando circulaba por Curro

Minutos antes das 10.30 horas deste xoves, unha muller que conducía un turismo pola estrada EP-0506, á altura da parroquia de Curro, sufría unha saída de vía, por causas aínda non especificadas. O vehículo quedaba envorcado na cuneta da estrada.

Un particular alertaba ao servizo de  emerxencias do 112 Galicia para informar do accidente sinalando que a condutora era incapaz de saír do turismo ao atoparse atrapada polo cinto de seguridade.

Segundo informa o servizo do 112 Galicia, trasladouse a información aos bombeiros do parque de Ribadumia e de Pontevedra, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos integrantes de Protección Civil do municipio.

Finalmente, a muller foi liberada con axuda dos Bombeiros de Ribadumia, segundo as mesmas fontes. A vítima do accidente foi atendida no lugar do accidente polo persoal sanitario desprazado ata a zona.

https://pontevedraviva.com/xeral/79222/excarcerada-condutora-saida-de-via-curro-barro/

Aparatoso accidente en Barro cun coche e un camión implicados

Incendio dun vehículo na AP. 9 ao seu paso por Barro

Ferido grave un motorista nun accidente na autovía do Salnés en Barro

_20200711_151848

Un turismo dá tres voltas de campá na AP-9 á altura de Barro e deixa tres persoas feridas

Ferido un motorista de Barro en Portas

_20200220_163552

ACCIDENTE NO SAN ANTONIÑO

_20200210_163938

Cinco feridos en Barro tras bater contra un camión do lixo

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO_20191216_172442.JPG

Dos heridos tras impactar su coche con una casa en Barro

ACCIDENTE NO CRUCE DA RUA AREAL

_20191111_174426