Unha veciña de Caldas de 20 anos falece nun accidente de tráfico en Barro

Unha moza de 20 anos faleceu este luns nun grave accidente de circulación rexistrado na estrada N-550 ao seu paso polo termo municipal de Barro.

O sinistro consistiu nunha colisión frontolateral entre un turismo BMW de cor branca e unha furgoneta. A moza falecida era veciña de Caldas de Reis e a condutora e única ocupante do turismo.

Na furgoneta implicada no sinistro circulaban dous ocupantes que resultaron feridos leves e requiriron asistencia sanitaria.

agrupación de tráfico da Garda Civil investiga os feitos, rexistrados ás 21.40 horas no punto quilométrico 110 da N-550 nunha zona da Portela, en Barro, coñecida pola existencia dun avión de chapa instalado na beiravía nos anos 80 e na actualidade abandonado e esnaquizado.

Nun primeiro momento solicitouse a intervención dos Bombeiros de Pontevedra, pero finalmente asumiron a intervención os compañeiros do parque do Salnés, ao non pertencer xa ao termo municipal da capital. Desde os bombeiros da capital si indicaron que colaboraron co resto de equipos. En concreto, foron desprazadas á zona varias dotacións dos parques do consorcio provincial de Bombeiros do Salnés e Vilagarcía.

Testemuñas presenciais indicaron a PontevedraViva que se dá a circunstancia de que pasadas as sete da tarde xa se produciu un accidente leve nese mesmo punto. Dúas horas máis tarde, produciuse esta saída de vía.

https://pontevedraviva.com/xeral/47708/accidente-curro-turismo-furgoneta-joven-fallecida-dos-heridos/

5b5f82cf85-djyfyjgw4am2veh

Un ciclista de Barro, ‘pillado’ con case cinco veces máis alcohol no corpo do permitido

Con case cinco veces máis do límite de alcol permitido. Así circulaba sobre a bicicleta un mozo de 29 anos, veciño de Barro, que foi interceptado pola Garda Civil na zona da Barosa.

Segundo informou o instituto armado, o aviso dun cidadán alertou aos axentes da presenza dun ciclista que circulaba pola N-550, ao seu paso polo municipio de Portas, con evidentes síntomas de alcoholemia.

Unha patrulla da Garda Civil localizou ao mozo circulando en zigzag e invadindo o sentido contrario á súa marcha.

Nas probas practicadas para detectar a alcoholemia en aire aspirado, o ciclista deu senllos resultados positivos de 1,15 e 1,05, cando o límite establecido é de 0,25.

O mozo foi denunciado ante a Xefatura Provincial de Tráfico e enfrontarase a unha posible multa de 1.000 euros e á inmovilización do vehículo.

A Garda Civil lembra que os condutores de ciclos e bicicletas teñen as mesmas responsabilidades e obrigacións nas vías públicas que o condutor dun vehículo a motor e por tanto a taxa máxima de alcoholemia permitida é de 0,25 mg/l.

https://pontevedraviva.com/xeral/47366/ciclista-barro-pillado-sobre-bici-cuadriplicando-taxa-alcoholemia-permitida/

_20180715_233958

 

Un ferido nunha colisión entre un camión e un turismo en Barro

Unha persoa resultou ferida pouco logo das 13.30 horas de hoxe na N-550 nun accidente entre un camión de grandes dimensións e un turismo. A colisión produciuse no término municipal de Barro, á altura da Portela, e provocou retenciones nos primeiros minutos, ata que a Garda Civil habilitó uns carriles provisionales de paso, segundo apuntan testemuñas presenciales.
O ferido, condutor do turismo, tivo que ser rescatado do interior do coche xa que a súa porta quedou danada e non se abría. Finalmente saíu polo maletero, engaden as mesmas fontes.
A N-550 entre Pontevedra e Caldas é escenario de habituais accidentes, especialmente ao seu paso polo municipio de Barro, desde onde se reclaman desde fai tempo máis medidas de seguridade vial, especialmente nas intersecciones con outras estradas.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/04/16/herido-colision-camion-turismo-barro/1873900.html

accidente-barro

ACCIDENTE NA PORTELA CERCA DE CONJUSA

_20180316_164219_20180316_163935

Excarceran un condutor que bateu contra un muro en Barro

Un home tivo que ser excarcerado do seu propio vehículo tras saír da vía. O accidente tivo lugar na  N-550, no lugar de Lourido (Barro).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 16.10 horas.

Ao lugar trasladáronse bombeiros do parque de Ribadumia, unha ambulancia do 061, voluntarios de Protección Civil de Barro e a Garda Civil de Tráfico.

A vítima, da que se descoñece as feridas que sufriu, tivo que ser excarcerada polos bombeiros despois de que o vehículo no que circulaba finalizase accidentado contra un muro.

SF22C2F1_1

Atopan inconsciente a unha muller en Barro tras saírse da calzada co seu vehículo

A estrada que une Pontevedra e Vilagarcia, a PO-531, foi escenario esta noite dun accidente, segundo informou o 112. Sobre as 4.30 horas, un particular alertou ao 112 de que unha muller que se saíu da calzada co seu vehículo permanecía inconsciente no interior do coche. Activouse un dispositivo no que participou o 061 e a Garda Civil e trasladouse á muller a un centro sanitario. O accidente tivo lugar na rotonda de Curro

56120e2c34-img-20151004-wa0014

Un condutor ferido en Barro tras bater contra a mediana da AP-9

ACCIDENTEUn accidente na autoestrada AP-9, á altura da Portela (Barro), mobilizou onte á noite aos servizos de emerxencia. Un condutor resultou ferido despois de que o seu coche chocase contra a mediana

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 20.30 horas no quilómetro 119 da AP-9.

Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu unha forte conmoción e foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Pontevedra.

Non foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Salnés para excarceralo, a pesar de que varias persoas que acudiron a auxiliar ao ferido tiveron dificultades para abrir as portas do coche.

O accidente produciu bastantes danos na autoestrada. Restos do coche mesmo chegaron a exceder a mediana e acabaron nos carrís de circulación en dirección a Pontevedra.

Axentes da Garda Civil de Tráfico trasladáronse ao lugar para coordinar a circulación ata que os operarios de mantemento de Audasa puideron limpar a zona e retirar os restos do coche sinistrado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43132/conductor-herido-barro-tras-chocar-contra-mediana-autopista-ap9/