O conductor presunto causante no accidente na que falleceu unha muller en Barro da positivo

Unha muller de 52 anos, veciña de Caldelas de Tui, morreu esta madrugada nun accidente de tráfico na autoestrada AP-9, provocado por un mozo pontevedrés de 27 anos que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia permitida.

O accidente produciuse ás 23.34 horas deste sábado no quilómetro 119 da autoestrada, sentido Pontevedra, ao seu paso polo municipio de Barro.

Segundo confirmaron fontes de Tráfico, o coche que conducía o mozo, un Renault Megane, impactou co vehículo no que viaxaba a vítima, xunto ao seu esposo e o seu fillo, provocando a súa saída da estrada.

A muller, que ía no asento do copiloto, faleceu no acto. O seu esposo, que era a persoa que conducía o coche, e o seu fillo foron evacuados ao Hospital Quirón Miguel Domínguez de Pontevedra. Os tres facían uso do cinto.

Os axentes da Garda Civil realizaron as probas de alcoholemia ao mozo que deu positivo cunha taxa de 1.02 e 1.01, catro veces máis que o límite permitido de 0.25 mg/ l.

Pasará a disposición xudicial nas próximas horas nos xulgados de Caldas de Reis, acusado dun delito contra a seguridade viaria e dun delito de homicidio por imprudencia grave.

Ademais, intervéuselle o vehículo e o seu permiso de conducir.

coche_hori

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s