Eduardo Ruadas, reuniuse có Delegado Provincial da Xunta, Luis López, para tratar diversos temas de interese para a veciñanza. O delegado comprometeuse coa nosa candidatura a prestar o apoio necesario para a posta en marcha da área de autocaravanas, así como a mellora do Parque da Natureza do río Barosa e a iniciación de novas rutas de senderismo nas súas inmediacións.
A presencia femenina é un valor engadido da lista electoral deseñada polo Partido Socialista de Barro para os comicios municipais do 28 de maio.
O candidato á alcaldía, José Sanmartín, realiza unha decidida aposta pola aportación das mulleres á política local e ata catro delas estarán nos seis primeiros postos da lista que se presentará este venres 31 de maio.
O acto será na Praza do Viño ás 20.30 horas e contará coa presencia do secretario xeral do PSdG da provincia de Pontevedra, David Regades.
En caso de chuvia, trasladarase ao Centro Cívico.
Ao remate compartirase un viño de Barro e un pincho con todas as persoas asistentes
Pero ademáis da candidatura, tamén o programa electoral do Partido Socialista de Barro terá importantes propostas cara o avance da muller no ámbito profesional e social que lle permitan competir en igualdade.
Un obxectivo que só se pode conseguir si acadamos a plena conciliación laboral e familiar
Así, baixo o lema “Un goberno para todos e todas”, o proxecto socialista porá en marcha iniciativas para que as familias teñan todas as opcións de conciliación.
Por unha banda cara aos nosos nenos e nenas, extendendo a ludoteca a todos os períodos de vacacións escolares, concebido como un servizo integral que, ademáis, abarque todas as idades.
Pero igualmente cara aos nosos xóvenes e maiores, cun proxecto interxeracional que poremos en marcha nos distintos locais municipais con accións atractivas e adecuadas para cada idade.
Ademáis, para os mozos e mozas crearemos espazos de estudo en época de exámes e grupos de voluntariado para colaborar en actividades municipais ou doutros colectivos.
Será parte dun amplo programa que os e as socialistas de Barro estamos preparando con ilusionantes actuacións para mellorar o noso concello.
En definitiva, un proxecto de goberno para todos e todas, liderado por José Sanmartín, que saque a Barro da parálise dos últimos catro anos de nula xestión que non supuso ningún avance para o municipio.
“O noso obxetivo é ser a primeira forza política e liderar un Goberno que represente a toda a veciñanza, contando cun equipo cheo de ilusión, ideas, capacidade de xestión e ganas de traballar por Barro”, expresa o candidato socialista.
Para detectar con maior precisión as necesidades da veciñanza, o partido socialista iniciou a precampaña escoitando aos veciños e veciñas de cada parroquia co fin de ter en conta as súas suxerencias na elaboración do proxecto de goberno para os vindeiros catro anos
Tralos encontros celebrados en Valiñas, Agudelo, A Portela e Barro, as últimas citas de precampaña coa veciñanza serán en Perdecanai o 14 de abril e en Curro o 16 de abril.
O candidato do PP, Eduardo Ruadas, reuniuse có Xefe Provincial de Emerxencias, Miguel Dubois, para falar sobre a situación da Agrupación de Proteción Civil no concello de Barro. Chegouse a un compromiso por parte do Xefe Provincial de axudar a potenciar a agrupación mediante unha campaña de captación de voluntariado.
Ademáis, comunícasenos que o noso concello podería dispoñer dun remolque de emerxencias e un esparexedor de sal, do que non se dispón por non telo solicitado.
O candidato do Pp de Barro, Eduardo Ruadas, acompañado do concelleiro, Berto Diz, reuniuse con Manuel Francisco, o Xefe Provincial de Incendios, para transmitirlle a nosa preocupación polas franxas de seguridade contra incendios, que están marcadas a través do PXOM. O señor Francisco comunicounos que, segundo o Plan do noso concello, ten que procederse á limpeza das franxas antes do 31 de maio, cousa que todavía non se xestionou.
Ademáis, mencionouse que ano tras ano o Concello de Barro está perdendo o convenio das brigadas de incendios, da motobomba e a desbrozadora para as pistas forestales por non solicitalo, perdéndose á vez máis de 10 postos de traballo que estos servizos aportarían.
O señor Manuel Francisco adquiriu o compromiso có noso candidato de instalar dous hidrantes de carga rápida no noso concello, para facilitar a extinción de incendios.
AS VERBAS QUE CONTAN 2023 Concursos de verso e prosa en galego.
Prazo: 3 maio 2023.
Imos crear en galego, versos e prosa. Como en anos anteriores continuamos cos contos✍️, que son un clásico neste concurso literario, cos haikus🐉, caligrama e acrósticos cos que o ano pasado comezamos a dar os primeiros pasos na poesía.
Eduardo Ruadas, xunto co concelleiro Berto Diz do Grupo Municipal Popular, reunironse con Antonio Crespo, Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería de Medio Rural. Neste encontro, acordouse retomar os traballos da parcelaria de Perdecanai, que reorganiza máis de 6.000 fincas no noso concello. Chegouse ao acordo de comezar o marcado das fincas no menor tempo posíbel para axilizar o proceso e favorecer á veciñanza.
Os socialistas de Barro arrancan a sua precampaña escoitando aos veciños e veciñas para elaborar as necesidades das distintas parroquias e así telas en conta para realizar o programa electoral de cara os vindeiros catro anos.
Arrancan este finde en Valiñas e Agudelo e para Semana próxima estarán o día 23 na Portela, o 24 en Barro, o 26 en Perdecanai e por último o día 31 en Curro.
Os Socialistas salen coa intención de ser a primeira forza e liderar un Goberno para tod@s que represente a todos os veciños e veciñas sean da ideoloxía que sean.