Ánxeles Vazquez, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta visita Barosa xunto ao candidato do PP de Barro

Esta pasada fin de semana Ánxeles Vazquez, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta visita Barosa xunto ao candidato do PP de Barro, Eduardo Ruadas.

Con esta visita o Partido Popular de Barro quere transmitir un compromiso co medioambiente, con Barosa e con #Barro, que é absoluto. E as nosas propostas van a ter o apoio da Xunta se alcanzamos o goberno.

Ánxeles Vázquez mostrou o seu apoio a “unha visita ao enclave turístico e medioambiental por excelencia de Barro”.

Eduardo Ruadas sinalou que “o PPde Barro vai levar adiante medidas de conservación, adecuación do entorno e tamén de instalación dunha área de autocaravanas e recarga de coches eléctricos na zona do parking de Barosa”.

XUNTANZA DO PP EN CURRO

O candidato á alcaldía de Barro Eduardo Ruadas convída aos veciños a unha xuntanza na Casa da Fábrica-Iglesia de Curro hoxe martes 9 de Maio ás 20.30 horas para escoitar inquedanzas, problemas, propostas e suxerencias.

XUNTANZA NA PORTELA DO PP DE BARRO

O candidato á alcaldía de Barro EduardoRuadas convída a unha xuntanza na Casa Parroquial da Portela – Cancela o vindeiro luns 8 de Maio ás 20.30 horas para escoitar inquedanzas, problemas, propostas e suxerencias.

O PP DE BARRO ENCABEZADO POR EDUARDO RUADAS PROPÓN O DESARROLLO URBANÍSTICO DAS BALADAS PARA FACILITAR O ACCESO A VIVENDA.

O PP de Barro traslada propostas reais e necesarias para os veciños e mozos do noso concello neste caso concreto.

O candidato á alcaldía Eduardo Ruadas e o seu equipo do PP, saben da necesidade de vivienda en Barro, e polo tanto “impulsaremos o desarrollo do proxecto urbanístico das Baladas en convenio cos propietarios dos terreos “. 

“Dende o PP de Barro queremos aportar solucións reais a problemas reais”, sinala Ruadas.

O PP DE BARRO ENCABEZADO POR EDUARDO RUADAS PROPÓN CONSTRUIR UN CENTRO DE DÍA NA ENTORNA DO PAZO DA CREGA.

O PP de Barro traslada propostas reais e necesarias para os veciños e maiores do noso concello neste caso concreto.

O candidato á alcaldía Eduardo Ruadas e o seu equipo do PP, construirán un servicio necesario e imprescindible para o nosos maiores, cómo é un Centro de Día, e contan con compromisos de axuda para levar  adiante o proxecto.

A ubicación escollida en base a criterios técnicos, sería na contorna do Tanatorio, na parte traseira do Pazo da Crega, zona de San Antoniño (Perdecanai).

EDUARDO RUADAS CANDIDATO DO PP Á ALCALDÍA DE BARRO REÚNESE CO DELEGADO DA XUNTA EN CURRO PARA TRATAR SOBRE A PO-531

Tras escoitar as inquedanzas dos veciños da parroquia de Curro, Eduardo Ruadas reuniuse có Delegado Provincial da Xunta, Luis López, para transmitirlle as necesidades da veciñanza na zona da PO-531, que van ser estudadas polo seu equipo.

DEPUTADOS NACIONAIS DO PP REÚNENSE EN MADRID COS VECIÑOS DE BARRO EN RISCO DE DESAFIUZAMENTO

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Juan Constenla e Javier Bas, xunto a vicepresidenta 2ª do Congreso, Ana Pastor e a voceira de vivenda do grupo popular, Ana Zurita Expósito, reuníronse esta mañá en Madrid cos veciños de Barro en risco de desafiuzamento para interesarse pola súa situación, e comprometéronse a facer un seguimento do proceso.

Constenla sinala que “entendemos perfectamente a situación preocupante que están atravesando, están en risco os seus fogares, os seus proxectos de vida e, como mínimo, merecen ser escoitados e intentar ofrecerlles todo o apoio”.

O encontro celebrouse grazas á mediación do presidente da xestora e candidato do PP á alcaldía de Barro, Eduardo Ruadas, que agradeceu aos deputados provinciais a disposición que amosaron en todo momento para atender e escoitar aos veciños de Barro e interesarse pola súa problemática.

A MELLORA DE BAROSA, UNHA PRIORIDADE PARA O CANDIDATO DO PP DE BARRO

Eduardo Ruadas, reuniuse có Delegado Provincial da Xunta, Luis López, para tratar diversos temas de interese para a veciñanza. O delegado comprometeuse coa nosa candidatura a prestar o apoio necesario para a posta en marcha da área de autocaravanas, así como a mellora do Parque da Natureza do río Barosa e a iniciación de novas rutas de senderismo nas súas inmediacións. 

EDUARDO RUADAS, CANDIDATO DO PP, ACADA O APOIO DA XUNTA PARA POTENCIAR PROTECCIÓN CIVIL DE BARRO

O candidato do PP, Eduardo Ruadas, reuniuse có Xefe Provincial de Emerxencias, Miguel Dubois, para falar sobre a situación da Agrupación de Proteción Civil no concello de Barro. Chegouse a un compromiso por parte do Xefe Provincial de axudar a potenciar a agrupación mediante unha campaña de captación de voluntariado. 

Ademáis, comunícasenos que o noso concello podería dispoñer dun remolque de emerxencias e un esparexedor de sal, do que non se dispón por non telo solicitado. 

EDUARDO RUADAS, CANDIDATO DO PP DE BARRO XESTIONA MELLORAS DE SEGURIDADE NO NOSO CONCELLO

 O candidato do Pp de Barro, Eduardo Ruadas, acompañado do concelleiro, Berto Diz, reuniuse con Manuel Francisco, o Xefe Provincial de Incendios, para transmitirlle a nosa preocupación polas franxas de seguridade contra incendios, que están marcadas a través do PXOM. O señor Francisco comunicounos que, segundo o Plan do noso concello, ten que procederse á limpeza das franxas antes do 31 de maio, cousa que todavía non se xestionou. 

Ademáis, mencionouse que ano tras ano o Concello de Barro está perdendo o convenio das brigadas de incendios, da motobomba e a desbrozadora para as pistas forestales por non solicitalo, perdéndose á vez máis de 10 postos de traballo que estos servizos aportarían. 

O señor Manuel Francisco adquiriu o compromiso có noso candidato de instalar dous hidrantes de carga rápida no noso concello, para facilitar a extinción de incendios. 

O candidato do PP de Barro, Eduardo Ruadas, reúnese con Medio Rural da Xunta para avanzar na parcelaria de Perdecanai

Eduardo Ruadas, xunto co concelleiro  Berto Diz do Grupo Municipal Popular,  reunironse con Antonio Crespo, Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería de Medio Rural. Neste encontro, acordouse retomar os traballos da parcelaria de Perdecanai, que reorganiza máis de 6.000 fincas no noso concello. Chegouse ao acordo de comezar o marcado das fincas no menor tempo posíbel para axilizar o proceso e favorecer á veciñanza.

CONVOCATORIA CANDIDATO PP EDUARDO RUADAS

O candidato á alcaldía de Barro Eduardo Ruadas convída a unha xuntanza na Escola de Agudelo o vindeiro domingo día 12 de Marzo ás 12.00 horas para escoitar inquedanzas, problemas, propostas e suxerencias.

O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, INFORMA DE VINDEIRAS ACTUACIÓNS DA AXI DA XUNTA NA PO-531 EN CURRO

Acompañado do Xefe Provincial da AXI , Manuel Gonzalez Juanatey e do con concelleiro do Grupo Municipal do PP de Barro, Berto Diz, o candidato popular, Eduardo Ruadas visitou a parroquia de Curro.

A Axencia Galega de Infraestruturas ( AXI ), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilididade da Xunta de Galicia, ten previsto acometer en próximas datas, a instalación de barreiras de seguridade nas vías de servizo existentes na contorna do punto quilómétrico 10+300 da PO-531 Pontevedra-Baion ( N-640 ), en Curro.

Con esta actuación mellorarase a seguridade vial na zona, impedindo que os vehículos que circulen por ditas vías de servizo poidan caer na PO-531.

  Unha vez instalada a barreira de seguridade, procederase a repoñer a malla de peche, actualmente deteriorada, na cabeza do noiro de desmonte, Para protexer e impedir a Baixa de fauna por dito noiro.

O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, REÚNESE COA XEFATURA DE EDUCACIÓN DA XUNTA

Esta mañá, o candidato Eduardo Ruadas mantivo unha reunión con César A. Pérez Ares, responsable da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra. Neste encontro, tratouse o estado das instalacións do CEIP Amor Ruibal, así como o futuro do IES de Barro. Un dos primeiros pasos será a xestión de ciclos formativos no IES, que atraerán a novo alumnado e aportarán novas posibilidades aos estudantes do concello. Ademáis, xestionarase a implantación da FP Dual, unha modalidade de formación profesional que combina a actividade formativa coa formación e actividade laboral en empresas. Desta forma, non só se verán beneficiados os usuarios matriculados, senón tamén o comercio e compañías

O Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal,

O Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal, da parroquia de Constenla, así como das marxes da estrada que leva ao campo de fútbol.

Despois da reunión que mantivemos cos veciños desta parroquia, queremos trasladarlle o descontento da veciñanza polos problemas que padecen dende hai tempo, debido ao abandono e inacción por parte do noso concello.

A falta de limpeza e mantemento das cunetas, favorece que a auga que baixa pola estrada inunde as vivendas e garaxes en reiteradas ocasións sen que o concello tome ningunha medida para solucionar este problema dos veciños.