EDUARDO RUADAS, CANDIDATO DO PP DE BARRO XESTIONA MELLORAS DE SEGURIDADE NO NOSO CONCELLO

 O candidato do Pp de Barro, Eduardo Ruadas, acompañado do concelleiro, Berto Diz, reuniuse con Manuel Francisco, o Xefe Provincial de Incendios, para transmitirlle a nosa preocupación polas franxas de seguridade contra incendios, que están marcadas a través do PXOM. O señor Francisco comunicounos que, segundo o Plan do noso concello, ten que procederse á limpeza das franxas antes do 31 de maio, cousa que todavía non se xestionou. 

Ademáis, mencionouse que ano tras ano o Concello de Barro está perdendo o convenio das brigadas de incendios, da motobomba e a desbrozadora para as pistas forestales por non solicitalo, perdéndose á vez máis de 10 postos de traballo que estos servizos aportarían. 

O señor Manuel Francisco adquiriu o compromiso có noso candidato de instalar dous hidrantes de carga rápida no noso concello, para facilitar a extinción de incendios. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s