A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, está organizando un novo “Nadal Solidario en Barro” na súa 6ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.
Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2018, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.
Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar a media tonelada recollida o ano pasado.
Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.
Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.
Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.
Agradecemos a difusión desta nova e a vosa colaboración como medios de comunicación.
