O municipio de Barro converteuse onte na capital galega da cervexa. Porque alí se reuniron onte algúns dos produtores artesanais de cervexa máis destacados de Galicia. O día organizouse a través de dúas catas de cervexa e sidra artesá, que se realizaron sobre a unha e media, a primeira, e a partir das cinco da tarde, a segunda. Os asistentes puideron degustar 5 tipos distintos e probar a Galeguesa, unha hamburguesa creada a base de produto galego. Esas catas, de prazas limitadas, que como todas as actividades da feira realizáronse no Pazo da Crega, completáronse coa degustación das cervexas artesanais desde 2 euros a cana.
Entre outras marcas, os asistentes puideron comprobar unha proposta limitada de Suevia, unha barley wine de 13 % añejada en barrica de augardente durante seis meses.
ALBUN: