Convenios de conveniencia

o veciño denfrente

poncio

Outubro 2013 – CAPÍTULO 1 Ameazado xudicialmente por varios asuntos urbanísticos indisimulables, o rexedor ponse en mans expertas para botar balóns fora.

Para acadar unha conveniente exculpación por parte dun organismo superior, aconsellánlle delegar a inspección urbanística municipal na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

A favor: cubrirlle as espaldas.

En contra: plans anuais de inspección e denuncia ós veciños, que se verán sometidos a expedientesgaliñas tramitados non en Barro senón en Santiago, retirándolle ó concello a capacidade de resolver (ou non) as denuncias.

Decembro 2014 – CAPÍTULO 2 A Directora da APLU, en contradicción cos informes técnicos que consideran ilegalizable a ponte de Valbón e que propoñen a súa demolición, resolve que a ponte é legalizable.

INFORME:

1

2

RESOLUCIÓN:

3

4

Outubro 2015 – CAPÍTULO 3

Con máis de vinte expedientes de inspección abertos contra veciños dende a sinatura do convenio, comezan a chegar as ordes de demolición de vivendas, galpóns e casetas.

A Directora da APLU non volve a contradicir nin un dos informes urbanísticos dos seus inspectores.

Colapsa a política do “ti vai facendo”: as ordes de demolición chéganlle tanto ós inimigos coma ós amigos.

O defenestrado rexedor, liberado dos seus problemas a cambio de entregar ós veciños, lávase as mans e asubía disimulando cara outro lado, máis preocupado de seguir saíndo na prensa e nas fotos do partido.

Sumiso ás ordes de San Caetano (os favores hai que pagalos), pasa os días previos ó seu demoradocelulosas retiro rebaixándose a selfies poligoneros, a melodramas anacrónicos e ó que lle manden, ainda que o que lle manden sexa un esperpéntico e desubicado espectáculo de apoio á Celulosa con fondos públicos (¿ou ti es dos que pensan que non cobra por ir ós plenos?).

Cobran os dous e, xa que pagades, animádevos e ídeo ver (“ocupen su localidad”).

Quen sabe… ó mellor un día destes él mesmo explica por qué vos vendeu á APLU e pide perdón.

 

 

Acabouse

o veciño denfrente

neno de barro

O Veciño de Enfrente . Edición Conmemorativa

Para conmemorar esta primeira temporada de colaboración con Novas de Barro, sae á rúa a primeira publicación en papel do Veciño Denfrente, autoeditable e libre de dereitos.

1

Unha edición especial de case 70 páxinas na que se inclúen os “memes” inéditos relacionados con cada post.

2

Dádelle brasa á impresora e facédelle un regalo a toda esa xente que non pode ver Novas de Barro no móvil.

E non esquenzades deixar algunha copia polos bares da vosa parroquia…

pdf

Fai clic para acceder a ovecic3b1o-1.pdf

OVECIÑO-1

 

 

Unha de romanos

o veciño denfrente

romanos 1

romanos 2

romanos 3

romanos 4

Avenida de Jose Antonio

o veciño denfrente
avenida jose antonio
A toda máquina… que o domingo hai feira…
 
Para que vexades que tedes un alcalde saliente efectivo: déixavos feita a Avenida para que, cando marche, lla podades dedicar. Sen rencores.
 
Pero, para completar o de “a enemigo que huye puente de plata”, o da ponte de prata déixavolo a vos e ós que veñan detrás, porque resulta que o súper-bulevar este remata contra a estreita e vella ponte de pedra.
 
É unha lástima que apuntara mal ó facer a ponte de Valbón (a que lle quere tirar a APLU): Por 200m non a puxo no seu sitio. Ó mellor aínda lla deixan mover de aquí ó domingo…

Mexar no pozo

o veciño denfrente

Os que nos achegamos o Domingo á zona da feira flipamos con este invento modelo “embudo xigante” que está estacionado ás portas do tanatorio.

depuradora de barro

Non vos asustedes: Son as pezas para unha nova depuradora.
 
Unha nova depuradora contratada por PROCEDEMENTO DE URXENCIA, a correr, porque seica a que hai levaba tempo botando por fora e acaba de chegar ó Concello unha advertencia de Medio Ambiente con ameaza de sanción sustanciosa.
 
A broma sae nuns miles de euros (máis), á vosa conta, coma sempre.
 
Que non é que Landín non soubese que a depuradora que hai non chegaba. Sabíao dende hai 5 anos, no 2010, cando se comprometeu coa consellería a ampliala antes do 2012:
1
2
Vese que os cartos dese “compromiso” fixéronlle falta para outra cousa (unha ponte, o ascensor da Crega, a finca dun amigo, un campanario,…) e por eso agora ten que recurrir a un fondo de emerxencia para poder facela in extremis.
 
Que tampouco é que pareza importarlle moito que a merda dos de San Antoniño vaia dar rego abaixo ó punto de captación de auga do Polígono (a xoia da coroa).
 
Se o pensades ben, hasta ten a súa coña que, máis abaixo aínda, estean Ribadumia, a superPousada e a plaia fluvial de Pontearnelas, onde a tribu de Louzán se pon en remollo… (paradoxas do destino).
 
O que está claro é que cando un fai as curas a medias ou a desgana, a cousa supura… e cando supura e supura o mellor é cambiar de médico…

Xa poden ir cagar

o veciño denfrente

1

O Concello acaba de aprobar o gasto de máis de 10.000€ para facer uns baños no Pazo da San Marco (o que eles chaman Pazo da Crega).

2

O edificio, coñecido xa coma “O Escorial de Landín”, segue en obras; o que algúns ven coma unha vantaxe, xa que ó non ter que cumprir ningún requisito en concreto o mesmo serve para un concerto, unha gala popular, unha enchenta, un almacén ou unha conferencia, aínda que o seu destino máis habitual é o de “fondo de postal” para xuntanzas populares e o de furancho.

Era o máis barato: maquillalo por fora ainda que por dentro non teña contido (¿de qué me sonará este tipo de política?). Así todos contentos.

Rematado (máis ou menos) o castelo, o pazo é o novo xoguete-Frankenstein de Landín, no que da rienda solta á súa incomprendida creatividade arquitectónica: primeiro valeirámolo para enchelo de formigón, e logo xa iremos vendo qué se nos ocurre…

Pois agora ocurríronselle os baños… non hai suelo, e a iluminación é de verbena, pero vai haber baños…

Aínda que, polo precio, non sabemos se é que van ter os grifos de ouro ou se disporán de modernos dispositivos que limpan sólos os cús…

3

Preguntádelle a algún veciño que fixera hai pouco un baño, a ver cánto lle custou e botade contas.

landin crega

O caso é que, por fin (e eso sí que non te precio), estes todos da foto, xa poden ir cagar…

“Me gusta que los planes salgan bien”

o veciño denfrente

landin

Barro, o chiringuito que Blandín segue a precisar

o veciño denfrente
?????????????

?????????????

Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes, condensado nunha foto, por qué Barro segue a precisar de Landín:
Galpóns, desmontes, contenedores de lixo, murallóns, cables e coches aparcados en calquera sitio, o Camiño de Santiago e o patrimonio desatendidos…
O certo é que non é Barro o que precisa a Landín, senón Landín quen precisa a Barro. Non ten outra explicación querer chegar ós 70 BLOQUEando ​ós que veñen detrás.
No SERGAS téñeno claro, e por eso o mandaron xa para a casa: detrás ven xente nova e capaz que demanda o seu lugar na vida e no traballo.
Resulta lastimosamente desesperado ter que recurrir ó “paternalismo” para pedir o voto: “Sen min non sodes ninguén”. Calquera pai sabe que chega un momento no que hai que deixar voar solos ós fillos.
Os que vimos o debate no Canal Rías Baixas démonos conta de que Landín xa non é quen de controlar ó seu subconsciente, e que as verdades escápanselle con incontinencia entre cada intento frustrado de enmerdar ós demáis co xogo sucio doutros tempos, que xa non lle funciona.
O mesmo subconsciente que se revela no lema da súa campaña: Non é Barro quen necesita a Landín, senon Landín quen non pode vivir sen Barro. E menos agora que veñen moitos gastos por diante.
Como berraban hai máis de 25 anos os veciños daquel pobo manchego de “Amanece que no es poco”:
“…Alcalde, Alcalde… todos somos contingentes, pero tú eres necesario…”

A Lista

o veciño denfrente

Xa dixo Landín o outro día na entrevista que o programa era o de menos, como a lista.

A súa lista, ó fin e ó cabo, non deixa de ser un trámite accesorio para salir elexido él, que se basta e se sobra solo para levar control (e conta) de todo. Así que tanto ten que a faga o Pai, o Fillo ou o Espíritu Santo…

1

Jodeuno Rueda co lema da campaña  “Elixe Futuro”, porque o pilla xubilado e os anos non pasan en balde, así que terá que continuar con eso de inventarse él un lema propio (¿”Non deixes de elexir pasado”?).

Tamén o joderon coa leria do aforro enerxético, porque desta volta terá que cambiar a bombillería toda que colgaba por San Antoniño por luces LED, que consumen menos pero teñen máis colorido.

A culpa é vosa, que non valedes para nada, e por iso non ten recambio (él, as luces sí).

Voltando á lista, extrañoume que o dous non fose Moreira, que levaba semanas pregonando por Curro que ese posto era seu, para así quedar de alcalde en canto se retirase Landín.

Polo demáis, o habitual: xente obedente e servil, ó servicio do superintendente, ben aprendidos (e maís agora, con Faustino como exemplo de onde poden rematar os que pretendan brillar con luz propia…).

Na entrevista tamén deixou claro que considera que, gracias ós seus gobernos, en Barro ninguén vive por enriba das súas posibilidades e que, como sodes tan bos, vaivos facer un auditorio.

Para completar a miña valoración, compartirei con vos esta serie de imaxes que me viñeron á cabeza ó ver a lista:

2

3

4

5

 (Debo engadir que, ó ver os dous primeiros postos, véuseme á cabeza aquel famoso anuncio de  …)muebles mendoza

 

Xogo de Tronos

o veciño denfrente

juego de tronos

Regreso al Futuro

o veciño denfrente

Situádevos: estrada de Perdecanai.

“O certo é que a día de hoxe non están feitas nin a metade das obras previstas, e aquelas zonas onde se ampliou o ancho da calzada están a causar graves problemas de seguridade e incomodidade para os veciños e usuarios de dita estrada (as chuvias arrastran a terra para o medio da calzada e, nalgúns sitios, estreitouse a zona asfaltada provocando máis riscos para a circulación de vehículos, os postes de Fenosa e Telefónica atópanse no medio da zona explanada, o que representa tamén un grave perigo).

Os terreos necesarios para a ampliación de dita estrada están sendo cedidos polos propietarios dos mesmos a cambio da construción de muros e da reposición de servizos nas súas propiedades, pero estas veciños, despois de facilitar as obras da estrada, atópanse con que teñen que padecer as molestias desta paralización e da demora en adecentar os espazos xa ampliados.”

Por este texto non pasa o tempo, porque foi escrito hai sete anos (no ano 2008).

Forma parte da moción presentada no seu momento polo BNG e rexeitada polo PP.

Sete anos e eu teño que ir facendo slalom para non bater cos postes. O responsable de vías e obras do Concello de Barro debe ter postefilia, síndrome de dióxenes cos postes ou terror a perder o fío… non sei… pero facédello mirar.

“estase pensando en darlle a esta estrada o mesmo tratamento que as obras feitas na Estación de Portela, e dicir, colocación de aceras e as redes básicas para os servicios”

¿Onde meteron os cartos que, desde 2013, se anuncian no cartel?

http://pontevedraviva.com/xeral/7550/deputacion-perdecanai-iglesia-barro/

Ahí vai a moción completa. Digna do “Día da Marmota” (por non chorar):

Durante o ano 2007, a Deputación comezou as obras da primeira fase de ampliación e mellora da estrada provincial que conecta a N-550 coa igrexa de Perdecanai.

Ditas obras foron paralizadas a finais do 2007 (segundo información do goberno municipal de Barro, por ter rematado o orzamento previsto para esa primeira fase das obras).

O certo é que a día de hoxe non están feitas nin a metade das obras previstas, e aquelas zonas onde se ampliou o ancho da calzada están a causar graves problemas de seguridade e incomodidade para os veciños e usuarios de dita estrada (as chuvias arrastran a terra para o medio da calzada e, nalgúns sitios, estreitouse a zona asfaltada provocando máis riscos para a circulación de vehículos, os postes de Fenosa e Telefónica atópanse no medio da zona explanada, o que representa tamén un grave perigo).

Os terreos necesarios para a ampliación de dita estrada están sendo cedidos polos propietarios dos mesmos a cambio da construción de muros e da reposición de servizos nas súas propiedades, pero estas veciños, despois de facilitar as obras da estrada, atópanse con que teñen que padecer as molestias desta paralización e da demora en adecentar os espazos xa ampliados.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Barro acorda aprobar a seguinte MOCIÓN:

1) Dirixirse á Deputación Provincial para solicitar a reanudación das obras da E.P. 0525 en Perdecanai.

2) Se os problemas orzamentarios ou técnicos non permitisen a inmediata realización das obras en todo o trazado, solicitar que se proceda de forma inmediata a rematar a ampliación do treito comprendido entre Canai e A Igrexa (que é onde se actuou até o momento), procedendo a botar unha capa de asfalto no xa explanado e retirar os postes de Fenosa e Telefónica situados neste treito.

IINTERVENCIÓNS:

Sr. Alcalde, aclara que o seu grupo vaise opoñer á moción.

Sr. Fernández Abraldes, sinala que xa en novembro do ano 2007 había preguntado polo remate da Estrada Provincial á Igrexa de Perdecai e o Sr. Alcalde había dito que estaba pendente o remate da consignación no orzamento da Deputación para o ano 2008, recorda ademais que non está habendo problemas para a cesión dos terreos e remata a súa intervención solicitando que de forma urxente se execute o asfaltado do firme para evitar que a calzada sexa invadida pola area e pide a retirada dos postes do tendido eléctrico.

Sr. Alcalde, que se plantexaron problemas en canto a disponibilidade dos terreos e que sobre todo estase pensando en darlle a esta estrada o mesmo tratamento que as obras feitas na Estación de Portela, e dicir, colocación de aceras e as redes básicas para os servicios.

Sometido a votación a aprobación da moción  da o seguinte resultado:

7 VOTOS EN CONTRA; votan Sres.

Roig Olona (PP),

Fontán Outón (PP),

Cons Calvo (PP),

  1. Rivas Reboredo (PP),

Iglesias González (PP),

Magariños Pasarín (PP) e

Sr. Alcalde (PP)

e 3 VOTOS A FAVOR; votan Sres.

Fernández Abraldes (BNG),

Castro Calviño (BNG) e

Canay Pintos (PSOE).

Explicación de voto do Sr. Alcalde: que o seu grupo vota en contra da aprobación da moción porque pretende darlle a esta estrada o tratamento de travesía urbana con dotación dos servicios básicos e resolver a disponibilidade dalgúns terreos mediante expropiación.

Xa está: sodes libres…

o veciño denfrente
faustino batallan
Decreta Faustino que Barro non é Europa.
Éche o que teñen os que viven do conto: que pensan que os cartos os regalan. Que Europa sólo trae, sen levar nada…
A él funciónalle, pero debe pensar que montar Deputacións é igual que montar asociacións: que fas unha con tres colegas e xa lle das excusas a algún organismo para pagarche os favores.
O único que non lle costa nada, a ningún veciño, é calibrar as motivacións deste figura. Con xente coma él hai partes do voso presidente provincial que brillan máis que a súa calva.

Viveiros e vivarachos

o veciño denfrente

Non entendades mal: non poden inaugurar obras rematadas, pero a lei non di nada de inaugurar obras sen rematar, debuxos, realidades virtuais ou primeiras pedras.

viveiro

landin

http://pontevedraviva.com/xeral/18983/vivero-empresas-barro-meis-albergara-16-emprendedores-verano/
A ver se o entendín ben: vanse gastar 2.500.000€ (670€ por veciño; multiplica polos que sodes na casa) en construir un edificio para poñer ó servicio de 16 emprendedores 16 en ciclos de dous anos…

…é dicir, que sen ter en conta os gastos de amoblamento, consumos e mantenemento do edificio, nun ciclo de dez anos pensan invertir maís de 15.500€/ano en cada un dos 16 emprendedores…

Brillante… moi brillante… Xa poden crear emprego en Barro eses emprendedores para merecer tantos cartos.

Estaremos atentos a ver quen son os afortunados seleccionados dos que sen dúbida dependerá o futuro do concello…

Entretanto, a ver se alguén explica por qué no cartel pon Barro-Meis se está construido en Barro con cartos de Barro. Non sei vos, pero eu non vexo a Jose Luis na foto…

 

Cousas de andar cocidos

o veciño denfrente
…Faustino debeu de poñer o automático e confundeu o lugar de Barro, en Cerdedo, con Barro
concello.
O caso e que así están as cousas: Para o lugar de Barro (Cerdedo) con 47 almas censadas, a Deputación concede case 80.000€ para abastecemento de auga.
¿Cántas almas (cándidas) viven, veciño de Barro sen auga da traída, onde ti habitas?
voz de barro