NADAL SOLIDARIO EN BARRO

NADAL BARRO

TALLER DE COCIÑA DE OUTONO

VALERIO

#5eurosaldia

Almorza,come e cea, 4 persoas #5eurosaldía:Taller práctico de cociña de annalibera e @jorgueguitian en  Curro Barro.Prezo 12 euros. Prazas limitadas. Inclúe elaboración e degustación dos pratos. Tamén inclúe tápa consumición do local Café-Bar Parada. Parroquia de Curro. Anna Mayer e Jorge Guitián Castromil. panepanna

5EUROSALDIA

Os participantes de “The Green Path”(O Camiño Verde) pasarán por Barro

Noticias Barro.  Na etapa que vai de Pontevedra a Caldas de Reis, e ao seu paso LOGO_ECOS_DO_SURpor Barro, 30 mozos provenientes de distintos paises da UE que participan en The Green Path (O Camiño Verde), un proxecto da ONG Ecos do Sur que está radicada en Coruña, estarán acompañados por membros da AC “Amigos dá Fervenza dá Barosa”.

The Green Path (O Camiño Verde) forma parte do programa da Unión Europea, Mocidade en Acción, que está destinado a promover comportamentos, actitudes e habilidades “verdes” que fomenten valores medioambientales, nun ambiente multicultural.

Os participantes de Calabria( Italia), Alentejo (Portugal) e España, serán recibidos sobre as 11.30 horas do venres 6 de setembro, no Camiño Portugués á súa entrada en Barro, e estarán acompañados pola AC Fervenza dá Barosa ata a súa saída do concello. A todos eles mostraráselles a Capela de San Amaro (Portela), os cruceiros de Valbón e o Parque dá Natureza dá Ría dá Barosa, último lugar onde se desenvolverá un pequeno taller medioambiental impartido pola AC Fervenza dá Barosa que versará sobre as propias Fervenzas dá Barosa e o Parque Natural.

A experencia adquirida tanto en Barro, como o resto de tramos do Camiño Portugués será plasmada nunha guía práctica sobre o O camiño verde de Santiago de Compostela, que será difundida a través de medios de comunicación e distintas redes sociais pola ONG Ecos do Sur.

Así mesmo a AC Fervenza dá Barosa, colaborará cun negocio local de hostelería de Barro e ofrecerá os participantes de “The Green Path” (O Camiño Verde) un refrigerio e unha bolsa cun tentempié para terminar o camiño ata o final da etapa, que se situa en Caldas de Reis.

Recordos dunha vida e da historia de Barro

 PORTADA faro-de-vigo

Medio centenar de veciños de Barro, amigos, familiares e ex compañeiros de universidade asistiron no pazo dá Crega á conferencia-coloquio “Un de Barro polo mundo… 40 anos despois” que protagonizó Francisco Moldes Fontán, actual conselleiro de Educación, Cultura e Deportes na Embaixada de España en Arxentina.

O conferenciante esbozou datos, anécdotas do municipio de Barro e da súa vida, por exemplo que tivo oportunidade de montar no primeiro automóbil que se fabricou en Galicia ou o paso do ex presidente Adolfo Suárez, co que foi fundador do CDS, por Barro.

Un documento histórico

Francisco Moldes aproveitou a súa intervención para mostrar aos seus asistentes un documento orixinal datado no ano 1903 e que dá fe da constitución da Sociedade de Agricultores de Barro.

Así mesmo, neste encontro organizado pola Asociación Fervenza dá Barosa (que fixo entrega ao conferenciante dunha talla de madeira na que se fai referencia ao molino familiar de Moldes) o ponente tamén se referiu a que “estiven ameazado de morte polo mundo do narcotráfico cando fun deputado”.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/08/30/recuerdos-vida-historia-barro/868625.html

francisco moldes

“Un de Barro polo mundo…40 anos despois”

“Un de Barro polo mundo…40 anos despois” charla do diplomático nado en Barro, Francisco J. Moldes Fontan, Chuco, organizada pola AC Fervenza da Barosa.

  • Organizada pola AC Fervenza da Barosa, Francisco Moldes Fontán falará na súa terra natal, Barro, o vindeiro mércores día 28 de Agosto, no Pazo da Crega ás 21.15 horas.
  • O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada de España en Argentina, percorrerá dentro a súa experiencia vital así como falará da historia recente de Barro dende un punto de vista persoal.
  • Na súa dilatada vida profesional Francisco Moldes foi mestre, político, crítico literario e actualmente é diplomático.
  • Esta actividade enmárcase dentro dun ciclo cultural de charlas coloquio que organiza a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa”.

Barro, 20 de Agosto de 2013. “Un de Barro polo mundo…40 anos despois”, é o título escollido para a charla-coloquio que terá lugar o vindeiro mércores día 28 de Agosto a partires das 21.15 horas no Pazo da Crega, en San Antoniño (Barro) a cargo de Francisco Javier (Chuco) Moldes Fontán.

Moldes Fontán, é actualmente o Consejero de Educación, Cultura e Deportes na Embaixada de España en Argentina, da que tamén dependen Chile, Uruguay e Paraguay. Anteriormente na súa dilatada carreira profesional e persoal, foi mestre no IES Sanchez Cantón, tamén diplomático en Marrocos, Portugal ou Brasil, alto cargo do Ministerio de Presidencia, ou deputado na III Legislatura no Congreso. Foi nesta última faceta o deputado que propuxo a creación dun programa para desaparecidos en TVE, que a cadena pública materializou con “Quien Sabe Donde”, de Paco Lobatón. Como diplomático logrou que en 1997 o español fose lingua oficial de estudio en tódalas escolas de Portugal. Fixo crítica literaria sobre Kakfa, Umberto Eco e de Torrente Ballester do que foi amigo e colaborador. Tamén foi articulista en xornais como El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, etc.

A súa vida sempre xira sobre Barro, a donde sempre se achega cando as súas responsabilidades llo permiten, donde a familia Moldes-Fontán é moi coñecida por ser seu pai, o empresario José Moldes o propietario da “Ferretería Moldes” actual Castroman, seu avó materno Juan Fontán, o propietario do “Cine do Carballal” o primeiro da comarca, ou ser neto do que foi alcalde de Barro, Angel Moldes Castro.

Con estas referencias, na charla coloquio organizada pola AC Fervenza da Barosa, “Un de Barro polo mundo…40 anos despois”, volveremos á historia recente e contemporánea de Barro de mans de Francisco Javier Moldes Fontán, coñecido en Barro como “Chuco de Moldes”.

Ao remate da mesma e por cortesía dos patrocinadores da charla-coloquio, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel, servirase un albariño Rías Baixas e un pincho aos asistentes. Colabora na actividade o Concello de Barro.

fervenza

Casi 1500 personas acuden al I Trofeo de Baile Deportivo AC Fervenza da Barosa de Barro este pasado fin de semana

NdeP: Casi 1500 personas acuden al I Trofeo de Baile Deportivo AC Fervenza da Barosa de Barro este pasado fin de semana. – Un centenar de parejas inscritas llegadas de distintos puntos de España y Portugal participaron en el torneo – El I Trofeo de Baile AC Fervenza da Barosa de Barro fue la última prueba celebrada en Galicia y puntuable para el ranking de la FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) – El bailarín y vecino de Barro, Santi Barreiro y su pareja Alicia Romero, lograron el primero puesto en categoría standard, un segundo puesto en el Open Standard y un tercer puesto en Latinos. – La también vecina Alba Triñanes y su pareja Francisco Javier Espadas, quedaron como finalistas en sus categorías con 2 quintos puestos. – La competición logró atraer a Barro entre la jornada del sábado y el domingo a cerca de 1500 personas, un éxito que lleva a la AC Fervenza da Barosa a volver a celebrar en el año 2014 una II edición del torneo. Casi un centenar de parejas y cerca de 1500 personas han pasado este fin de semana por la localidad pontevedresa de Barro para participar en el I Trofeo de Baile Deportivo organizado por la AC “Amigos da Fervenza da Barosa”. Llegados desde distintos puntos de España y Portugal, la jornada comenzó sobre mediodía y terminó bien avanzada la tarde, si bien la hora punta del mismo con las gradas del pabellón municipal de Barro completamente llenas fue entre las 14 y las 17.30 horas. Los bailarines locales Alba Triñanes y Santi Barreiro mostraron un gran estado de forma quedando finalistas y alcanzando podium respectivamente en distintas categorías, tanto en Standard, Latinos como en Open Internacional. La entidad organizadora del evento, AC Fervenza da Barosa, promovió durante la jornada del sábado clases gratuitas de bailes de salón, la cena y el baile nocturno de “social” en colaboración con el club de baile BTroula de Meis y una exhibición de baile moderno el día de la competición de la Escuela de Baile “Pasos”. Asímismo se destaca la colaboración de la práctica totalidad de empresas de Barro, algunas de la comarca, la administración local, las Comunidades de Montes de Curro y Portela, locales hosteleros que ofrecieron menús a los participantes del torneo, etc. La AC Fervenza da Barosa quiere agradecer de manera muy especial la implicación personal en la organización de Patricia Corredoira y María Sabarís, madres de los bailarines locales, por su aportación y experiencia en todo el torneo. También hay que señalar el apoyo incondicional a esta actividad por parte de la Deputación Provincial de Pontevedra. Ayer a la finalización del torneo, y tras el éxito del mismo, la AC Fervenza da Barosa, decidió volver a organizar para el año 2014 el II Trofeo de Baile Deportivo, también como última prueba puntuable de Galicia.

— Un saudo, Mónica Cons Fernández

Presidenta

AC Amigos da Fervenza da Barosa de Barro

podio

 

AC “Fervenza da Barosa” entrega casi 150 kg de alimentos na I Gala Solidaria Curro-2013 en Barro.

– As empresas Distribuciones Froiz S.A, Supermercados DIA de San Antoniño e Super-Tandy Froiz de San Antoniño aportaron 115 kg.
– As donacións de particulares e a AC Fervenza sumaron 31,5 kg.
– A recollida foi feita en sólo 5 días.
– AC Fervenza da Barosa xa recollera máis de media tonelada de alimentos na campaña “Nadal Solidario en Barro”.

Na noite de onte na parroquia de Curro tivo lugar a “I Gala Solidaria” Curro-2013, unha gala organizada por Galicia Espectáculo e Com. de Montes de Curro con caracter benéfico, que serviu para presentar 5 orquestas, así como facer unha cuestación de alimentos non perecedeiros entre os asistentes á mesma.

A implicación da AC “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro nesta iniciativa dende o primeiro momento logrou movilizar a socios, veciños e negocios de Barro, que decidiron aportar e colaborar nesta causa solidaria con case 150 kg de alimentos aportados coa seguinte distribución:

DISTRIBUCIONES FROIZ S.A. 50 Kg.

DIA SAN ANTONIÑO 34 Kg

TANDY-FROIZ UCHA SAN ANTONIÑO 31 Kg

DONACIONS PARTICULARES 31,5 Kg + LOTES DE PAÑALES.

Dende a “Fervenza da Barosa” queremos agradecer as mostras de apoio e solidariedade con esta Gala, e como colectivo cultural e social de Barro, mostrar a nosa disposición á colaboración en causas de interés xeral como así fixemos.

Tamén sinalar que as vindeiras actividades que organiza a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro serán o “I Torneo de Baile Deportivo Fervenza da Barosa” o vindeiro 9 de Xuño no Pavillón Polideportivo de San Antoniño de Barro así como a colaboración na “I Xuntanza Familiar con xogos tradicionais” que terá lugar o 1 de xuño no Parque da Natureza da Barosa, organizada polo local hosteleiro Barosa Gastro.
fervenza

“Amigos da Fervenza da Barosa” sortea os premios do Barro de Tapas e propón novas actividades cara o verán

O pasado xoves día 11 a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da fervenzaBarosa” de Barro reuniu a súa directiva para marcar as liñas de actuación dos vindeiros meses e realizar os sorteos dos premios do Barro de Tapas, 2ª Edición.

No tocante aos premios, resultou agraciada coa estancia+cea romántica+spa** na Quinta de San Amaro, Belen Camiña Gonzalez, de Pontecaldelas. A ruta 3, que tiña como premio unha cea gastronómica, tivo como gañadora a Rocío Luaña González, de Barro. As rutas 1 e 2 quedaron desertas, xa que ningunha das papeletas participantes cumpriu os requisitios para poder optar aos premios destas dúas rutas.

Na mesma reunión acordouse que Barro de Tapas 3ª Edición terá lugar na ponte de Tódolos Santos, no mes de novembro. Os resultados da 2ª edición do Barro de Tapas, en palabras da Presidenta da AC, Mónica Cons, “foron positivos, xa que nos achegamos ás case 1000 tapas vendidas entre tódolos locais (972), o que supón un incremento de preto de 200,nun momento difícil para o consumo, ademáis de facelo con 3 locais menos que na primeira edición”.

Con respecto ás liñas de actuación dos vindeiros meses, a AC Fervenza da Barosa, ten previsto realizar unha conferencia sobre o “Camiño Portugués” que dará o presidente da Fundación de “Amigos del Camino Portugués”, Tino Lores. A data por definir, será decidida para cando as condicións climatolóxicas sexan máis adecuadas, xa que se prevé percorrer o Camiño Portugués que atravesa por Barro. Sen dúbida será unha conferencia atípica, xa que conxugará a gastronomía, a enoloxía, o sendeirismo e o turismo. A reserva de prazas xa está dispoñible, xa que estará limitada a 30-40 persoas máximo.

Outra actividade que xa está en pleno desenrolo é o Torneo de Baile Deportivo en Barro, proba puntuable para o campionato nacional, que terá lugar o vindeiro día 9 de Xuño no Pabillón de Deportes de San Antoniño. Esta actividade contará coa colaboración na súa organización da Escola de Baile Pasos e do BT Troula de Meis, así como da implicación de maneira directa dos bailaríns de Barro, Alba Triñanes Corredoria, Santi Barreiro Sabarís e Víctor Sánchez Oubiña ademáis de María Sabarís e Patri Corredoira.

A “Barro-Fest” no entorno do Parque da Natureza de Barosa e coa colaboración de Barosa Gastro, Saramagal Cervexa Artesanal e a Asociación Galega de Cervexas Artesanas, será outra actividade que terá como obxecto a degustación de cervexas artesanais e a promoción do turismo nun referente natural como é Barosa. Está previsto que se realice nos meses de xullo ou agosto.

Tamén xa se iniciaron as conversas cos restaurantes de Barro co obxecto de realizar as “Xornadas de Degustación Gastronómica de Barro”, na que se pretende ofertar aos asistentes menús gastronómicos a precios moi axeitados coas que se pretende unha vez máis poñer en valor o potencial gastronómico, enolóxico e turístico que ten o noso concello. Tamén terán lugar durante o verán deste 2013.

No eido musical e tamén no entorno do Parque da Natureza de Barosa e en colaboración con Barosa Gastro, están a concretarse duas actuacións das que polo de agora non podemos facilitar máis datos pero podemos adiantar que abarcarán dous estilos completamente diversos e actuais.

Xa por último quedan pendentes de data as conferencias do mestre e escritor Adolfo Caamaño, Fito, que falará sobre a historia de Barosa e tamén a do ex-deputado, mestre, e actualmente diplomático, Francisco Javier Moldes Fontán, falará sobre a historia de Barro coa sua perspectiva persoal.

Asímesmo tamén por parte do vicepresidente da AC, Faustino Batallán, están iniciándose os contactos co artista nado en Barro, Manolo Ruibal, para que o seu concello de nacemento poida desfrutar da obra do artista a través dalgún acordo de colaboración, sendo esta a primeira vez que tería lugar en Barro por parte do artista.

fervenza

Derradeiro fin de semana do Barro de Tapas, ruta gastronómica e turística en Barro

A ruta gastronómica e turística que se celebra en Barro ata o vindeiro fervenzadomingo día 24, Barro de Tapas, entra na súa recta final. Cunhas previsións que xa foron superadas no transcurso da semana, os 16 locais hosteleiros agardan esta fin de semana, a pesares das previsións meteorolóxicas, completar esta segunda edición con un éxito tanto de visitantes, participantes da ruta e tapas.

Hai que sinalar que o evento foi apoiado pola súa vertiente dinamizadora do turismo, das empresas e da hostelería por distintas administracións como a Axencia de Turismo de Galicia, Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, Concello de Barro ou a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Este Barro de Tapas, que está organizado pola Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, enmárcase dentro dunha serie de actividades que dita asociación programou para o primeiro semestre do 2013.

Fruto das relacións coas empresas participantes, tanto hosteleiros como adegas/cervexería a AC Fervenza da Barosa, acordou iniciar xunto a Saramagal Cervexa Artesanal e a Asociación Galega de Cervexas Artesás, a celebración na tempada de verán da “Barro-Fest” ou Festa da Cervexa Artesán, que pretende reunir en Barro a distintas cervexerías pertencentes a dita Asociación e a cervexeiros, turistas e veciños da comarca.

BARRO DE TAPAS

INAUGURACIÓN DO BARRO DE TAPAS 2ª EDICIÓN

O Parque da Natureza da Barosa, foi o lugar escollido pola AC Fervenza da Barosa para iniciar unha ruta de inauguración do Barro de Tapas 2ª Edición. Alí congregáronse a Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, a deputada provincial da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez, o alcalde de Barro, Landín Eirín, a presidenta e vicepte. da AC Fervenza da Barosa, Mónica Cons e Faustino Batallán, así como os representantes da Adega Moraima, Saramagal Cervexa Artesanal e Adega Pazo da Bouciña, ademáis de veciños e membros da AC Fervenza da Barosa. De alí desprazáronse ata a parroquia de Curro e ao local hosteleiro Parrillada “As Brasas” para rematar coas degustación da ruta “Barro de Tapas”.

Dende AC Fervenza da Barosa quérese apoiar e promocionar o turismo e as empresas de Barro, e para elo non dubidaron en contactar coas administracións que teñen responsabilidades en ditas áreas, como foron a Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Barro.

Esta segunda edición do certame arranca coa intención de consolidarse como unha iniciativa dinamizadora do concello que achegue a Barro ao turismo dos arredores e doutros puntos de Galicia, para desfrutar da gastronomía local así como a natureza que posue, como a Ría da Barosa, o Camiño Portugués, etc.

En vindeiros meses a AC Fervenza da Barosa programará máis actividades encamiñadas a poñer en valor o nome de “Barro” e os atractivos e as empresas locais.

barosa 2

barosa 1

Turismo y gastronomía dinamizan el Barro de Tapas 2ª Edición

AC Amigos da Fervenza da Barosa

Consolidado el proyecto de Barro de Tapas, con esta 2ª Edición, la mayoría de locales hosteleros de Barro, participarán tapas barrodesde el 15 al 24 de marzo en esta ruta gastronómica organizada por la AC Amigos da Fervenza da Barosa, con la que se busca promocionar el turismo y la gastronomía del concello de Barro.

Un total de 16 locales con una gran variedad de tapas, participan en esta edición estando representadas las 6 parroquias del concello, con apuestas gastronómicas distintas, arriesgadas e innovadoras, que se conjugarán con albariños de la D.O. Rías Baixas de las bodegas Moraima y Pazo da Bouciña, y en esta edición incorporando a la cerveza artesanal de fabricación local, Saramagal. Todo ello con un precio ajustado a los actuales tiempos económicos de 2,5€ por bebida y tapa.

La iniciativa se enmarca dentro de una serie de proyectos que buscan promocionar el turismo y la gastronomía local, como motores económicos para el sector de la hostelería y que busca afianzarse como proyecto sólido con visión de futuro.

Cabe recordar que la Barro de Tapas 1ª Edición celebrado el pasado diciembre logró que los locales adheridos a la ruta, sirviesen más de 800 tapas en 3 días.

Mónica Cons, presidenta de la AC señala que “en estos momentos es cuando las actividades que generen un movimiento cultural y social tienen que crear sinergias con el sector empresarial que ayude a reactivar la economía local. Entre todos aportaremos un pequeño grano a las actuales circunstancias y queremos señalar que el éxito de esta iniciativa corresponde a los propios locales hosteleros que han confiado en nuestra idea por segunda vez, cosa que tenemos que agradecer”.

Recientemente además la AC Fervenza da Barosa entregó el premio a la ganadora del sorteo de Barro de Tapas 1ª Edición, que fue a parar a manos de María Ana Rodríguez González, vecina de Barro.Esta vez para la 2ª Edición de Barro de Tapas, se incrementaron los premios y su valor, con sorteo de 3 cenas gastronómicas en restaurantes de la ruta y una estancia+cena+spa* en el Hotel Quinta de San Amaro de Meaño.

ENTREGA PREMIO BARRO DE TAPAS I

AC Amigos da Fervenza da Barosa organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro

A  Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” organiza o 23-F unha BAROSA SARAMAGALxornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro, situado no Parque da Natureza Ría de Barosa.

Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en Barosa Gastronatural, acompañado dunha visita previa á fábrica de Saramagal que está na parroquia de Agudelo (Barro) para coñecer o proceso de elaboración dunha cervexa artesanal que ten unha característica especial na súa elaboración como é a “burbuxa do champán”.

Esta é unha das actividades que Amigos da Fervenza programou para este primeiro semestre do 2013 coa intención de dinamizar o turismo, e a gastronomía local, eixo fundamental que promove esta asociación. A unión de duas empresas cun gran potencial como Barosa Gastro, situado nun entorno natural envidiable e cunha cociña tradicional que conxuga toques contemporáneos e Saramagal Cervexa Artesanal elaborada no noso concello é unha fórmula que terá un éxito asegurado tanto pola calidade como pola implicación das dúas entidades.

A inscripción na xornada ten un custe de 6€ por persoa e inclue o seguinte:

PROGRAMA:

18.00. Punto de Encontro. Praza Pública, Concello de Barro.

18.30. Visita á fábrica de Saramagal. “Como se elabora unha cervexa artesán”.

19.30. Fin da visita a Saramagal. Saida hacia Barosa Gastronatural.

19.45. Degustación das cervexas de Saramagal en Barosa Gastronatural.

– Desgustación de Saramagal Stipe cunha tapa de Alas de polo con pataca panadeira,almendoa doce e refogado de cervexa Saramagal.

– Desgustación de Saramagal Inmaculate cunha tapa de Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.

21.30. Fin da xornada.

22.00. Opcional. Cea-Degustación en Barosa Gastro.

Rematada a xornada, as persoas que desexen quedarse a disfrutar da espectacular Fervenza, da Muiñada e da cociña de Barosa Gastronatural poderán facelo a partires das 22:00 horas nunha cea (baixo reserva e prazas limitadas e a prezo especial) cos seguintes menús a escoller.

1.- Entrante + Pavo o forno de pedra con almendoa, noz e pimenta branca con guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

17€ precio/persoa. 

————————-

2.- Entrante + Branquita de porco celta rechea de febras, albahaca, tomillo, menta e guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

12€ precio/persoa.

  Para calquera das dúas actividades o peche das reservas debe facerse o venres 22 antes das 14 horas, ben a través do facebook, twitter ou teléfonos aquí facilitados:

AC FERVENZA DA BAROSA:

Facebook: https://www.facebook.com/acfervenza

Twitter: @FervenzaBarosa

Teléfono: 668.878.958

Teléfono: 668.853.863

Mail: fervenzadabarosa@gmail.com

BAROSA GASTRONATURAL:

Facebook: https://www.facebook.com/BarosaGastronatural

Twitter: @BarosaGastro

Teléfono: 986 09 08 80

Mail: info@barosa.es

SARAMAGAL

Facebook: https://www.facebook.com/saramagal.cerveza.artesanal

Twitter: @SaramagalBeer

Mail: info@saramagal.es

(A foto corresponde co Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.)

COELLO

Fusión:Cervexa artesanal+Gastronomía+Natureza

AC Fervenza da Barosa
Recordámosvos que esta degustación será con preinscripción e de prazas limitadas. As persoas interesadas en asistir, poden enviarnos unha mensaxe privada ao facebook. De tódalas maneiras luns/martes agardamos dar tódolos detalles

saramagal

Saramagal+Barosa Gastronatural

AC Fervenza da Barosa: Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en Barosa Gastronatural o vindeiro 23F. Asistencia baixo preinscripción e prazas limitadas.

saramagal