AC Amigos da Fervenza da Barosa organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro

A  Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” organiza o 23-F unha BAROSA SARAMAGALxornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro, situado no Parque da Natureza Ría de Barosa.

Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en Barosa Gastronatural, acompañado dunha visita previa á fábrica de Saramagal que está na parroquia de Agudelo (Barro) para coñecer o proceso de elaboración dunha cervexa artesanal que ten unha característica especial na súa elaboración como é a “burbuxa do champán”.

Esta é unha das actividades que Amigos da Fervenza programou para este primeiro semestre do 2013 coa intención de dinamizar o turismo, e a gastronomía local, eixo fundamental que promove esta asociación. A unión de duas empresas cun gran potencial como Barosa Gastro, situado nun entorno natural envidiable e cunha cociña tradicional que conxuga toques contemporáneos e Saramagal Cervexa Artesanal elaborada no noso concello é unha fórmula que terá un éxito asegurado tanto pola calidade como pola implicación das dúas entidades.

A inscripción na xornada ten un custe de 6€ por persoa e inclue o seguinte:

PROGRAMA:

18.00. Punto de Encontro. Praza Pública, Concello de Barro.

18.30. Visita á fábrica de Saramagal. “Como se elabora unha cervexa artesán”.

19.30. Fin da visita a Saramagal. Saida hacia Barosa Gastronatural.

19.45. Degustación das cervexas de Saramagal en Barosa Gastronatural.

– Desgustación de Saramagal Stipe cunha tapa de Alas de polo con pataca panadeira,almendoa doce e refogado de cervexa Saramagal.

– Desgustación de Saramagal Inmaculate cunha tapa de Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.

21.30. Fin da xornada.

22.00. Opcional. Cea-Degustación en Barosa Gastro.

Rematada a xornada, as persoas que desexen quedarse a disfrutar da espectacular Fervenza, da Muiñada e da cociña de Barosa Gastronatural poderán facelo a partires das 22:00 horas nunha cea (baixo reserva e prazas limitadas e a prezo especial) cos seguintes menús a escoller.

1.- Entrante + Pavo o forno de pedra con almendoa, noz e pimenta branca con guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

17€ precio/persoa. 

————————-

2.- Entrante + Branquita de porco celta rechea de febras, albahaca, tomillo, menta e guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

12€ precio/persoa.

  Para calquera das dúas actividades o peche das reservas debe facerse o venres 22 antes das 14 horas, ben a través do facebook, twitter ou teléfonos aquí facilitados:

AC FERVENZA DA BAROSA:

Facebook: https://www.facebook.com/acfervenza

Twitter: @FervenzaBarosa

Teléfono: 668.878.958

Teléfono: 668.853.863

Mail: fervenzadabarosa@gmail.com

BAROSA GASTRONATURAL:

Facebook: https://www.facebook.com/BarosaGastronatural

Twitter: @BarosaGastro

Teléfono: 986 09 08 80

Mail: info@barosa.es

SARAMAGAL

Facebook: https://www.facebook.com/saramagal.cerveza.artesanal

Twitter: @SaramagalBeer

Mail: info@saramagal.es

(A foto corresponde co Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.)

COELLO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s