“Amigos da Fervenza da Barosa” entrégalle ao Concello de Barro máis media tonelada de alimentos recollidos no Nadal

NOTA DE PRENSA:A Asociación Cultural  “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, ven de entregarlle onte mércores aos Servizos Sociais do Concello de Barro máis de media tonelada, ou o que é o mesmo 508,45 kg, de alimentos recollidos na campaña “Nadal Solidario en Barro”.

Esta campaña que comezou a mediados do mes de decembro, tiña como obxectivo a recollida de alimentos non perecedeiros para as familias de Barro máis necesitadas. Para facerlle chegar esta recollida a ditas persoas, estableceuse que a entrega se faría aos Servizos Sociais do Concello de Barro, que é a administración pública que xa xestiona este programa no noso concello. A campaña foi coordinada por Elena Porta e Faustino Batallán.

Dende a AC, establecéronse 18 puntos de recollida situados en tódalas parroquias, que incluían negocios, administracións públicas ou igrexas. Queremos recoñecer dende “Fervenza da Barosa” tódalas aportacións que fixeron veciñ@s, entidades privadas, empresas, entidades colaboradoras, que en dous casos particulares doaron máis de 100 kg (LCB) ou 30 kg (Supermercado DIA).

Dos 508,45 kg recollidos a maioría foron pastas (79 kg), arroz (55 kg), leite (54 l), aceites (48 l) ou lentexas (45,5 kg).

En palabras da Presidenta da AC, Mónica Cons, “de maneira especial queremos agradecer a loxística que prestaron Adega Pazo da Bouciña, Envialia Transpobedasa de Barro, Tanatorio San Marcos, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño-Tandy como patrocinadores da campaña”.

Tamén suliña a Presidenta, que “volveremos máis adiante a pedir a colaboración dos veciñ@s do noso concello, de manterse a situación económica actual para volver a axudar aos que máis o necesitan, xa que en calquera época do ano as persoas con menos recursos necesitan axuda e non só no Nadal”.

fervenza

A AC “Amigos da Fervenza da Barosa” presenta o programa de actividades do primeiro semestre de 2013 en Barro

A Asociación Cultural  “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, ven de fervenza  programar unha serie de actividades culturais, gastronómicas e turísticas no primeiro semestre de 2013 coas que se pretende dinamizar a actividade social do noso concello.

A Xunta Directiva da AC estudou varias propostas das cales quedaron aprobadas as seguintes:
Saramagal+Barosa GastroNatural: Degustación gastronómica e da cervexa artesán Saramagal no entorno da Muiñada de Barosa, no local de Barosa Gastronatural. Data: 23 de Febreiro de 2013.

Barro de Tapas. 2ª Edición: Ruta gastronómica de tapas por Barro. Do 15 ao 24 de Marzo de 2013.

Torneo de Baile Deportivo en Barro: Organizarase na primavera do 2013 (pendente de datas, xa que será unha proba puntuable a nivel nacional) un torneo de baile deportivo en Barro no que participarán as grandes promesas de Barro, Alba Triñanes Corredoira, Santi Barreiro Sabarís e Víctor Sánchez Oubiña. Esta actividade contará na súa organización coa colaboración de BT Troula de Meis, os mesmos bailaríns, e Patricia Corredoira e María Sabarís. Data por  determinar, se ben manéxase o mes de maio, pendente de confirmar coa Federación de Baile Deportivo.

Tamén preténdese abarcar o campo da cultura e contaremos coa colaboración nun Ciclo de Conferencias con persoeiros tan importantes como o mestre e escritor Adolfo Caamaño, Fito, que falará sobre a historia de Barosa. Tamén o ex-deputado, mestre, e actualmente diplomático, Francisco Javier Moldes Fontán, falará sobre a historia de Barro coa sua perspectiva persoal. E xa por último, Celestino Lores Rosal, Presidente de la Fundación Camiño de Santiago, que falará sobre o Camiño Portugués que atravesa por Barro. As datas destas conferencias tamén están por determinar, xa que tódalas persoas implicadas teñen unha axenda complexa.

Ademáis a Xunta Directiva da AC, fixo público o nome da gañadora do Barro de Tapas, 1ª Edición, que consistía nunha cea romántica con aloxamento na Quinta de San Amaro en Meaño a quen completase un percorrido e selado en distintos locais, e que recaeu en María Ana Rodríguez González veciña de Barro(Pontevedra).

Barro de Tapas, 1ª Edición xa ten gañador!!!

Na reunión da Xunta Directiva celebrada en datas recentes no local social da AC Amigos da Fervenza de Barosa, dentro dos distintos puntos da orde do día figuraba a elección do gañador/a do Barro de Tapas, 1ª Edición. EXTRACTO DA ACTA: En presencia dos membros da directiva, e de dúas persoas presente axenas á mesma, procedeuse á elección dos boletos gañadores quedando desta maneira: Gañadora: María Ana Rodríguez González. Barro(Pontevedra) 1er Reserva: Cristina Touriño Guerra. Cuntis(Pontevedra) 2º Reserva: José Sanmartín Soto. Barro (Pontevedra) Este será a orde para recoller o premio, no caso de renuncia da gañadora. O premio estará suxeito ás condicións de entrega que marcará a AC Amigos da Fervenza da Barosa, en canto a cesión de tódolos dereitos de imaxe e explotación do mesmo e cantas accións de marketing considere oportunas a AC, que figurarán nun documento por escrito que se entregará co premio. A non aceptación das mesmas suporá a renuncia automática ao mesmo, pasando ao seguinte reserva. Da fé a Secretaria da AC, Begoña Mira González. VB, Mónica Cons, Presidenta AC ana

Asi van as enquisas de “Barro de tapas”

Non se pode votar sen probar as tapas e os albariños. Grazas

tapas barro

NADAL SOLIDARIO EN BARRO

nadal

Os hostaleiros do concello participarán na primeira edición de Barro de Tapas

A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa de Barro organiza a primeira edición de Barro de Tapas, que se celebraá dende o 14 ao 16 Decembro de 2012. Durante esa fin de semana a maioría de locais de hostelería deBarro ofrecerán aos seus clientes viño albariño e una tapa polo precio de 2,5 euros. A iniciativa fará un sorteo dunha estancia con cea romántica no Hotel Quinta de San Amaro para os clientes que completen a ruta de locais proposta.

BARRO DE TAPAS

“Barro de Tapas” l Edición

http://pacomer.wordpress.com/