“Amigos da Fervenza da Barosa” sortea os premios do Barro de Tapas e propón novas actividades cara o verán

O pasado xoves día 11 a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da fervenzaBarosa” de Barro reuniu a súa directiva para marcar as liñas de actuación dos vindeiros meses e realizar os sorteos dos premios do Barro de Tapas, 2ª Edición.

No tocante aos premios, resultou agraciada coa estancia+cea romántica+spa** na Quinta de San Amaro, Belen Camiña Gonzalez, de Pontecaldelas. A ruta 3, que tiña como premio unha cea gastronómica, tivo como gañadora a Rocío Luaña González, de Barro. As rutas 1 e 2 quedaron desertas, xa que ningunha das papeletas participantes cumpriu os requisitios para poder optar aos premios destas dúas rutas.

Na mesma reunión acordouse que Barro de Tapas 3ª Edición terá lugar na ponte de Tódolos Santos, no mes de novembro. Os resultados da 2ª edición do Barro de Tapas, en palabras da Presidenta da AC, Mónica Cons, “foron positivos, xa que nos achegamos ás case 1000 tapas vendidas entre tódolos locais (972), o que supón un incremento de preto de 200,nun momento difícil para o consumo, ademáis de facelo con 3 locais menos que na primeira edición”.

Con respecto ás liñas de actuación dos vindeiros meses, a AC Fervenza da Barosa, ten previsto realizar unha conferencia sobre o “Camiño Portugués” que dará o presidente da Fundación de “Amigos del Camino Portugués”, Tino Lores. A data por definir, será decidida para cando as condicións climatolóxicas sexan máis adecuadas, xa que se prevé percorrer o Camiño Portugués que atravesa por Barro. Sen dúbida será unha conferencia atípica, xa que conxugará a gastronomía, a enoloxía, o sendeirismo e o turismo. A reserva de prazas xa está dispoñible, xa que estará limitada a 30-40 persoas máximo.

Outra actividade que xa está en pleno desenrolo é o Torneo de Baile Deportivo en Barro, proba puntuable para o campionato nacional, que terá lugar o vindeiro día 9 de Xuño no Pabillón de Deportes de San Antoniño. Esta actividade contará coa colaboración na súa organización da Escola de Baile Pasos e do BT Troula de Meis, así como da implicación de maneira directa dos bailaríns de Barro, Alba Triñanes Corredoria, Santi Barreiro Sabarís e Víctor Sánchez Oubiña ademáis de María Sabarís e Patri Corredoira.

A “Barro-Fest” no entorno do Parque da Natureza de Barosa e coa colaboración de Barosa Gastro, Saramagal Cervexa Artesanal e a Asociación Galega de Cervexas Artesanas, será outra actividade que terá como obxecto a degustación de cervexas artesanais e a promoción do turismo nun referente natural como é Barosa. Está previsto que se realice nos meses de xullo ou agosto.

Tamén xa se iniciaron as conversas cos restaurantes de Barro co obxecto de realizar as “Xornadas de Degustación Gastronómica de Barro”, na que se pretende ofertar aos asistentes menús gastronómicos a precios moi axeitados coas que se pretende unha vez máis poñer en valor o potencial gastronómico, enolóxico e turístico que ten o noso concello. Tamén terán lugar durante o verán deste 2013.

No eido musical e tamén no entorno do Parque da Natureza de Barosa e en colaboración con Barosa Gastro, están a concretarse duas actuacións das que polo de agora non podemos facilitar máis datos pero podemos adiantar que abarcarán dous estilos completamente diversos e actuais.

Xa por último quedan pendentes de data as conferencias do mestre e escritor Adolfo Caamaño, Fito, que falará sobre a historia de Barosa e tamén a do ex-deputado, mestre, e actualmente diplomático, Francisco Javier Moldes Fontán, falará sobre a historia de Barro coa sua perspectiva persoal.

Asímesmo tamén por parte do vicepresidente da AC, Faustino Batallán, están iniciándose os contactos co artista nado en Barro, Manolo Ruibal, para que o seu concello de nacemento poida desfrutar da obra do artista a través dalgún acordo de colaboración, sendo esta a primeira vez que tería lugar en Barro por parte do artista.

fervenza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s