AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo impartidas polos mestres do CGB BTroula

A AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo nas que calquera persoa e de calquera idade poderá apuntarse aos grupos que se formarán. Esta actividade na que colabora a ANPA do IES de Barro, e que terá un custe de 15€ por persoa ao mes, terá lugar os martes entre as 19 e as 22 horas en San Antoniño, Barro, cos seguintes horarios e grupos:

Nen@s ata 7 anos de 19:00 a 20:00 horas

Nen@s de 7 a 13 anos de 20:00 a 21:00 horas

Persoas de máis de 13 anos de 21:00 a 22 horas.

As clases estarán impartidas polos mestres do Clube Galego de Baile, BTroula de Meis, que está dirixido por Breogán Pérez. A finais do mes de marzo, e como actividade do programa de divulgación de actividades do ” I TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro máis de 300 rapaces e rapaces do concello participaron nas clases gratuitas que se impartiron no CEIP “Amor Ruibal” e no IES de Barro.

As persoas interesadas nestas clases poden contactar nos teléfonos 615.437.823 ou 625.212.196 ou tamén nos teléfonos da AC Fervenza da Barosa ou no mail fervenzadabarosa@gmail.com

O baile deportivo xa congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes no  pasado “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
—  Mónica Cons Fernández

Presidenta AC Amigos da Fervenza da Barosa de Barro

CLASES BAILE

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s