Comezan as clases de baile deportivo en Barro organizadas pola Fervenza da Barosa e impartidas por BTroula

As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez. Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa, ANPA do IES e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo. As clases terán lugar tódolos mércores para menores ata 13 anos e maiores de 13 anos no Centro Cultural en San Antoniño. A primeira clases de iniciación ao baile, gratuita, terá lugar o vindeiro día 24 de Setembro. O vindeiro  mércores 24 de Setembro en Barro, tódalas persoas que o desexen terán a oportunidade de disfrutar dunha clase gratuita de baile de salón e baile deportivo impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis, e dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.

A partires deste mércores e durante todo o curso, as persoas que o desexen poderán participar nestas clases de baile deportivo e de salón, que terán un coste mensual de 15€/persoa. Os horarios serán das 19.30 ata as 21.00 horas para menores de 13 anos. E a partires das 21.00 horas para maiores de 13 anos. O local donde se celebrarán será o Centro Cultural de San Antoniño, no local cedido polo Concello de Barro.

As materias que se tratarán e o método das clases variarán en función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 13 e maiores de 13).

Esta actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa celebración do” II TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará no vindeiro ano 2015 en Barro, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro.

Cabe sinalar que no ano 2013, o “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.

Este ano 2014, e neste caso en Meis, foi o “I Trofeo Val do Salnés” de baile deportivo, que congregou máis de 80 parellas de baile e máis de 1300 asistentes.

Mónica Cons Fernández

Presidenta AC Amigos da Fervenza da Barosa de Barro
CLASES BAILE1

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s