Un ciclista de Barro, ‘pillado’ con case cinco veces máis alcohol no corpo do permitido

Con case cinco veces máis do límite de alcol permitido. Así circulaba sobre a bicicleta un mozo de 29 anos, veciño de Barro, que foi interceptado pola Garda Civil na zona da Barosa.

Segundo informou o instituto armado, o aviso dun cidadán alertou aos axentes da presenza dun ciclista que circulaba pola N-550, ao seu paso polo municipio de Portas, con evidentes síntomas de alcoholemia.

Unha patrulla da Garda Civil localizou ao mozo circulando en zigzag e invadindo o sentido contrario á súa marcha.

Nas probas practicadas para detectar a alcoholemia en aire aspirado, o ciclista deu senllos resultados positivos de 1,15 e 1,05, cando o límite establecido é de 0,25.

O mozo foi denunciado ante a Xefatura Provincial de Tráfico e enfrontarase a unha posible multa de 1.000 euros e á inmovilización do vehículo.

A Garda Civil lembra que os condutores de ciclos e bicicletas teñen as mesmas responsabilidades e obrigacións nas vías públicas que o condutor dun vehículo a motor e por tanto a taxa máxima de alcoholemia permitida é de 0,25 mg/l.

https://pontevedraviva.com/xeral/47366/ciclista-barro-pillado-sobre-bici-cuadriplicando-taxa-alcoholemia-permitida/

_20180715_233958

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s