Un condutor ferido en Barro tras bater contra a mediana da AP-9

ACCIDENTEUn accidente na autoestrada AP-9, á altura da Portela (Barro), mobilizou onte á noite aos servizos de emerxencia. Un condutor resultou ferido despois de que o seu coche chocase contra a mediana

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 20.30 horas no quilómetro 119 da AP-9.

Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu unha forte conmoción e foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Pontevedra.

Non foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Salnés para excarceralo, a pesar de que varias persoas que acudiron a auxiliar ao ferido tiveron dificultades para abrir as portas do coche.

O accidente produciu bastantes danos na autoestrada. Restos do coche mesmo chegaron a exceder a mediana e acabaron nos carrís de circulación en dirección a Pontevedra.

Axentes da Garda Civil de Tráfico trasladáronse ao lugar para coordinar a circulación ata que os operarios de mantemento de Audasa puideron limpar a zona e retirar os restos do coche sinistrado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43132/conductor-herido-barro-tras-chocar-contra-mediana-autopista-ap9/

 

 

Un ferido ao saírse un vehículo da vía na AP-9 en Barro

accidente barroUnha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá de onte ao saírse da vía un vehículo que chocou contra o gardarraíl da autoestrada AP-9 ao seu paso por Barro. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 11,30 e, tras a chamada dun particular alertando do sinistro, informouse a Tráfico, persoal de estradas e a Protección Civil.

 

Catro feridos leves nun accidente en Barro

Catro acodes resultaron feridas nun accidente ocorrido en Barro a última hora do xoves. O vehíchulo no que viaxaban saír da vía na estrada que une Moraña e Cuntis.

Segundo informa o 112, o accidente ocorreu ás 23.20 horas e ningún dos ocupantes presentaba feridas de gravidade.

Foron mobilizados Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ribadumia e efectivos Protección Civil.

ACCIDENTE NO CRUCE DA RUA AREAL

Un novo accidente de circulación, rexistrado na estrada N-550 no cruce da entrada a Rua Areal.

IMG-20171016-WA0011

COLISIÓN ENTRE DOUS CAMIÓNS EN CURRO

Un accidente entre dous camións na AP-9, á altura de Curro (Barro), causou retencións de varios quilómetros en dirección Santiago. O sinistro, no que se viron implicados un camión e un tráiler, produciuse onte ao redor das 13.15 horas.

Os dous vehículos quedaron sobre a calzada, polo que houbo que cortar o carril dereito. O choque foi por alcance e a cabina do camión máis pequeno quedou totalmente esnaquizada.

accidente curro

UN CHOQUE MÚLTIPLE EN BARRO DEIXA UN FERIDO E PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN NA N-550

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Unha persoa resultou ferida nun choque múltiple acontecido á primeira hora da mañá deste venres na N-550 ao seu paso por Barro.

Tres turismos víronse involucrados no accidente, que tivo lugar á altura de Porráns.

A persoa ferida foi axudada a saír do coche por varias persoas que se atopaban no lugar, segundo informa o 112 Galicia.

A central de emerxencias recibiu unha chamada de alerta dun particular ás 8:40 horas da mañá, polo que se deu aviso ao 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

O accidente condicionou o tráfico na estrada nacional ao ocupar os coches implicados os dous carrís de circulación.

http://pontevedraviva.com/xeral/39783/choque-multiple-barro-deixa-ferido-problemas-circulacion-n550/

accidente en barro

 

ACCIDENTE NO CARBALLAL

_20170829_150500

ACCIDENTE NA PORTELA

FB_IMG_1503322510177

ACCIDENTE NA PORTELA

_20170805_142520

Un novo accidente en San Antoniño

Ayuntamiento de Barro

PORTADA faro-de-vigo
Un novo accidente de circulación, rexistrado na tarde do pasado luns na estrada N-550 á entrada do núcleo de San Antoniño, ha reactividado a vella reivindicación do Concello de Barro ante o Ministerio de Fomento para que se execute unha rotonda no cruzamento deste vial co que conduce á Portela. O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recordou onte que esta petición foi formulada en varias ocasións á Demarcación de Estradas, sen éxito.
En febreiro pasado Abraldes xa trasladaba estas demandas á subdelegada do Goberno e aos responsables de Estradas do Estado para abordar este e outros problemas de seguridade vial na N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño.
Nesta reunión o regidor urgió aos responsables de Estradas a executar canto antes a solución para o cruzamento cara á Rúa Areal. Ao seu xuízo, este cruzamento representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder a Rúa Areal e As Baladas, o tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.
Outro dos puntos conflictivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento da N-550 coa estrada provincial PO-0506 entre Portela e Curro.
accidente barro

 

 

PORTADA faro-de-vigo
Un novo accidente de circulación, rexistrado na tarde do pasado luns na estrada N-550 á entrada do núcleo de San Antoniño, ha reactividado a vella reivindicación do Concello de Barro ante o Ministerio de Fomento para que se execute unha rotonda no cruzamento deste vial co que conduce á Portela. O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recordou onte que esta petición foi formulada en varias ocasións á Demarcación de Estradas, sen éxito.
En febreiro pasado Abraldes xa trasladaba estas demandas á subdelegada do Goberno e aos responsables de Estradas do Estado para abordar este e outros problemas de seguridade vial na N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño.
Nesta reunión o regidor urgió aos responsables de Estradas a executar canto antes a solución para o cruzamento cara á Rúa Areal. Ao seu xuízo, este cruzamento representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder a Rúa Areal e As Baladas, o tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.
Outro dos puntos conflictivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento da N-550 coa estrada provincial PO-0506 entre Portela e Curro.
accidente barro

Accidente na gasolinera da Portela

Os bombeiros de Ribadumia e Pontevedra colaboraron esta tarde no rescate do condutor dun camión comercial que envorcou nunha das gasolineras da Portela, en Barro, na PO-531, en sentido de Pontevedra a Vilagarcía. O suceso ocorreu ás 16.05 horas, segundo informou o 112. O condutor, que era o único ocupante do camión, resultou ferido aparentemente leve, aínda que os danos na cabina foron cuantiosos.

_20170724_161159

Prisión por provocar un accidente en Curro baixo os efectos de sete tipos de drogas

diario pontevedra
Un delito de condución temeraria que absorbe ao de condución baixo os efectos das sustancias estupefacientes en concurso con dous delitos de lesións por imprudencia grave e con outro de condución sen permiso. Esa é a cualificación xurídica definitiva dos feitos cometidos por un individuo multirreincidente que provocou un accidente de tráfico en Curro (Barro) logo de saltarse un stop, conducir en sentido contrario e encaixarse de fronte contra outro vehículo, todo iso baixo os efectos de ata sete sustancias estupefacientes. Os feitos tiveron lugar o 5 de maio de 2014.
A sentenza relata que o agora condenado, penado a dous anos de prisión e á retirada definitiva do carné, circulaba co seu vehículo logo de consumir cocaína, benzoilecgonina, morfina, codeína, acetilmorfina, metadona e lorazepán no término municipal de Barro, cando realizou un xiro prohibido, atravesou os dous carriles e provocou o citado accidente con dúas persoas feridas.
MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:
Drogas-sintéticas

ACCIDENTE NO CRUCE DA RUA AREAL

_20170511_195115

Accidente na N.550

_20170411_083254