Unha veciña de Caldas de 20 anos falece nun accidente de tráfico en Barro

Unha moza de 20 anos faleceu este luns nun grave accidente de circulación rexistrado na estrada N-550 ao seu paso polo termo municipal de Barro.

O sinistro consistiu nunha colisión frontolateral entre un turismo BMW de cor branca e unha furgoneta. A moza falecida era veciña de Caldas de Reis e a condutora e única ocupante do turismo.

Na furgoneta implicada no sinistro circulaban dous ocupantes que resultaron feridos leves e requiriron asistencia sanitaria.

agrupación de tráfico da Garda Civil investiga os feitos, rexistrados ás 21.40 horas no punto quilométrico 110 da N-550 nunha zona da Portela, en Barro, coñecida pola existencia dun avión de chapa instalado na beiravía nos anos 80 e na actualidade abandonado e esnaquizado.

Nun primeiro momento solicitouse a intervención dos Bombeiros de Pontevedra, pero finalmente asumiron a intervención os compañeiros do parque do Salnés, ao non pertencer xa ao termo municipal da capital. Desde os bombeiros da capital si indicaron que colaboraron co resto de equipos. En concreto, foron desprazadas á zona varias dotacións dos parques do consorcio provincial de Bombeiros do Salnés e Vilagarcía.

Testemuñas presenciais indicaron a PontevedraViva que se dá a circunstancia de que pasadas as sete da tarde xa se produciu un accidente leve nese mesmo punto. Dúas horas máis tarde, produciuse esta saída de vía.

https://pontevedraviva.com/xeral/47708/accidente-curro-turismo-furgoneta-joven-fallecida-dos-heridos/

5b5f82cf85-djyfyjgw4am2veh

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s