Nota de prensa.
O Grupo Stop Velutina Barro, que pertenece a asociación Stop Velutina Umia, empeza a retirar os primeiros niños secundarios en Barro. Esta semana foron eliminados varios niños no exterior, pero xa hai duas semanas se sacou o primeiro nunha árbore no lugar do Piñeiro.
A día de hoxe se levan retirado 108 niños en todo Concello de Barro, 45 en Portas e 75 en Cuntis en colaboración cos grupos de Protección Civil de ambos municipios.
Ademáis, hai que lembrar que o grupo Stop Velutina Umia retira niños noutros puntos da comarca e arredores como en Poio, Meis, Moraña e Caldas.
No caso do grupo de Barro que coordina o Primeiro Tenente de Alcalde, José Sanmartin, dende o pasado mes de abril se levan retirado mais de 1500 raiñas e varios milleiros de obreiras nas trampas colocadas por voluntarios e veciños.
O próximo luns as 12:30 integrantes do colectivo de Barro ofrecerán unha charla obradoiro na Ludoteca de Curro para ensinar a facer trampas a todos os nenos e que llo poida transmitir aos seus proxenitores para concienciar do gran problema desta plaga.
O grupo Stop Velutina de Barro está formado por dous membros de protección Civil e voluntarios e voluntarias que todos os días saen a retirar niños.
Habitualmente, cando se recibe un aviso polo mañá sobre a presencia dun niño de velutina, pola noitiña xa se vai retirar, como así informan na sus paxina de Facebook, Stop Velutina Umia.
