Triste nova en Barro. Un motorista de 29 anos faleceu esta noite nun accidente múltiple na estrada PO-531, á altura de Bretoña, na parroquia de Curro.
O sinistro, no que se viron implicados a motocicleta e dous turismos, ocorreu arredor das 21:25 horas no quilómetro 7 da vía que une Pontevedra e Vilagarcía.
A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios do 061 cunha ambulancia medicalizada, os equipos de emerxencia só puideron certificar o falecemento do mozo no propio lugar do accidente.
A Garda Civil de Tráfico investiga as causas deste tráxico suceso. Moita precaución na zona.
D.E.P. 🖤
