Un motorista perde a vida tras colidir cun turismo en Barro

Un motorista de 58 anos de idade, veciño de Perdecanai perdeu a vida este sábado en Barro nun accidente de tráfico tras colidir cun turismo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das nove desta noite na PO-226, á altura co cruce da N-550, en Barro.


A vítima quedou encaixada baixo o coche, con todo, os Bombeiros de Ribadumia non tiveron que excarcerar.

O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puido facer por salvar a vida do motorista.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Deixar un comentario