A cita na ITV terá que seguir na lista de “pendentes”

A última gran festa confinada de Barro

Moitas felicidades Dona Carmen Fontán polo seu 101 aniversario

O PSOE DE BARRO PROPÓN UN PLAN DE RESCATE AO COMERCIO E Á HOSTELERÍA LOCAL

O grupo municipal do PSOE de Barro presentara unha moción para o seu debate no primeiro pleno municipal que se poida celebrar na que propón a creación dun Plan de Rescate ao Comercio e á Hostelería local.
O obxetivo é apoiar aos negocios do municipio a afrontar as consecuencias da crise motivada polo covid-19 con axudas diectas e indirectas.
“Propoñemos a aprobación dunha modificación de crédito que permitise o rescate da partida orzamentaria destinada á Festa do Viño, suspendida este ano, uns 30.000 euros aproximadamente, para destinala a este Plan de Rescate”, sinala o portavoz do grupo socialista, José Sanmartín.
Por unha banda, habilitaríase unha liña de axudas directas con cuantías económicas destinadas a aqueles locales comerciais que tiveron que facer fronte ao pago do aluguer pese a ter cesado a actividade durante o Estado de Alarma.
Por outra banda, crearíase outra liña de axudas indirectas en tres direccións:
A primeira sería dotación dun pequeño stok inicial de materiais como xeles hidroalcólicos, máscaras e luvas para garantir medidas de hixiene nas entradas dos establecementos.
A segunda, creación dunha App para facilitar o consumo no comercio e hostelería locais.
A terceira, realización de campañas de  comercio específicas dotada cunha cantidade suficiente para chegar a todos os establecementos.
Entre elas, presentamos a creación da Campaña Solidaria “O Café Pendente No Teu Bar”.
“Trátase dunha iniciativa para axudar a paliar tamén as perdas que os hostaleiros tiveron estes meses. É algo tan sinxelo como tomar un café e pagar dous.
A cambio, o local reintegra un boleto para un sorteo dun vale no mesmo local.
A recadación dese café pendiente sería íntegramente para o establecemento e tería unha duración de 15 dias”, explica Sanmartín.
Para todo elo os socialistas de Barro plantexan que o Concello convoque  unha Mesa Sectorial sobre o Comercio e Hostalería onde estén presentes representantes dos tres grupos municipais.
IMG-20200509-WA0001

II FESTA INTERBALCÓNS

FB_IMG_1588790504296

SUSPENDIDA A FESTA DO VIÑO DE BARRO

O Goberno municipal acordou suspender a edición XLI da Festa do viño de Barro 2020, que se celebraría os días 18, 19, 20 e 21 de xuño.

A Festa do Viño representa un evento moi consolidado entre a veciñanza de Barro e dos concellos da contorna, pero a situación que estamos a vivir non permite que se poida celebrar este evento dunha maneira segura. A Festa é un evento social, no que ademáis de promocionar os nosos viños, serve para o disfrute de moita xente neses días.

As medidas previstas de desescalada do estado de alarma impiden que actos ou espectáculos festivos e culturais masivos se celebren como de costume, polo que as actividades principais da Festa non poderían celebrarse con normalidade.

Por este motivo, o Goberno municipal acordou suspender a edición deste ano e promete facer un esforzo especial para que no 2021

FB_IMG_1588765335883

Barro axuda a familias necesitadas con vales de compra para alimentos, produtos de hixiene e farmacéuticos