Este xoves día 10 celebrouse a asamblea ordinaria para dar conta da tempada e a tamén a extraordinaria para elixir a nova directiva para os anos 2025-2029.
Un balance moi positivo a pesar de todas as complicacións que fomos atopando no camiño.
A directiva perde a varios compañeir@s que seguirán como soci@s colaboradores da directiva, pero sen ter a responsabilidade do cargo.
Agradecerlles o seu traballo a Ricardo Fernández , vicepresidente, Juan Pena , secretario, Eva Arcos e Cristina Castrelos que eran vogais.
A Directiva queda da seguinte maneira
Presidente
José Sanmartin
Vicepresidente Fútbol Base.
Celestino Piñeiro
Vicepresidente Veteranos e Sénior
Marcelino Sánchez
Tesoureira.
Eva Paredes
Secretaria
Tamara Outón.
Vogais.
Pury González
Miguel A. Iglesias.
Beatriz Rodríguez
Isaac Sartal
Colaborador Directiva.
Daniel Torres
Ricardo Fernández
Juan Pena.
Arrancamos unha nova etapa onde sólo queremos facer un Barro C.F. onde poidamos seguir medrando.
Jose Sanmartin seguirá catro anos como presidente e suma o seu cuarto mandato. “Nun principio tiña pensado non seguir como presidente debido a todas as ocupacións que teño e tamén a querer mais tempo para a miña vida persoal, pero este ano surxiron problemas externos ao clube, que me fixeron reflexionar, dende o mes de de decembro levamos sufrindo unha auténtica persecución que non ten sentido ningún e por éso cando hai unha adversidade e cando non debo abandonar.
A aula de informática do Concello de Barro acolle no mes de Agosto, un Campamento Dixital da man de Fundación Cibervoluntarios,.
-Do 4 ao 14 de agosto (rapaces/as de 9 a 13) -Do 18 ao 29 de agosto (mocidade 14 a 17 anos)
Co obxectivo de formar a nenos, nenas e adolescentes entre os 9 e os 17 anos en competencias dixitais.
Serán sesións de 3 horas diarias de formación gratuíta.
ℹ️Dende crear contidos dixitais ata coidar a súa privacidade na internet e redes sociais, cada actividade está deseñada para conectar aos nenos, nenas e mozas co seu futuro dixital.
🥳Ao finalizar, reciben un certificado DigComp que lles acredita os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións dentro do marco europeo.
✍️O prazo de inscrición para este Campamento Dixital xa está aberto e esténdese ata o 30 de xuño, máis información na OMIX de Barro de maneira presencial (Santo Antoniño, Perdecanai, 12 Barro), por teléfono (690722812) ou por correo electrónico (omix@barro.gal).
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI) posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea.
Veciños e veciñas de Barro sairán a recoller lixo dentro da campaña 1M2 contra a Basuraleza, un movemento de todo o pais liderado por Libera Ecoembes.
A saída contará coa colaboración das comunidades de Montes de Barro, un empresa e persoal do concello para acceder as instalaciós a depositar os residuos. Con esta saída pretendemos ademais de recoller lixo nos montes e viais, concienciar da importancia dunha boa xestión dos residuos, afirma José Sanmartin, Primeiro Tenente de alcalde e responsable da área de Servizos municipais.
Xa están anotados unha docena de personas, pero aínda están a tempo de apuntarse e así poder participar na saída que será este sábado día 7 dende as 10:30h. a 14h.
O lixo recollido depositarase separado en contedores dentro da zona que ten o concello habilitada na nave de obras.
O Concello de Barro converterase o vindeiro domingo 1 de xuño nun punto de encontro para a divulgación e posta en valor da apicultura, grazas á I Xornada Apícola de Barro, organizada pola Asociación Cultural Barosa. O evento, que terá lugar na Escola de Cangrallo (Barro) a partir das 11:00 horas, busca destacar os beneficios ambientais desta práctica tradicional e o papel esencial que xogan as abellas na preservación dos ecosistemas. Ao longo da xornada, o público asistente poderá mergullarse no fascinante mundo das colmeas a través de actividades pensadas para todos os públicos. Esteban Jamardo, presidente da A.C. Barosa e apicultor local, será o encargado de guiar a sesión, que comezará cunha exposición didáctica sobre os compoñentes dunha colmea, os produtos apícolas máis comúns e os perigos que ameazan actualmente á poboación de abellas. Despois da charla introdutoria, haberá unha demostración práctica dunha colmea real, que permitirá comprobar en directo como viven e traballan estes insectos, que son imprescindibles para a biodiversidade. As persoas asistentes que o desexen incluso poderán participar na extracción de mel, empregando material facilitado polos apicultores e apicultoras locais. Como colofón, a xornada rematará unha cata de diferentes tipos de meles, unha oportunidade para descubrir matices, así como para aprender a recoñecer a súa calidade. Esta iniciativa, aberta ao público, nace coa intención de fomentar a conciencia ecolóxica, visibilizando o importante traballo das persoas que se dedican a coidardas abellas e preservar o seu hábitat. Para máis información: Esteban Jamardo (647742581)