Nota de prensa do PP de Barro.
Barro, 20 de maio de 2026.- O grupo municipal do PP de Barro vén de acusar ao goberno local de poñer en risco aos veciños, as vivendas, o gando e o territorio fronte aos lumes forestais por non adherirse ao convenio de limpeza de franxas secundarias dos núcleos de poboación da Xunta de Galicia e da empresa pública Seaga e por non artellar ningunha medida especial de roza ás portas do verán máis alá de publicar bandos informativos.
Os populares salientaron que esta iniciativa do Goberno galego é de gran importancia e, proba delo, é que 293 concellos xa se sumaron á mesma para facilitar e axilizar os traballos de prevención consistentes na limpeza dos radios de 50 metros dos núcleos rurais, polo que calificaron de “inadmisible” a actitude pasotismo e vagancia do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes
Neste senso, lembraron que Barro é un municipio moi sensible a esta lacra por ser unha zona rural e cun gran peso forestal, xa que dispón de moitísimos bosques e zonas arboradas, polo que lamentaron a inacción do executivo municipal para recabar esta axuda da Xunta para rozar e limpar todas as contornas dos núcleo.
O PP local lembrou que o prazo de adhesión ao convenio está aberto durante todo o ano, pero o Goberno galego fixou como primeira data inicial o pasado 21 de marzo para programar todas as actuacións necesarias, “polo que, aínda que Barro se incorpore agora, vai quedar loxicamente fóra destes traballos, xa que nin dá tempo antes da época de calor nin está estipulado pola firma Seaga”.
Así, os populares criticaron que 59 días despois desta data límite siga sen pedirse a adhesión ao convenio de maneira inmediata, pero é que ademais elevou o seu malestar porque a práctica totalidade dos alcaldes consideran a proposta moi interesante e proba delo é que se sumaron masivamente. “Se todo o mundo quere este convenio para facilitar a limpeza das contornas dos núcleos, aínda non sabemos a que están agardando en Barro”, detallaron desde o PP, que cre que o rexedor estase trabucando absolutamente cos tempos neste asunto e esíxelle que rectifique para protexer a Barro nas mellores condicións ante a posible aparición de lumes forestais.
