A de San Xoán é a noite máis máxica do ano, e este ano celebrámola ao redor da cacharela no Pazo da Crega!
📅 Martes, 23 de xuño
🕤 21:30 horas
Ven saltar as lapas, escoitar boa música e compartir unha noite inesquecible coa veciñanza. 🌙✨
🍖 CEA CON NÓS
Podes apuntarte ao churrasco e pan por só 15€, ou se o prefires, traer a túa propia cea e disfrutar igualmente da festa. En calquera dos dous casos, é imprescindible reservar praza con antelación.
🍺 Haberá barra de bebidas para que non falte de nada durante toda a noite.
🎶 E para que a festa sexa completa, contaremos con música en directo!
📞 Reserva a túa praza:
👉 Esteban: 647 742 581
👉 Xabier: 687 182 439
Organizan: AC Barosa e Asociación Peñaflor de Barro
Colabora: Concello de Barro
🔥 Non deixes pasar a noite de San Xoán sen celebrala como merece. Anótate!🔥

