📽️ Atréveste?
👉 Invitámoste a participar no concurso de curtametraxes Curtas D-Medo 2026!
⚠️ Este ano hai cambios nas bases, aquí tes un resumo rápido:
🎥 Quen pode participar?
Individual ou en grupo (con autorizacións no caso de menores).
3 categorías:
-Trasnos (IES de Barro): alumnado de 1º a 4º da ESO.
-Tardos (afeccionados): maiores de 14 anos sen traxectoria profesional.
-Xacias (semiprofesional): maiores de 14 con experiencia audiovisual.
-Todas as curtas participan no Premio do Público (Santa Compaña.
📝 Inscricións
A na OMIX de Barro ou en 📧 omix@barro.es
📅 Prazo: ata 23 de outubro de 2026
🎬 Como debe ser a curta?
Máximo 3 minutos (sen créditos).
En galego (audio e texto).
Podes gravar con móbil ou calquera dispositivo.
Permítese o uso puntual de IA para efectos visuais.
Ten que ser orixinal.
⚖️ Importante
Respectar dereitos de imaxe e autoría.
Non se admiten contidos ofensivos ou ilegais.
🏆 Premios
🎖️ -Xaizas (semiprofesional):
1º premio: 200 €
2º premio: 100 €
🎖️ -Tardos (afeccionados):
1º premio: 100 €
2º premio: 50 €
🎖️- Trasnos (IES): Premio: 60 €
🎖️ -Santa Compaña: Premio do público: 40 €
ESTREA: 31 de outubro no Pazo da Crega, coa proxección das curtas e entrega de premios.
✨ Xunta un equipo e aproveita o verán para gravar a túa historia.
BASES COMPLETAS: barro.sedelectronica
Segunda actividade de Dándolle á lingua, actividade financiada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro.
Omix Barro Omix
