


O Concello de Barro pechou o exercicio económico 2016 cun superávit de 545.032,56 euros no remanente de tesourería que agora se destinará á realización de obras e proxectos municipais.
Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse o 100% dos investimentos previstos nas contas de 2016, que ascendían a 2.385.000 euros.
Á vista das cifras, o goberno local considera que son un reflexo da “boa xestión económica” que fan. Tiveron, segundo explicaron, un aforro importante no gasto corrente, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de menos de 20 días, debaixo dos 30 que marca a lei.
De cara a este ano 2017, o goberno local anuncia que vai seguir coa mesma política económica, que lles permitirá “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e mellorar os servizos e equipamentos municipais. Sobre o destino que darán ao remanente de 2016, explica que serán obras e proxectos municipais e que se adaptarán ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.
O goberno local tamén aproveitou, a través dun comunicado, para defender que desde a súa chegada no ano 2015 apostan por unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación transparente e unha política de aforro no gasto correnteque permiten lograr que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais.




Na medianoite do 20 de xuño do 2015, unha patrulla da Policía Nacional deu o alto a un Renault Clio que circulaba pola contorna do polígono industrial de o Vao (Poio). O condutor, crendo estar en situación de procura e captura, acelerou dándose á fuga a gran velocidade.
Perseguido polo coche patrulla e un segundo vehículo policial sen distintivo algún, o Clio introduciuse na PO-531 e enfilou cara a Vilagarcía, localidade da que era oriundo un dos ocupantes do coche. Sen ben, en Campañó, tomou o ramal que enlaza coa N-550 e puxo rumbo cara a Caldas. O seu peregrinaxe levoulles por Portas e Barro ata que, nun momento dado, de novo dirixíronse cara á capital arousana.
MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:





A partir deste domingo 2 de abril, Barro estrea o seu novo mercadillo. Máis dun centenar de vendedores participarán nesta feira, que a partir de agora pasa a estar xestionada directamente polo Concello.
As expectativas ante esta reestrea son “moi boas”, segundo explicou a PontevedraViva o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes. As solicitudes de vendedores “desbordan practicamente” todo o espazo dispoñible para o mercado.
Neste primeiro día de mercado municipal, na tarde do domingo, haberá unha oferta “importante” de produtos e, sobre todo, de novos vendedores que acudirán a Barro por primeira vez. A metade dos ambulantes xa participaban na feira actual, pero o resto será xente que “nunca viñera”, lembra o alcalde.
“Estamos convencidos de que será unha feira bonita e animamos a toda a xente a que nos visite, que seguro que atopará ofertas de interese”, destaca Fernández Abraldes, que celebrou a maior variedade de produtos que se poñerán á venda nesta nova etapa.
Para acoller a toda esta oferta, o Concello de Barro tivo que reordenar e reorganizar todo o espazo no que se instala a feira “porque senón ía ser difícil acomodar a todos”. O alcalde explica que “espremeremos ao máximo” as posibilidades que ofrece esta zona “e non caso de que teñamos que ampliar estaremos preparados”.
E é que este mercado ambulante, segundo o goberno municipal, será “algo dinámico”. É dicir, a partir da feira do próximo 2 de abril, se existise unha maior demanda para montar máis postos poderíase ampliar. “Queremos que sexa un punto de encontro de vendedores e compradores e non imos a poñer límites ao mercadillo”, afirma Abraldes.
Ademais, a feira supoñerá un maior beneficio para as arcas municipais. A actual empresa concesionaria pagaba unha taxa anual de 7.000 euros ao ano para xestionar o mercado, unha cantidade que o Concello espera recadar “con creces” nun só trimestre.
Iso si, Xosé Manuel Fernández Abraldes matiza que o cambio de xestión non responde a un criterio económico. O goberno municipal buscaba “normalizar” a situación da feira, de forma que todos os ambulantes que vendan os seus produtos fágano “con liberdade”, sabendo que pagan unhas taxas “oficiais” marcadas nun regulamento “e sen ningún tipo de descontrol”.

Charla informativa sobre o proxecto Iniciativa Xove no Concello de Barro.
Axudas de ata 5.000 euros para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, (pendente de convocatoria, datos da convocatoria do ano 2016)
DATA: sábado día 8 de abril ás 12.00 h da mañá no salón de actos da Biblioteca Pública de Barro.
PRAZO de inscrición dende o día 28 de marzo ata o 5 de abril.
No teléfono: 986714806 / 690722812.
No e-mail: omix@barro.es
Na oficina no seguinte horario: LUNS, MÉRCORES, VENRES E SÁBADOS DE 9:00 A 14:00 MARTES E XOVES DE 16:00 A 21:00.

O grupo Galifunk Brass lanza o seu primeiro videoclip, gravado nos concellos de Pontevedra e Poio, dita Banda conta con 5 musicos pertencentes á Banda Xuvenil de Barro, noraboa.
Entre dez e doce cabalos foron atopados soltos na N-550. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dun particular ás 11.30 horas deste sábado. Segundo o seu relato, os animais foron localizados no punto quilométrico 110 da estrada, sentido Coruña.
Enseguida, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Barro e de Pontevedra.



