A Deputación financia sete novos proxectos do Plan Concellos por 250.000 euros en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou sete novas aportacións ao Concello de Barro no marco do Plan Concellos 2017 que suporán un investimento total de 250.169,34 euros.

Con estes sete novos proxectos, Barro completa o seu financiamento ao abeiro do Plan Concellos 2017, no que este ano recibe arredor de 420.000 euros.

Segundo informou a Deputación a través dun comunicado, entregará a cantidade de 48.728,91 euros para realizar tarefas de saneamento na estación da Portela e Güimil, 24.621,64 euros para labores de seguridade en viarios de San Amaro e Lardoeira; e 54.428,01 euros para a mellora e ampliación de diversos viarios municipais.

Outros investimentos serán 51.098,70 euros que o Concello de Barro destinará a financiar o saneamento de Fonte de Curro, 24.411,69 euros para a mellora e seguridade de accesos na Magdalena e no concello, 21.893,39 para a mellora do alumeado público exterior e 24.987 con destino ao financiamento dunha acción de seguridade viaria e accesibilidade.

Coa suma destas novas achegas, Barro é un dos primeiros concellos que completan o investimento recibido da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2017.

http://pontevedraviva.com/xeral/36734/deputacion-barro-completa-investimento-plan-concellos-2017-sete-investimentos-250000-euros/

58763c66de-20170111-patxot-froiz-carmela-silva-xose-manuel-abraldes-006

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s