As Escolas Nacionais

PASAS MÁIS FAME QUE UN MESTRE DE ESCOLA.

En 1910, o soldo dun mestre era de 1000 pesetas anuais, moi inferior ao dun peón da construción. Ata tal punto era penosa a súa situación económica que o saber popular terminou por acuñar a triste e expresiva frase: “PASAS MÁIS FAME QUE UN MESTRE DE ESCOLA”. Así, nos ambientes rurales o seu esforzo e dedicación víanse recompensados co agradecimiento dos pais dos alumnos, quen, ofrecíanlle produtos das suas casas. Con isto aliviaban en parte a miseria a que o seu salario reducíalle.

A LETRA CON SANGUE ENTRA.

Posto que a función do mestre baséase no principio de autoridade, na escola os castigos estaban á hora do día e, segundo quen os aplicase, podían ser en verdade crueis e humillantes para o alumno. Calquera falta ou incumplimiento da norma, por leve que fóra, era merecedora dunha reprimenda ou un penalización. Os castigos máis habituais eran colocar ao alumno nun recuncho, cara á parede, con libros nas mans e orellas de burro; os palmetazos, os coscorrons e algún que outro bofetón. Era tamén costume facer que o alumno copiase cincocentas ou mil veces unha frase relacionada co delito, como “Non falarei na clase”ou “Non contestarei ao meu mestre”.

Na década dos 60 existían en Barro doce escolas nacionais, estas fotos corresponden á situada no antigo concello de Barro e a situada na parroquia da Portela.

PERDECANAI

DSC_0182

PORTELA

DSC_0172

PORTELA

12

PORTELA

13

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s