Adxudicados os seguros do Concello e o servizo de axuda no fogar

O Concello vén de rematar o proceso de adxudicación de dúas licitacións que tiña pendentes: o novo contrato de seguros e o servizo de axuda no fogar.

Dúas empresas foron as que se presentaron ao concurso, adxudicándoselle o contrato a MGS Seguros y Reaseguros S.A., que presentou a oferta máis baixa por importe de 16.567,44 euros anuais.

É un 17% menos do que viña pagando o Concello. Ademais, ofreceu reducir as franquías e aumentar as coberturas e indemnizacións en caso de sinistro.

Con respecto ao contrato do servizo de axuda no fogar, presentáronse un total de sete ofertas.

A proposta da compañía pontevedresa Idades SL é a que resultou gañadora do concurso, ao presentar o prezo por hora global máis baixo e, polo tanto, ser a máis vantaxosa para o Concello.

_20170512_215359

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s