O GRUPO SOCIALISTA DE BARRO, NA DEFENSA DOS SECTORES PERXUDICADOS POLA PANDEMIA

O Grupo Socialista presentou este mércores no pleno da corporación municipal unha moción de apoio aos sectores que peor o están pasando nesta pandemia. 
Despois dun acordo co grupo de goberno de Barro, ambas formacións deciden unir as duas mocións nunha soa e presentala conxuntamente, de xeito que foi aprobada por unanimidade cos votos do BNG e PSOE. 
O Grupo Popular non participou no pleno e tampouco o fixo na Comisión informativa do pasado luns. 
Segundo explica o portavoz do grupo socialista, José Sanmartín, a moción promove a consecución dun acordo entre administración local, provincial e autonómica para crear un fondo de rescate aos sectores perxudicados da crise sanitaria provocada pola pandemia onde cada administración aporte a mesma porcentaxe do seu orzamento xeral en curso. 
“Sería unha formula que emularía á administración xermana co fin de que cada vez que se decreten medidas restrictivas e peches se estableza unha partida económica para paliar as consecuencias en hostelería, comercio, cultura, feiras, orquestras, etc..” sinala Sanmartín.
Ademáis deste punto, o pleno tamén aprobou por unanimidade a elección do espazo onde está ubicado actualmente o Centro de Saúde co fin de poñer os terreos á disposición da Xunta de Galicia para a construcción do novo centro de Saúde.
“Dende o Grupo Socialista apoiamos esta opción, aínda que estamos abertos a outras alternativas como a Rua do Pazo, un espazo de gran amplitude no entorno do Pazo da Crega, que, ademáis, ofrecería a oportunidade de extender o casco urbano, impulsando a construcción de novas vivendas na zona”. 
Por último o voceiro socialista fixo unha valoración da campaña de Nadal realizada polo Concello “que puido ser máis eficaz si os cartos que se gastaron nos lotes de productos se invertisen en vales compra, de xeito que redundase de novo no comercio local”.
“Consideramos que a Promoción Económica do Concello e moi mellorable. Creemos que o Concello está indo por detrás da situación e non está axudando como é debido ao noso comercio local.Necesita maior implicación e que non sexa somente un queda ben en fotos senon que sexa útil para os propios establecementos que serían os beneficiados”.

Área comunicación PSdG-PSOE Barro. 

TIC EMPRENDES EN FORMATO VIRTUAL

TIC EMPRENDES EN FORMATO VIRTUAL (adaptación a situación COVID-19)

SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN: https://www.depo.gal/tic-emprendes

Bando: Elaboración da guía de comercio de Barro

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/homehttps://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home

D.E.P. Doña Alejandra Mouriño Ruibal

Positivo en alcol tras levar varios coches por diante

D.E.P.D. BASILIO FERNANDEZ CHAN

MELLORA DUNHA DAS DEPURADORAS DE BARRO

D.E.P. Dña. MARÍA EVA LEONOR OCAMPO GARCÍA

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

DUAS OFERTAS DE EMPREGO EN BARRO

https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home
Seguir lendo

PERCORRIDO DOS REIS MAGOS POR BARRO

👑 Este é o percorrido que farán os Reis Magos por Barro, en carruaxes de cabalos.

🐎 É unha ruta deseñada para que, aínda que vaian a cabalo, poidan pasar por todas as parroquias.

😷 Escolle un lugar de todo o percorrido para velos e lembra extremar ao máximo as medidas de seguridade: distanciamento de seguridade e máscara.

📌 Estes son os lugares principais e as horas aproximadas polas que pasarán os Reis:

Lombo da Maceira: 15:00 h
San Amaro: 15:15 h
Bretoña: 15:30 h
Outeda: 15:45 h
Estación da Portela: 16:00 h
Igrexa de Agudelo: 16:15 h
Madanela: 16:30 h
Piñeiro (Valiñas): 16:45 h
Porráns: 17:00 h
Triabá: 17:15 h
Igrexa de Perdecanai: 17:30 h
Outeiro: 17:45 h
Pazo da Crega: 18:00 h
Lembrade que os horarios son orientativos.

Por outra banda e segundo os protocolos da Xunta de Galiza, ninguén se pode achegar aos Reis Magos, tampouco estes poderán tirar caramelos aos nenos/as.

Animamos a todos/as a que vos acheguedes ao punto máis próximo as vosas casas.

Evitade aglomeracións, buscando espazos ampios, que hai moitos ao longo do traxecto, para poder ver os Reis con seguridade.

Os Reís Magos visitarán Barro

👑 Os Reís Magos visitarán Barro o próximo día 5.

🐎 Como este ano non se pode facer a cabalgata e a festa habitual, recorrerán eles mesmos todas as parroquias en carruaxes.

⚠️ Ao ir en cabalos, o percorrido terá que ser curto, polo que é importante que esteades atent@s ao itinerario que se vai publicar nos vindeiros días para poder velos no lugar máis cercano ás vosas casas.

O comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións.

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acaba de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame, pasan ao nivel máximo de restricións.

Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto. Do mesmo xeito, Noia e Lousame comparten tamén peche perimetral.

Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

O comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de concellos con vixilancia especial a Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Este martes pola mañá a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do fin de ano para Galicia.

Barro pasa ao nivel de restricions medio – alto