𝗔 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗻𝗴𝗿𝗮𝗹𝗹𝗼 𝘅𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮 𝗰𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮 𝗰𝘂𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮

O Alcalde comprobou o remate da primeira fase das obras de mellora da escola de Cangrallo acompañado polo Presidente da Xunta de Montes da parroquia, José Ramón Lagares.

Durante a visita o Alcalde informou ao Presidente da Comunidade de Montes de que este ano se vai executar unha segunda fase para conseguir unha rehabilitación total deste edificio. O proxecto da segunda fase consistirá no cambio da instalación eléctrica e a fontanería, no cambio do piso orixinal dunha das aulas, xa que se encontra en mal estado, e na dotación dun novo aseo adaptado para que este local social se atope en perfecto estado cando a evolución da pandemia que estamos vivindo permita novamente a realización de actividades sociais.

Á rehabilitación integral desta edificio público vaise sumar durante este 2021 unha actuación co mesmo obxectivo na escola de Agudelo, que actualmente é o único local social desa parroquia, así como melloras na escola de Curro, que é a única que a día de hoxe funciona como escola unitaria en todo o concello.

D.E.P DOÑA MARÍA ALSIRA GÜIMIL FERNÁNDEZ

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

O GRUPO SOCIALISTA DE BARRO, NA DEFENSA DOS SECTORES PERXUDICADOS POLA PANDEMIA

O Grupo Socialista presentou este mércores no pleno da corporación municipal unha moción de apoio aos sectores que peor o están pasando nesta pandemia. 
Despois dun acordo co grupo de goberno de Barro, ambas formacións deciden unir as duas mocións nunha soa e presentala conxuntamente, de xeito que foi aprobada por unanimidade cos votos do BNG e PSOE. 
O Grupo Popular non participou no pleno e tampouco o fixo na Comisión informativa do pasado luns. 
Segundo explica o portavoz do grupo socialista, José Sanmartín, a moción promove a consecución dun acordo entre administración local, provincial e autonómica para crear un fondo de rescate aos sectores perxudicados da crise sanitaria provocada pola pandemia onde cada administración aporte a mesma porcentaxe do seu orzamento xeral en curso. 
“Sería unha formula que emularía á administración xermana co fin de que cada vez que se decreten medidas restrictivas e peches se estableza unha partida económica para paliar as consecuencias en hostelería, comercio, cultura, feiras, orquestras, etc..” sinala Sanmartín.
Ademáis deste punto, o pleno tamén aprobou por unanimidade a elección do espazo onde está ubicado actualmente o Centro de Saúde co fin de poñer os terreos á disposición da Xunta de Galicia para a construcción do novo centro de Saúde.
“Dende o Grupo Socialista apoiamos esta opción, aínda que estamos abertos a outras alternativas como a Rua do Pazo, un espazo de gran amplitude no entorno do Pazo da Crega, que, ademáis, ofrecería a oportunidade de extender o casco urbano, impulsando a construcción de novas vivendas na zona”. 
Por último o voceiro socialista fixo unha valoración da campaña de Nadal realizada polo Concello “que puido ser máis eficaz si os cartos que se gastaron nos lotes de productos se invertisen en vales compra, de xeito que redundase de novo no comercio local”.
“Consideramos que a Promoción Económica do Concello e moi mellorable. Creemos que o Concello está indo por detrás da situación e non está axudando como é debido ao noso comercio local.Necesita maior implicación e que non sexa somente un queda ben en fotos senon que sexa útil para os propios establecementos que serían os beneficiados”.

Área comunicación PSdG-PSOE Barro. 

TIC EMPRENDES EN FORMATO VIRTUAL

TIC EMPRENDES EN FORMATO VIRTUAL (adaptación a situación COVID-19)

SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN: https://www.depo.gal/tic-emprendes

Bando: Elaboración da guía de comercio de Barro

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/homehttps://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home

D.E.P. Doña Alejandra Mouriño Ruibal

Positivo en alcol tras levar varios coches por diante

D.E.P.D. BASILIO FERNANDEZ CHAN

MELLORA DUNHA DAS DEPURADORAS DE BARRO

D.E.P. Dña. MARÍA EVA LEONOR OCAMPO GARCÍA

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

DUAS OFERTAS DE EMPREGO EN BARRO

https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home
Seguir lendo

PERCORRIDO DOS REIS MAGOS POR BARRO

👑 Este é o percorrido que farán os Reis Magos por Barro, en carruaxes de cabalos.

🐎 É unha ruta deseñada para que, aínda que vaian a cabalo, poidan pasar por todas as parroquias.

😷 Escolle un lugar de todo o percorrido para velos e lembra extremar ao máximo as medidas de seguridade: distanciamento de seguridade e máscara.

📌 Estes son os lugares principais e as horas aproximadas polas que pasarán os Reis:

Lombo da Maceira: 15:00 h
San Amaro: 15:15 h
Bretoña: 15:30 h
Outeda: 15:45 h
Estación da Portela: 16:00 h
Igrexa de Agudelo: 16:15 h
Madanela: 16:30 h
Piñeiro (Valiñas): 16:45 h
Porráns: 17:00 h
Triabá: 17:15 h
Igrexa de Perdecanai: 17:30 h
Outeiro: 17:45 h
Pazo da Crega: 18:00 h
Lembrade que os horarios son orientativos.

Por outra banda e segundo os protocolos da Xunta de Galiza, ninguén se pode achegar aos Reis Magos, tampouco estes poderán tirar caramelos aos nenos/as.

Animamos a todos/as a que vos acheguedes ao punto máis próximo as vosas casas.

Evitade aglomeracións, buscando espazos ampios, que hai moitos ao longo do traxecto, para poder ver os Reis con seguridade.