🐎 Como este ano non se pode facer a cabalgata e a festa habitual, recorrerán eles mesmos todas as parroquias en carruaxes.
⚠️ Ao ir en cabalos, o percorrido terá que ser curto, polo que é importante que esteades atent@s ao itinerario que se vai publicar nos vindeiros días para poder velos no lugar máis cercano ás vosas casas.
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acaba de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame, pasan ao nivel máximo de restricións.
Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto. Do mesmo xeito, Noia e Lousame comparten tamén peche perimetral.
Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.
O comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións.
Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de concellos con vixilancia especial a Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois.
Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.
Este martes pola mañá a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do fin de ano para Galicia.
En Baiona, un home faleceu esta tarde mentres cargaba un camión guindastre.
A vítima era natural do concello de Barro. O suceso ocorreu arredor das 17:00. O home estaba subindo un coche e unha moto ao seu guindastre. Ao parecer, a rampla do vehículo caeu embaixo provocando o fatal accidente.
Os Comercios, Peluquerías, Empresas e Hostelería de Barro queremos poñer de manifesto a nosa repulsa polo peche perimetral que temos na actualidade e que non se sostén de ningunha maneira ao estar Barro nunha incidencia moi moderada durante toda a pandemia. Na actualidade hai entre 1 e 9 casos según datos oficiales do Sergas polo mapa que publican. Despois dun un mes de peche obrigado para Hostelería, unha semana de Peche Perimetral e visto que onte Non se tuvo en conta a Barro, nin se citou, vémonos na obriga de manifestarnos con esta SEGUNDA CONCENTRACIÓN para expoñer a nosa mais enérxica repulsa ao peche perimetral e tamén as restriccións de toque de queda as 23h. especialmente no fin de semana.
Para hostelería os fins de semana con toque de queda as 23h é totalmente perxudicial e unha ruina. Barro ao ser un sitio de paso e situado estratéxicamente , aquí veñen moitas persoas de fóra do concello a mercar e consumir e queremos que así siga sendo. Verducido, Briallos, Mosteiro, Moraña, Ceroponzóns, a Devesa son parroquias limítrofes que mercan moito en Barro e ao Non poder vir perxudican moitisimo as ventas e en especial nestas datas. Vamos poñer varios exemplos de perxuicio para os negocios. Onte Non pudo vir a súa cita nunha peluquería un neno de Portas e xa van duas veces que a cancela por Non poder desplazarse. Onte anularon varias ceas para Raxofesta no finde por non poder vir debido peche perimetral. Outro local de hostelería estaba pechado ás 21:00 Ése local sempre ten moitas xente e leva dende que ten toque de queda nesa situación. E así Moitisimas mais situacións que afectan a todos os negocios. Os comerciantes e hosteleiros en xeral cumplimos a normas estrictamente e tamén velamos porque nos nosos establecementos así suceda. Somos os primeiros en querer que ésto remate e para éso queremos ser parte da solución e non o problema.
Por éso esiximos. Barro Libre Xa!! Barro Sen peche perimetral Xa!!! Peche perimetral NON!! Apertura Xa !!