Este luns día 22 de marzo constituese formalmente a Asociación de Empresari@s de Barro, AsemBarro.
Despois de varias reunións telemáticas, o grupo de empresarios locais promotores da Asociación reuníronse presencialmente para formalizar a constitución do colectivo empresarial.
Ademais de diversas iniciativas e propostas que se van ir poñendo en marcha, AsemBarro centra inicialmente a sua actividade en promover a adhesión de asociados entre as empresas e autónomos locais e ofrecerlles información sobre as axudas convocadas para aliviar os efectos da pandemia.
Para tal finalidade contarán coa colaboración dunha avogada especialista en dereito económico que realizará a cobertura de asesoramento para tramitar as posibles axudas dos diversos estamentos públicos.
Unha gran parte dos autónomos ven como as asesorías están saturadas e por éso AsemBarro quere ofrecer este servizo aos asociados.
A maiores, campañas de dinamización do comercio e hostelería, cursos, realización de eventos e outras accións serán outra parte importante dos obxetivos deste colectivo, que pretende crear sinerxias comerciais e colaboracións interempresariais.
A directiva de AsemBarro constituída oficialmente este luns está composta por catro homes e catro mulleres.
Presidente, Jesús Moreira ( empresa sector servicios ) Vicepresidente, Sergio Orge (sector Hostelería) Tesorera, Sonia Castro ( Sector Peluquería) Secretario, Manuel Solla (Sector Hosteleria) Vogais: Lorena Ferreiro (Sector Lavandería) Lucía Diz (Sector Textil) Miguel Reboreda (Sector Alimentación) Jaqueline Magariños (Sector Hostelería)
AsemBarro celebrará en breve unha presentación pública do logo da Asociación e creará unha paxina de Facebook e outra de Instagram.
Unha vez que os Estatutos estean validados pola Xunta e dispoñan do CIF definitivo, abrirase un período de inscripción dos socios que deberán aceptar as condicións e abonar mediante transferencia unha cuota anual que pode ser con abonos semestrais nos períodos indicados na folla de inscripción.
Neste primeiro ano de posta en marcha só se abonará un semestre

