O Grupo Socialista presentou este mércores no pleno da corporación municipal unha moción de apoio aos sectores que peor o están pasando nesta pandemia.
Despois dun acordo co grupo de goberno de Barro, ambas formacións deciden unir as duas mocións nunha soa e presentala conxuntamente, de xeito que foi aprobada por unanimidade cos votos do BNG e PSOE.
O Grupo Popular non participou no pleno e tampouco o fixo na Comisión informativa do pasado luns.
Segundo explica o portavoz do grupo socialista, José Sanmartín, a moción promove a consecución dun acordo entre administración local, provincial e autonómica para crear un fondo de rescate aos sectores perxudicados da crise sanitaria provocada pola pandemia onde cada administración aporte a mesma porcentaxe do seu orzamento xeral en curso.
“Sería unha formula que emularía á administración xermana co fin de que cada vez que se decreten medidas restrictivas e peches se estableza unha partida económica para paliar as consecuencias en hostelería, comercio, cultura, feiras, orquestras, etc..” sinala Sanmartín.
Ademáis deste punto, o pleno tamén aprobou por unanimidade a elección do espazo onde está ubicado actualmente o Centro de Saúde co fin de poñer os terreos á disposición da Xunta de Galicia para a construcción do novo centro de Saúde.
“Dende o Grupo Socialista apoiamos esta opción, aínda que estamos abertos a outras alternativas como a Rua do Pazo, un espazo de gran amplitude no entorno do Pazo da Crega, que, ademáis, ofrecería a oportunidade de extender o casco urbano, impulsando a construcción de novas vivendas na zona”.
Por último o voceiro socialista fixo unha valoración da campaña de Nadal realizada polo Concello “que puido ser máis eficaz si os cartos que se gastaron nos lotes de productos se invertisen en vales compra, de xeito que redundase de novo no comercio local”.
“Consideramos que a Promoción Económica do Concello e moi mellorable. Creemos que o Concello está indo por detrás da situación e non está axudando como é debido ao noso comercio local.Necesita maior implicación e que non sexa somente un queda ben en fotos senon que sexa útil para os propios establecementos que serían os beneficiados”.
Área comunicación PSdG-PSOE Barro.
