
👑 Este é o percorrido que farán os Reis Magos por Barro, en carruaxes de cabalos.
🐎 É unha ruta deseñada para que, aínda que vaian a cabalo, poidan pasar por todas as parroquias.
😷 Escolle un lugar de todo o percorrido para velos e lembra extremar ao máximo as medidas de seguridade: distanciamento de seguridade e máscara.
📌 Estes son os lugares principais e as horas aproximadas polas que pasarán os Reis:
Lombo da Maceira: 15:00 h
San Amaro: 15:15 h
Bretoña: 15:30 h
Outeda: 15:45 h
Estación da Portela: 16:00 h
Igrexa de Agudelo: 16:15 h
Madanela: 16:30 h
Piñeiro (Valiñas): 16:45 h
Porráns: 17:00 h
Triabá: 17:15 h
Igrexa de Perdecanai: 17:30 h
Outeiro: 17:45 h
Pazo da Crega: 18:00 h
Lembrade que os horarios son orientativos.
Por outra banda e segundo os protocolos da Xunta de Galiza, ninguén se pode achegar aos Reis Magos, tampouco estes poderán tirar caramelos aos nenos/as.
Animamos a todos/as a que vos acheguedes ao punto máis próximo as vosas casas.
Evitade aglomeracións, buscando espazos ampios, que hai moitos ao longo do traxecto, para poder ver os Reis con seguridade.
