MOCIÓN Ó PLENO DA CORPORACIÓN Ó PLENO DO CONCELLO DE BARRO

José Sanmartín Soto e Margarita Canai Pintos integrantes do Grupo Municipal socialistas de barro Socialista no concello de Barro, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

  Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento do concello de Barro, unha situación  de desamparo veciñal e de  non saber a quen dirixirse a hora de solucionar problemas como o de atoparnos un coche que está entorpecendo a entrada e saída  dos garaxes. Esta situación que se ten dado xa en varias ocasións no centro do San Antoniño, ten que facernos reflexionar e pensar que os veciños non teñen por qué sufrir os despistes ou erros de quen non se da conta  onde deixa o coche.

Despois de que xa houbo  multidude de casos que xa se teñen  denunciado, pedimos por parte do concello que se tomen varias medidas urxentes.

 Solicitamos:

 1º  Sacar unha normativa de Vados.

 2º Facer un convenio coa Garda Civil ou mesmo Concellos  da zona de influencia que teñan o servizo de policia local e grúa.

 3º Diante destes casos de emergencia, facer un convenio de colaboración con algunha empresa de grúas, para poder retirar o vehículo dunha forma inmediata.

 4º  Dado que moitos destes casos son despistes , solicitamos pintar  as entradas  dos garaxes.

 José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

CAMPO DE FUTBOL MONTE DA CHAN

Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento dos veciños  que o concello segue na sua teima socialistas de barrode querer construir un campo de fútbol no Monte da Chan, nunca franxa afectada polo  castro alí existente e  que mesmo fai xa uns cantos anos se fixeron  nel catas arqueológicas. Esta obra que mais que un campo de fútbol acabará sendo un aparcamento para as festas que se fan alí, cousa a que non nos opoñemos, parecenos innecesaria e un atentado contra o sentido común, ademais de unha aberración ecolóxica, das habituales en Barro.

Na última xunta de goberno ven de aprobarse un pagamento de mais de seis centos euros a unha empresa de topografia polas medicións de dito espacio. A cantidade pagada a empresa  non é moi elevada, pero os custes de dito campo de fútbol si o serán , estando valorados en o redor duns 234.000 € , segundo di o  orzamento da contrata que  recoñece a acta da xunta de goberno do dia oito de abril. Ademais este gasto sería imposible de levar a cabo, xa que o Plan de axuste que ten unha duración de dez anos , non recomenda ningún tipo de inversión con fondos propios.

Os Socialistas de Barro  pensamos que na actualidade  xa hai  dous campos de fútbol no Concello e  son estes os que  deberíamos dotalos de melloras e non facer mais obras desas de non acabar mais. É verdade que no campo de San Antoniño se fixeron uns vestiarios novos , pero tamén é  unha triste realidade  que somos un dos poucos concellos que está no olvido das autoridades locais e provinciais, en canto a dotación  nalgún dos  existentes  de herba sintética.

Nos somos sabedores e conscientes de que a administración local non pasa os seus mellores tempos económicos, pero o que non se pode facer , é ir sementando cartos  en terreos  a ermo, xa que os poucos recursos que temos, hai que aproveitalos  moi ben.

Tamén queremos neste caso facer unha crítica  a Deputación de Pontevedra polo agravio comparativo que está a facer co noso concello deixandoo que quedemos cada dia mais atrás. Noutros concellos está facendo inversións millonarias como apuntalamento de novos gobernos que históricamente eran socialistas, e que tiñan como no caso do noso concello veciño de Moraña, unhas contas saneadas e servicios básicos moi avanzados. En Barro nin servicios avanzados, nin contas saneadas, e ademais de ningunedaos polas outras administracións.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

Escrito da Agrupación Socialista para o concello de Barro

Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento do concello de Barro, unha socialistas de barrosituación  de desamparo veciñal e de  non saber a quen dirixirse a hora de solucionar problemas como o de atoparnos un coche que está entorpecendo a entrada e saída  dos garaxes. Esta situación que se ten dado xa en varias ocasións no centro do San Antoniño, ten que facernos reflexionar e pensar que os veciños non teñen por qué sufrir os despistes ou erros de quen non se da conta  onde deixa o coche.

Este domingo dia 28 de abril un vehículo botou no acceso o garaxe do edificio As Baladas  dende cando menos a unha da madrugada ata que a sua  propietaria o retirou a unha  da tarde. Dende ben cedo a xente  tivo que recurrir a familiares ou mesmo un  taxi para ir a traballar. Curiosamente desta vez non había forma de sair xa que incluso a saída pola acera, estaba bloqueada por outro coche.

Dado este caso e moitos outros que non se denunciaron, pedimos por parte do concello que se tomen varias medidas urxentes.

Solicitamos:

1º  Sacar unha normativa de Vados.

2º Facer un convenio coa Garda Civil ou mesmo Concellos  da zona de influencia que teñan o servizo de policia local e grúa.

3º Diante destes casos de emergencia, facer un convenio de colaboración con algunha empresa de grúas, para poder retirar o vehículo dunha forma inmediata.

4º  Dado que moitos destes casos son despistes , solicitamos pintar  as entradas  dos garaxes.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

NOTA DE PRENSA PSOE BARRO.”Roubos en Barro”

A agrupación Socialista de Barro, quere solidarizarse con todos os socialistas de barro empresarios hosteleiros que nestes dias sufriron  roubos, intentos de roubo e mesmo disparo de arma de fogo nalgún dos casos

Dende o PSOE de Barro tamén queremos apoiar as medidas que vai poñer en marcha a Asociación de comerciantes ACEBARRO, nas que pide prudencia os empresarios polas noites o pechar, ó tempo que están traballando en convenios con empresas aseguradoras,  de vixilancia , alarmas e cámaras. Tamén compartimos con eles a idea de reunirse coas autoridades competentes e doblar esforzos para poder ter mais control policial na zona.

Dun tempo para aquí os diversos gobernos veñen reducindo efectivos nos cuarteis coma no de Caldas, zona a cal pertencemos, e debido a esto, as patrullas que antes se vían  polo concello, ágora quedan prácticamente reducidas a presencia  de  patrullas de tráfico con outras misión mais recaudatorias, aínda así recoñecendo tamén a sua labor de control das carreteras.

E tamén queremos facer unha mención especial a outro tipo controis   que nos últimos tempos están aumentando a sua presencia nos establecementos hosteleiros de Barro: Nos referimos ó departamento da  Garda Civil  FISCAL, que están visitando os negocios de  hostelería para solictarlles licencias e ver si todo está en regla. por certo e nalgúns casos con formas pouco apropiadas e rozando o exceso de autoridade , entrando con armas en man e cos locales cheos de xente. A esta última queremos referirnos , o ver que hai mais control sobre a xente que ten os  negocios e paga os seus impostos , que  sobre os amigos do alleo.

Aproveitamos este medio para solicitarlles tanto o goberno local, coma a subdelegación do goberno redoblar a seguridade, sabedores de que contra os delincuentes todos os esforzos son poucos.

Barro a 19 de abril de 2013

Jose Sanmartín

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

O PSdG de BARRO informa:

Ademais desta Moción aprobáronse outras duas do BNG , tamén por socialistas de barrounanimidade e que facían referencia  o apoio a dous colectivos que por motivos diferentes, pero que  teñen por ver ca  banca, uns porque lles queren quitar as casas e outros porque lle quitaron os seus  cartos. estes colectivos está claro cales son as víctimas dos desaufiuzamentos e das`preferentes.
Tamén se aprobaron por unanimidade os dous puntos mais da orde do dia que víñan sendo as alegacións contra o trazado proposto por o Ministerio de Fomento  para a A-57 e  a adxudicación dos seguros do concello. Neste punto e como solemos facer cando as cousas se fan ben, queremos destacar que grazas a este concurso as arcas municipais van aforrar mais de 6000 €.

Noutro orden de cousas, Dende o PSdG de BARRO informamos de que este xoves as 21.00 h teremos unha xuntanza extraordianaria da agrupación de debate sobre politica municipal dirixida a os militantes da agrupación.

MOCIÓN do Grupo Municipal Socialista para a supresión da peaxe

MOCIÓN Ó PLENO DA CORPORACIÓN Ó PLENO DO CONCELLOsocialistas de barro DE BARRO.

José Sanmartín Soto e Margarita Canai Pintos integrantes do Grupo Municipal Socialista no concello de Barro, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

MOCIÓN

Exposición de motivos:

 Por mor da realización das alegacións  contra o proxecto da A-57 no seu tramo que discurre polo concello de Barro. A opción que o Ministerio de Fomento consideraba mais viable e que as forzas políticas e sociais  deste concello a consideramos unha verdadeira sangria a parroquia de Curro. Dende o PSdG de Barro vemos unha excelente oportunidade para retomar unha vella promesa que se  fixo en varias campañas electorais. Esta facía referencia  a peaxe   do tramo da AP-9 entre  Curro e Pontevedra se suprimira. Sabemos das dificultades económicas que están a sufrir as arcas públicas. Pero este Ministerio é un dos que aínda así esta facendo inversións. Por eso solicitamos un esforzo con toda esta comarca e a sua zona de influencia  que afecta a moitisima poboación e tamén serviría de relanzamento do Poligono industrial.

Por todo iso, o Grupo Socialista do Concello de Barro presenta para a súa aprobación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:

 

1º.- Solicitar ó Ministerio de Fomento  a negociación  para a  supresión da peaxe dunha forma definitiva ou mesmo temporal ata que se abra a A-57

En Barro, a oito .de abril de 2013

Asinado: José Sanmartín Soto

DIALOGO EUROPA-HACER PSOE 2015.(cambio de fecha)

15 DE MARZO AS 21:00 NA SEDE PSdG-PSOE BARROsocialistas de barro

Dentro das propostas que está a levar o partido, no seu empeño de conseguir dar resposta a moitos problemas que temos a sociedade. DENTRO DO PROGRAMA HACER PSOE 2015 celebraremos un acto público na nosa sede, o dia 15 de marzo as 21.00 h. O tema principal será EUROPA. Esta reunión será aberta en formato coloquio onde tentaremos poñer de manifesto o que é Europa e a sua influencia.
Para empezar ben este tema , a reunión empezará puntual.

Nota de prensa PSOE de BARRO

Dende a agrupación Socialista de Barro queremos informar os veciños de que o concello de Barro a través da  xunta de socialistas de barrogoberno, ven de reconocer ata cinco  sancións con varias administracións.

Mais de vinte mil euros é o montante de ditas sancións, na que destacan duas  duns  seis mil euros coa Xunta de Galicia e tamén outra  de catro mil cincocentos, por unha sanción de Hacienda.  A esto sumamos que fai un mes o equipo de goberno mercou unha finca na zona de San Antoniño por valor de seis mil euros, sen ningún tipo explicación nin proxecto para ela. Tamén  recordamos  que este concello leva unha velocidade de récord nos últimos tempos olvidando as veces vellas obrigas tanto propias como de empresas relacionadas co propio Concello como son as seguintes.

Sobre dez veciños  de Constela e Barosa, na parroquia de Barro,  teñen pendente de cobrar  da administración Municipal uns case cen mil euros e mais os xuros correspondentes a varias expropiacións dende o ano 2007 , os cales non se lle da ningún tipo de  resposta.

Tamén  e  xa non nos pilla de sorpresa o tema do mercadillo onde con esta anualidade   a débeda da empresa que o xestiona  é   duns setenta e dous mil euros co concello e polo que se ve parece incobrable.

Despois do plan de axuste do goberno para a eliminación de débeda do  concello no mes de maio do ano pasado, tivéronse que tomar medidas como subas de impostos, e reaxustar gastos, considerando que non se poderían facer  certas festas e actividades, e noutros casos rebaixando os custes.

A vida neste concello pouco a pouco vaise encarecendo e vamonos situando a altura doutros concello a nivel de impostos, o que non se vai reflexando da mesma maneira no que se refire a os servicios. Cando noutros concellos veciños dispoñen de moitos servicios e incluso en algúns de luxos comparados con nós. Aínda así hai que valorar certos esforzos do concello como melloras nos vestiarios do campo de Outeiro, ou a conexión en varias zonas o alcantarillado, pero  queda moito por facer  en saneamento e remate de obras a medias. No caso do campo de futbol somos especie en instinción , aínda xogamos en terra , en Barro facéndolle honra o nome do concello. Dende aquí aproveitamos para esixir tamén o que é un clamor en Barro, CAMPO DE HERBA SINTETICA XAAAAA..

José Sanmartín Soto.

Portavoz Municipal PSOE-Barro

INFORMACIÓN DO PSOE DE BARRO

Este domingo día 23 de decembro a partir das 19.00 h celebraremos un  socialistas de barroSERAN DE NADAL, na sede da agrupación.

Teremos  panxoliñas , música en directo, e o gran poeta JOSE TIZADO, que nos deleitará con algúns dos seus mellores poemas. Todo esto acompañado de un merendiña na que todos os compañeiros da agrupación colaboramos e queremos convidar a todos os veciños que se queiran achegar ata o noso local.

Aproveitamos para informar de que nos tocou a devolución da lotería de Nadal, e que teremos os décimos depositados na oficina de NOVA GALICIA BANCO , para poder cobrar  as participacións a partir do próximo mércores día 26 de decembro.

Nesta nota tamém queremos aproveitar para felicitar os veciños e veciñas de Barro e en xeral a todos  e tamén a vos os medios de comunicación, que sempre amablemente publicades as nosas informacións.

BO NADAL E FELIZ ANO 2013.

José Sanmartín Soto.

S. Xeral e Portavoz Municipal PSOE de Barro.

SERAN DE NADAL ENTRE AMIGOS E VECIÑOS

SEDE DO PSOE DE BARRO

psoe barro

NADAL ENTRE AMIGOS , É UN EVENTO ORGANIZADO POLO PSOE DE BARRO PARA QUE PASES UNHA TARDIÑA, ENTRE BOS AMIGOS E CON VARIAS ACTUACIÓNS MUSICAIS , PANXOLIÑAS,POESIA E TODO ACOMPAÑADO DUNHA MERENDA

Información do pleno de hoxe por Jose Sanmartin

Jose Sanmartin.O equipo de Goberno con un Alcalde que se pasa a democracia por onde lle ….. Contesta cunha amenaza a nosa moción sobre varias expropiacións que ronda uns cen mil euros mais intereses. Tamén informar que outra moción sobre a Teleasistencia, o goberno do estado retira a partida correspondente nos orzamentos e dinnos que a Deputación o vai asumir, algo que non é certo xa que van asumir organismos

ou seguros privados, que teñen dita cobertura contratada. A diputación o unico que asume è a parte economica que a xunta retirou para os servicios sociales. Vou tamen comentar que se fixeron achegas o convenio do lixo onde nos propuxemos que non houbese mais subidas, xa que o que aparece no convenio, son entre 60 e 80 euros. As notas positivas foron os anuncios sen constar na orde do dia, pero igualmente importantes. O negociado e posta en concurso publico dos seguros todos do concello, para aforrar. E o ultimo e moi importante foi o anuncio de proxectar facer un colexio novo, para o que fará falta unha finca de polo menos uns 20000 metros. En fin este é un resume do acontecido hoxe no pleno. Algunha cousiña mais como convenio canceira e outra mocion do Bng.

Maña pleno extraordinario

Jose Sanmartin.Martes 27 de novembro pleno extraordinario, as 20.30 salón de plenos do concello de Barro.
Orde do dia.
1 Aprobación acta anterior.
2-Dar conta convenio da canceira.
3-Suxestións ó convenio do Lixo.
4-Mocións
5-Rogos e preguntas.

VIDEOS MITIN PSdeG-PSOE-BARRO 13-05-2011

 VIDEO 1 SANMARTIN

  VIDEO 2 SANMARTIN

  VIDEO 1 CARMEN CAJIDE HERVÉS

 VIDEO 2 CARMEN CAJIDE HERVÉS

VIDEO MARGARITA CANAY

Programa Electoral do PSdeG-PSOE de Barro, municipais 2011

Programa PS de G Barro completo en PDF.PREME

Políticos e veciños de Barro pactan as alegacións ao proxecto

Os tres grupos políticos da corporación de Barro (PP, BNG e PSOE), o presidente da Plataforma da PO-531 e os dirixentes das comunidades de montes de Curro e de Portela consensuaron o pasado luns un escrito de alegacións ao proxecto de ampliación previsto por Política Territorial. O documento recolle basicamente as suxestións xa expostas polo Bloque.

Os asinantes piden á Xunta que modifique o proxecto, cambiando a súa concepción de priorizar a circulación de vehículos por outra que humanice o viario PO-531 ao seu paso por Barro. O obxectivo é retardar o tráfico, aumentando a seguridade viaria e permitindo a máxima permeabilidade peonil coa construción de beirarrúas e zonas verdes, integrando a estrada no espazo urbano polo que discorre.

Tamén solicitan que se minimice «todo ou posible» o impacto da obra, tanto de expropiacións de vivendas como de afeccións. Suxiren que se protexa e repoña (de ser necesario) todo o patrimonio cultural afectado polo proxecto e que este se axuste ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro.

Finalmente, os partidos e os colectivos veciñais propón que se teña en conta como solución ao tráfico rodado de vehículos entre Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra a posibilidade da liberación da peaxe da AP-9 entre Curro e Pontevedra.