MOCIÓN do Grupo Municipal Socialista para a supresión da peaxe

MOCIÓN Ó PLENO DA CORPORACIÓN Ó PLENO DO CONCELLOsocialistas de barro DE BARRO.

José Sanmartín Soto e Margarita Canai Pintos integrantes do Grupo Municipal Socialista no concello de Barro, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

MOCIÓN

Exposición de motivos:

 Por mor da realización das alegacións  contra o proxecto da A-57 no seu tramo que discurre polo concello de Barro. A opción que o Ministerio de Fomento consideraba mais viable e que as forzas políticas e sociais  deste concello a consideramos unha verdadeira sangria a parroquia de Curro. Dende o PSdG de Barro vemos unha excelente oportunidade para retomar unha vella promesa que se  fixo en varias campañas electorais. Esta facía referencia  a peaxe   do tramo da AP-9 entre  Curro e Pontevedra se suprimira. Sabemos das dificultades económicas que están a sufrir as arcas públicas. Pero este Ministerio é un dos que aínda así esta facendo inversións. Por eso solicitamos un esforzo con toda esta comarca e a sua zona de influencia  que afecta a moitisima poboación e tamén serviría de relanzamento do Poligono industrial.

Por todo iso, o Grupo Socialista do Concello de Barro presenta para a súa aprobación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:

 

1º.- Solicitar ó Ministerio de Fomento  a negociación  para a  supresión da peaxe dunha forma definitiva ou mesmo temporal ata que se abra a A-57

En Barro, a oito .de abril de 2013

Asinado: José Sanmartín Soto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s