Escrito da Agrupación Socialista para o concello de Barro

Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento do concello de Barro, unha socialistas de barrosituación  de desamparo veciñal e de  non saber a quen dirixirse a hora de solucionar problemas como o de atoparnos un coche que está entorpecendo a entrada e saída  dos garaxes. Esta situación que se ten dado xa en varias ocasións no centro do San Antoniño, ten que facernos reflexionar e pensar que os veciños non teñen por qué sufrir os despistes ou erros de quen non se da conta  onde deixa o coche.

Este domingo dia 28 de abril un vehículo botou no acceso o garaxe do edificio As Baladas  dende cando menos a unha da madrugada ata que a sua  propietaria o retirou a unha  da tarde. Dende ben cedo a xente  tivo que recurrir a familiares ou mesmo un  taxi para ir a traballar. Curiosamente desta vez non había forma de sair xa que incluso a saída pola acera, estaba bloqueada por outro coche.

Dado este caso e moitos outros que non se denunciaron, pedimos por parte do concello que se tomen varias medidas urxentes.

Solicitamos:

1º  Sacar unha normativa de Vados.

2º Facer un convenio coa Garda Civil ou mesmo Concellos  da zona de influencia que teñan o servizo de policia local e grúa.

3º Diante destes casos de emergencia, facer un convenio de colaboración con algunha empresa de grúas, para poder retirar o vehículo dunha forma inmediata.

4º  Dado que moitos destes casos son despistes , solicitamos pintar  as entradas  dos garaxes.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s