A Xunta pide a Fomento que reformule a conexión da A-57 no enlace de Curro

A Xunta de Galicia estudou as cinco propostas deseñadas polo Ministerio de Fomento para o proxecto de prolongación da autovía A-57 no tramo Pilarteiros – Barro e conexión coa AP-9 en Curro e propón a Fomento que elixa a denominada alternatva C-5, que permitiría que a A-57 tivese continuidade como autovía ata Sanxenxo (a través da AG-41), mediante a conexión co ramal existente entre a AP-9 e o enlace de Curro.

Esta resposta a Fomento realizouna a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas. O departamento autonómicoinforma favorablemente a esta alternativa dentro do proceso de información pública do estudo informativo no que se definen cinco alternativas para o proxecto. O período de exposición comezou o 2 de marzo e solicita informe da Administración autonómica.

A Axencia de Infraestruturas considera a alternativa C-5 “é máis favorable para os intereses da comunidade galega” que a proposta polo Ministerio (denominada CO-3) xa que “resolve de xeito máis satisfactorio a conexión coa rede de estradas que conflúen no nó de Curro, permitindo ademais un reparto máis equilibrado dos tráficos“.

Dende a Xunta salientan que esta alternativa C-5 coincide no 80% do trazado coa proposta polo Ministerio (CO-3), separándose dela no treito final de confluencia co Enlace de Curro.

Ao mesmo tempo, no informe elaborado pola Axencia Galega de Infraestruturas recóllese que a alternativa C-5podería aínda ser mellorada no seu treito final en Curro habilitando un ramal directo para os movementos entre a AP9 e a AG-41 (Autovía do Salnés).

ag57

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s