CAMPO DE FUTBOL MONTE DA CHAN

Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento dos veciños  que o concello segue na sua teima socialistas de barrode querer construir un campo de fútbol no Monte da Chan, nunca franxa afectada polo  castro alí existente e  que mesmo fai xa uns cantos anos se fixeron  nel catas arqueológicas. Esta obra que mais que un campo de fútbol acabará sendo un aparcamento para as festas que se fan alí, cousa a que non nos opoñemos, parecenos innecesaria e un atentado contra o sentido común, ademais de unha aberración ecolóxica, das habituales en Barro.

Na última xunta de goberno ven de aprobarse un pagamento de mais de seis centos euros a unha empresa de topografia polas medicións de dito espacio. A cantidade pagada a empresa  non é moi elevada, pero os custes de dito campo de fútbol si o serán , estando valorados en o redor duns 234.000 € , segundo di o  orzamento da contrata que  recoñece a acta da xunta de goberno do dia oito de abril. Ademais este gasto sería imposible de levar a cabo, xa que o Plan de axuste que ten unha duración de dez anos , non recomenda ningún tipo de inversión con fondos propios.

Os Socialistas de Barro  pensamos que na actualidade  xa hai  dous campos de fútbol no Concello e  son estes os que  deberíamos dotalos de melloras e non facer mais obras desas de non acabar mais. É verdade que no campo de San Antoniño se fixeron uns vestiarios novos , pero tamén é  unha triste realidade  que somos un dos poucos concellos que está no olvido das autoridades locais e provinciais, en canto a dotación  nalgún dos  existentes  de herba sintética.

Nos somos sabedores e conscientes de que a administración local non pasa os seus mellores tempos económicos, pero o que non se pode facer , é ir sementando cartos  en terreos  a ermo, xa que os poucos recursos que temos, hai que aproveitalos  moi ben.

Tamén queremos neste caso facer unha crítica  a Deputación de Pontevedra polo agravio comparativo que está a facer co noso concello deixandoo que quedemos cada dia mais atrás. Noutros concellos está facendo inversións millonarias como apuntalamento de novos gobernos que históricamente eran socialistas, e que tiñan como no caso do noso concello veciño de Moraña, unhas contas saneadas e servicios básicos moi avanzados. En Barro nin servicios avanzados, nin contas saneadas, e ademais de ningunedaos polas outras administracións.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s