ELECTRIFICACIÓN DO POLIGONO INDUSTRIAL DE BARRO.

Queremos referirnos a este proxecto tan importante para o futuro do polígono desocialistas de barro Barro, como algo que se debe facer dunha forma moi ordenada, xa que serán moitos metros de linea de alta tensión que transcurrirán polo noso concello. Este Proxecto cruzará  e irá soterrado por moitas zonas e entre elas o camiño de Santiago, ademais doutros viais . Pensamos que  as obras deben ser sostibles e o tempo  deben  aproveitarse  para dar solucións a moitos dos problemas que sufrimos neste concello. Un dos mais importantes é a  falta de   Saneamento , sen olvidar o déficit nas conexions a Internet ao non  dispor de fibra óptica.

 As nosas propostas serían as seguintes.

Aproveitar dende o Concello ditas actuacións e estudiar a fórmula de cómo se podería compatibilizar esta obra e a canalización do saneamento,  así como   poder acercar a fibra óptica aos núcleos de población de Barro. 

 Na zona do CAMIÑO DE SANTIAGO, sería moi interesante darlle un tratamento especial a superficie unha vez rematadas as canlizacións e pensar en facer un pavimentado acorde ao propio camiño, evitando o asfalto e intentando humanizar a zona para que sexa un mellor reclamo turístico , poñendo en valor o Camiño de Santiago.

Planta de compostaxe

Despois de varias informacións confusas respeto a planta de compostaxe e a sua posible socialistas de barroubicación no Concello de Barro, queremos dar a nosa opinión como agrupación política e asimesmo como Grupo municipal do PSdG de Barro.  Diante do acordo que subscribe PP-BNG  para levar a cabo esta planta de compostaxe, queremos deixar claro dous puntos:

 Primeiro:  O proxecto que tentan formalizar os grupos do  PP e BNG na Deputación Provincial,   non ten ningún plan de viabilidade e só se ampara  nun xenérico estudio da Deputación que xa astutamente nos mete a tod@s nun plan provincial de recollida de residuos que asinan mais de 20 concellos e que vai facer que o lixo deses concellos vaia a parar a un vertedoiro con diferencias cos que xa conocíamos, pero con idénticas molestias insalubres.  

 Segundo: Os Socialistas de Barro, entendemos que unha das posibles ubicacións que levan saído nos medios, como é o Polígono de Barro, non é o lugar mais axeitado para a sua instalación , debido a que sería un gran obstáculo para a dinamización e chegada de novas empresas ao parque empresarial.

 Por  último, según nós consta, ningunha das comunidades de montes do Concello de Barro presentou ningunha oferta de dispoñibilidade  para a sua instalación , aínda sabendo  que lles podía traer certos beneficios económicos e sociais.  Por todo esto consideramos que ademais de non ver viable este proxecto, NON debe ubicarse no noso Concello.

Cambio de ubicación da sede da Agrupación Socialista de Barro

Os socialistas de Barro queremos informar de que mudaremos a ubicación da nosa sede, socialistas de barrodebido a  situación estratéxica como local comercial e  por necesidade imperiosa de ampliar o seu negocio o empresario do local colindante. Despois dunha excelente colaboración e entendemento , chegamos a conclusión,  de que nós non podemos ser un estorbo para o crecemento dun negocio, sabendo que aínda que temos contrato en vigor,  a sede dun partido podémola ubicar noutra parte do pobo sen ningún tipo de problema.  O novo local da Agrupación   ubicárase nun baixo  que está na rúa Baladas, número 4  e que  estará operativa dende o mes novembro para atender calqueira cuestión que nos queiran trasladar @s veciñ@s.

MITIN PSOE.TI MOVES EUROPA

PSOE

Os socialistas de Barro celebran o seu III Xantar como preludio da campaña das europeas

 

PORTADA faro-de-vigo

A poucos días de que comece a campaña para as eleccións europeas do próximo 25 de maio, os socialistas de Barro celebraron este fin de semana a súa III Xantar no que se deron cita numerosos militantes e cargos do partido na comarca, a provincia e da executiva galega. Estiveron Alicerce Cancela, secretaria de organización do PSdeG-PSOE e Tania García, o seu homóloga provincial, ademais do deputado no Congreso Guillermo Meijón e os parlamentarios galegos Pablo García e Patricia Vilán.

socialistas-barro

III Xantar Socialistas de Barro

XANTAR PSOE

Moción sobre a xestión do mercadillo municipal

socialistas de barroDe acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de BARRO desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

O grupo socialista  presentamos esta  Moción sobre a xestión do  mercadillo municipal que se celebra todos os domigos do ano.

 Poñéndonos en antecedentes, vemos como dende o ano 2007 neste concello lévase realizando un mercadillo todos os domingos do ano, aínda que en principio se ia  realizar tamén os venres , ao final quedou só na xornada dominical. A xestión deste mercadillo levouna unha empresa que excepto o primeiro ano que era gratuito, non lle pagou ningunha anualidade ao Concello e mesmo non presentou ningún dos requerimentos que lle solicitaron, como seguro de responsabilidade civil e a relación de postos que asentan en dito recinto. Tamén xerou moitas críticas e molestias aos veciños das ruas aledañas ao lugar onde se realiza o mercadillo, que pouco a pouco fóron subsanándose

 Despois de ter varios requerimentos a través do ORAL, foi imposible chegar a poder cobrar un só euro da débeda contraída.  Este concello quédase co consolo de incautar a fianza que non vai mais alá dos  trescentos euros.

 Ademais a todo esto hai que sumarlle a inmoralidade de traer a Barro un colectivo que viñan doutros concellos , coma o de Pontevedra, onde  non lles permitiron a suas formas de facer as cousas.

 O Sr. Alcalde para o noso grupo ten o mérito e demérito do que pasa con este mercadillo, sendo conscientes que  para Barro non foi moi acertado, vistos os resultados económicos traer a esta empresa para  xestionar, sí foi un claro empuxe de recoñecemento para o noso pobo, onde xunto co Parque Natural de Barosa, son duas das  cousas mais representativas e polas que tamén é de xustiza reconocerllo , sen olvidar tamén que para  algúns negocios o consideran importante para a suas ventas.

Nós dende a agrupación Socialista en Barro , non nós opoñemos a este mercadillo e queremos que conste así nesta Moción, pero debemos ser claros e velar polos intereses de todos os veciños de Barro, que para eso nos deron a sua confianza nas urnas  para representalos aínda que sexa  dende a oposición.

 A data de vintecatro de xaneiro de 2014 ,  as plicas do concurso público para a xestión do mercadillo quedaron anuladas as ofertas porque foron mal presentadas por defecto de forma, non meteron as ofertas nos sobres correspondentes e incluso nun sobre traían documentación da outra  empresa  que facía  oferta. Todo era moi parecido e  polo que consideramos  esto como unha verdadeira chapuza.  Por todo esto e debido a que o concurso quedou anulado.

 Solicitamos:

 1º   Que o Concello  faga todo o posible por manter o mercadillo que se realiza os domingos en Barro e mesmo o mellore.

 2º Que a organización e xestión corra a cargo do Concello de Barro e que sexa éste o garante de que se faga cumplir a normativa  municipal recentemente aprobada polo pleno desta corporación.

 3º Solicitar a colaboración doutras administración públicas e medios necesarios , como pode ser a colaboración da Garda Civil no control do tráfico os dias de feira ou tamén calquera altercado que se poidera producir o non dispor de Policia Local.

 4º Debido o interés e repercusión de dito evento, destinar medios humanos tanto para a limpeza como para o control  e asentamento da actividade.

 5º Fomentar a través de campañas de información para os usuarios e vendedores ambulantes a necesidade de contribuir a manter unha boa limpeza do lugar do evento, respetando así tamén o medio ambiente e co considerable aforro na limpeza.

 Jose Sanmartín Soto

Portavoz Municipal PSdG-PSOE