XUNTANZA DE NADAL DO PSDEG DE BARRO

Conversaremos cos nosos compañeiros de partido dos problemas do noso concello, resumiremos todo o acontecido no 2013, é acabaremos cún pincho de nadal para tódolos asistentes.

Este venres 13 nde Decembro as 21.00 h., na Casa do Pobo de Barro, contaremos coa presencia dos Deputad@s Autonómicos Patricia Vilán e Pablo García, ademáis de compañeiros da comarca. Trataremos tódolos temas municipais relevantes do momento con eles. De seguido resumiremos todo o acontecido no ano político 2013, e para remate tomaremos un pincho de nadal desexando unhas boas para todos, de todo corazón.

socialistas

BARRO FAISE COS TERREOS EMBARGADOS POLA SEGURIDADE SOCIAL O PONTEVEDRA C.F SEN EXPLICAR Ó PLENO DO CONCELLO O USO Ó QUE SE DESTINARÁN

Nunha inxeniosa operación inmobiliaria levada en secreto, o Concello de socialistas de barroBarro faise co terreo da que ia ser a Cidade deportiva do Pontevedra C.F.
No pleno celebrado hoxe as 21.00 h. o alcalde segueu a esconder a finalidade da compra de dito terreno,  que sí é verdade que foi comprado a un prezo moi baixo, menos de tres euros o metro cadrado, pero que a cegas ningunha persoa pode adivinar para que é,si non cho queren decir no órgano mais importante do concello, que é o pleno da corporación, onde cho van decir. Esta actitud, ademais da situación económica na que se atopa o concello, fai que tiveramos que votar en contra dunha compra que polo prezo e oportunidade é boa, tendo en conta ademais  que este concello todavia ten pendentes de pago expropiacions dende o ano 2007 e agora alegremente se gastan así os cartos sen ser claro nin sincero e negándose a explicar cal vai ser o uso da parcela.
No Psoe de Barro sempre usamos o sentido común a hora de votar todas as iniciativas que consideramos boas para o desenvolvemento do Municipio,  saian do goberno ou do outro grupo da oposición,  pero neste caso, despois de propoñerlle ó  Alcalde o noso voto a favor se explicaba ó pleno o destino dos terreos e seguindo na sua negativa a explicarnolo, finalmente mantivemos o voto en contra.

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA DO CONCELLO DE BARRO PARA REXEITAR O NOVO REPAGO PARA FÁRMACOS QUE SE DISPENSAN NOS HOSPITAIS DE MANEIRA AMBULATORIA.

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e socialistas de barroRéxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de BARRO desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN: 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 Dende a posta en marcha, no ano 2012, do Real Decreto – Lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes mal chamado para a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde, moitos foron os pasos dados pola administración en contra dos dereitos dos doentes, incluso dos máis graves.

Unha das medidas máis importantes é a obrigatoriedade de cofinanciar unha parte do custo dos medicamentos por parte dos pensionistas, que pasaron de non pagar polos medicamentos a pagar entre o 10% e o 20% en función da súa renda.

Á introdución do repagamento temos que engadirlle a exclusión de máis de 400 fármacos da lista de medicamentos financiados, os cales dende entón multiplicaron o seu custo. Ambas medidas sumadas están  rompendo o equilibrio das economías máis fráxiles, dun xeito moi especial dos xubilados e xubiladas coas pensións máis baixas.

Non debemos esquecer que os salarios e as pensións en Galicia son dos máis baixos do Estado, polo que esta medida, sumada a outras tamén antisociais que xa se teñen aplicado pola dereita, tanto polo Goberno de Rajoy como polo Goberno de Feijóo, cunha nefasta xestión e complicidade que ambos comparten con políticas en común contra a igualdade de oportunidades e os servizos públicos, que están a deteriorar a calidade de vida e a empeorar as desigualdades sociais.

Os Concellos galegos son dos que  teñen  mais  poboación envellecida. E polo tanto máis pensionistas e máis enfermos crónicos, que é a poboación máis afectada porque é a que consume máis medicamentos. Pensionistas que ademais do repago dos medicamentos teñen que facer fronte ás subidas do IVE, as subidas de IRPF, da auga, do transporte… con pensións que en moitos casos non superan os 600 euros.

Estamos comprobando que esta medida do repago non reduciu o gasto farmacéutico, senón que aumentou o gasto das economías dos enfermos, dos pensionistas e dos cidadáns. E dada a situación económica das familias estanse a dar xa casos de persoas que non recollen os medicamentos despois de ser receitados polo médico por falta de recursos económicos.

Pero se as medidas impostas ata agora trala publicación do Real Decreto eran inasumibles, os sucesivos recortes e repagos que van aparecendo co desenrolo do mesmo aínda están complicando  máis as cousas.

Recentemente publicábase no Boletín Oficial do Estado, o 19 de setembro, a Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia, pola que:

 – Se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Salud mediante a asignación de achega do usuario, en desenrolo do Real decreto-lei 28/2012, do 30 de novembro, de medidas de consolidación e garantía do sistema da Seguridade Social.

 Con esta publicación, feita por certo sen notificación ou información previa do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, o Goberno evitaba a súa publicidade tratando de soslaiar a reacción adversa dos profesionais da sanidade, dos pacientes afectados e das súas familias, presentándoo así como un feito consumado.

Este Decreto vén de modificar tamén as condicións do financiamento dos medicamentos incluídos na prestación farmacéutica ambulatoria nos hospitais ao implantar o repago por parte das persoas usuarias.

O goberno do PP chámalle a isto aportación reducida, pero é unha mentira máis, xa que se trata de pagar o 10% do medicamento de dispensación ambulatoria na farmacia hospitalaria ata 4,20 euros por cada envase e por cada medicamento, non en total, o que supón que o que está máis enfermo é o que máis paga, nun contexto de crise e perda de recursos para a cidadanía. En definitiva, outro novo imposto.

A inxustiza e a crueldade destas medidas vén dada polo feito de que vai ser aplicada aos pacientes mais graves e a moitos enfermos crónicos  que van ter que empezar a  pagar por ese  tipo de medicación.

A ministra, Sra. Mato,acorda por medio desa medida impoñer o repago de 157 presentacións farmacolóxicas duns 50 medicamentos que abordan patoloxías de gravidade e cronicidade tales como o cancro de mama avanzado, o cancro de ril avanzado, o tratamento de diversos tumores cerebrais, a leucemia mieloide crónica, a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C Crónica, entre outros.

Ante esta circunstancia, moitas foron as asociacións e colectivos de pacientes, profesionais sanitarios e consumidores os que elevaron a súa protesta á administración. De igual maneira o fixeron algunhas comunidades autónomas, como Castela e León, Andalucía, Asturias ou País Vasco, que amosaron a súa incomprensión ante unha medida tan ineficaz como inxusta.

En Galicia, o señor Feijóo xa ten anunciado que as vai comezar a aplicar no mes de xaneiro, sen ningún cuestionamento nin oposición, aínda sabendo o prexudicial que é para os pacientes máis graves e o pouco efectiva que vai ser dende o punto de vista económico.

Esta medida, que introduce outro repago mediante un novo imposto aos máis  enfermos e aos máis débiles, supón un quebranto para a saúde pública que se deriva de cobrar tratamentos en situacións de risco para a vida humana,

 Un dereito como é o da saúde non pode convertirse nun privilexio.

 Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de  BARRO  propón na seguinte MOCIÓN:

 1ª.- Que este Concello solicite do Goberno Galego a NON aplicación na CCAA de Galicia da Resolución do 10 de setembro que implanta o repago na dispensación ambulatoria dos  medicamentos de farmacia hospitalaria indicados para tratamento de graves patoloxías e de doenzas crónicas.

 2º.-  Instar á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a retirada da Resolución  do 10 de setembro de 2013, da Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia.

 3º Pedirlle ao pleno da corporación que nos sensibilicemos con este tema e fagamos o posible por darlle solución a todas aquelas persoas que conozcamos e necesiten deses tratamentos que non poderán  pagar.  Por último editar un bando Municipal onde se lle informe os veciños, de que nadie quede sen mercar as menciñas para os seus tratamentos das enfermidades graves, e que para eso se dirixa o concello para tentar dunha forma ou doutra darlle unha solución , xa que deso depende a su vida.

31 Outubro 2013

Jose Sanmartín soto

Voceiro PSdG-PSOE de Barro

 

 

O grupo socialista presenta esta Moción, facéndonos eco da petición que nos trasladan persoas que son BENEFICIARIOS DE PENSIONS NO EXTRANXEIRO

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e socialistas de barroRéxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de BARRO desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

 O grupo socialista  presenta esta  Moción, facéndonos eco da petición que nos trasladan persoas que son BENEFICIARIOS DE PENSIONS NO EXTRANXEIRO.

 Nestes últimos meses o colectivo arriba sinalado viuse afectado por requirementos da AEAT (delegacións de hacienda de Pontevedra , Vilagarcia) a fin de que presentasen a cantidades percibidas do extranxeiro durante  o ano  2008 , en concepto de pensións. Coa finalidade de proceder a regularización/formulación de declaración complementaria do IRPF do citado ejercicio anual.

@S AFECTAD@S  integrantes deste colectivo nunca foron informados e descoñecían calquera obriga de declarar estas pensións.

Non se expediu certificación ningunha do pais pagador das cantidades percibidas.

Debemos destacar o carácter repentino, inesperado e sorprendente dos requeridos , sentíndose como defraudadores.

De existir unha lei que os obrigue s tributar por tales pensións, non podemos entender este afán recaudatorio despois de cinco anos , aparecen agora con estes requerimentos antes da sua prescripción.

Por  todos estos motivos e porque consideramos que estes AFECTAD@S  non foron defraudadores, SOLICITAMOS.

-PROPOÑEMOS O PLENO DESTE CONCELLO ,  DAR O NOSO APOIO A ESTE COLECTIVO DIANTE DA A.E.A.T., PARA QUE SE EXIMAN DE PAGAR SANCIÓNS E INTERESES DE DEMORA.

-TAMÉN SE ESTUDEN TODOS OS CASOS E SE LLE DÉ AS FACILIDADES MÁXIMAS PARA PODER FACER FRENTE ÓS PAGOS POLAS DECLARACIÓNS CORRESPONDENTES.

BARRO A 31 OCTUBRE DE 2013

JOSE SANMARTIN SOTO VOCEIRO PSdG-PSOE.

PROPOSTAS DOS SOCIALISTAS DE BARRO. MERCADILLO DE BARRO

 
carta PSOE
PROPOSTA MERCADILLO DE BARRO

A feira de Barro continuará si cúmprense os requisitos esixidos

diario_pontevedra.750
Os portavoces do PSOE, PP e BNG reuníronse o pasado mércores para debater a continuidade da feira na localidade. Asanmartin Asociación Galega de Ambulantes terá que facerse cargo dos 3.000 euros de fianza esixidos para garantir a continuidade da feira. Así mesmo, pídese á asociación que presente a relación de postos habilitados e un seguro de responsabilidade civil.
«A solución que se está intentando dar con esta medida é que durante os seguintes tres meses, mentres se pecha o novo concurso, a feira non se perda», afirma o portavoz do PSOE en Barro, José Sanmartín. Así mesmo, asegura que «nós non tomamos a decisión definitiva. A responsabilidade final é do alcalde, José Landín, pero o noso partido non vai permitir que unha empresa gestione o mercado». Por outra banda, o portavoz asegurou que non denunciarán si cúmprense as condicións que se esixían desde o principio do conflito entre os comerciantes e o Concello.

Mercadillo de Barro. José Sanmartin

15 de setembro de 2013.SANMARTIN
O ocurrido hoxe no mercadillo de Barro , é unha clara ofensa os veciñ@s de Barro. Con total normalidade se instalou un Domingo mais, facendo caso omiso a rescisión do contrato acordada polo pleno do Concello, por os xa conocidos impagos da empresa concesionaria co Concello de Barro. Dende o Psoe de Barro queremos facer a nosa mais enérxica queixa do sucedido este domingo , onde ningunha autoridade se presentou no lugar. O noso Portavoz Jose Sanmartin, que si estivo na zona do mercadillo o longo da tarde, comprobou como houbo un mercadillo do mais normal. Ante esta situación dende o Psoe de Barro puxémonos en comunicación coa garda civil que non nos pudo confirmar se tiñan notificación de desaloxo do mercado.
Referíndonos ó Mercado, os Socialistas reiteramos que a feira de Barro é positiva para o noso Pobo, pero de todos é sabido as condicions nas que se atopa este mercadillo, con unha débeda acumulada co Concello de mais de 60.000 Euros. Mañá no pleno pediremos explicacións o Alcalde do sucedido e pola mañá chamaremos o cuartel da Garda Civil de Caldas e mesmo a Subdelegación do Goberno para informarnos de se tiñan algún comunicado da situación do Mercadillo de Barro e as posibles consecuencias e previsións dun desaloxo.
Saudos .
JOSE SANMARTIN.
Portavoz Municipal psoe Barro.
feira de barro

SI FOCHES EMIGRANTE…NON PAGUES DE MÁIS

emeigrante

Os Socialistas de Barro poñen á venda a súa Lotería de Nadal

socialistas barro

Landin ameaza a Sanmartin a levalo ante a fiscalia por insultos e insinuacións insidiosas

Noticias de Barro

Extracto do pleno extraordinario celebrado o 13-08-2013.

“8.4.- Polo Sr. Alcalde, e en relación con escrito presentado polo Sr. Sanmartin nolandin 1 rexistro Xeral do Concello en data 29 de maio de 2013 no que se formulan 11 preguntas, e dado que algúnhas delas xa se lle habían contestado con anterioridade e outras supoñen sembrar dúbidas sobre a honorabilidade do Sr. Alcalde e da Xunta de Goberno Local, insultos e insinuacións insidiosas, vai dar traslado á Fiscalía do mesmo para que se depuren as responsabilidades penais correspondentes. Ademáis o escrito atópase colgado nas redes sociais dende maio coa intención de danar persoalmente ao Alcalde. Asimesmo manifesta que nin na vida nin na política vale todo, e que poderá haber xente tan honrada coma el persoal e políticamente pero dubida que alguén poida se-lo máis.

O Sr. Sanmartín Soto, rógalle ao alcalde non proceder a xudicializar a política, manifesta as súas disculpas públicamente se o contido do escrito non foi o máis axeitado ou puidese dar lugar a interpretacións non adecuadas. Asimesmo comprométese a retirar o escrito das redes sociais, volvendo a solicitarlle disculpas ao Sr. Alcalde.
A sesión rematou ó fio das vinteunha horas cincuenta e cinco minutos. Dou fe.”

descarga pdf13-08-13 (1)pleno en pdf

 

AS PENSIONS DO ESTRANXEIRO QUE ESTÁ A PASAR COAS SANCIÓNS DA AXENCIA TRIBUTARIA?

XUNTANZA PENSIONS

Éxito no II Xantar Socialista de Barro

Este Sábado día 29 de Xuño, celebramos o II xantar Socialista de Barro. Ambiente moi agradable e onde ó 000000561822redor dunhas cincuenta persoas nos xuntamos para falar de política, e doutras moitas cousas que están pasando nesta lexislatura. Ademáis dos compañeiros da nosa agrupación e veciños de Barro, tamén nos acompañaron, o candidato a Secretario Xeral de Galicia, Manel Vázquez, o Secretario de Organización de Galicia, Pablo García, a Secretaría de Organización Provincial, Tania Garcia Sanmartín, a deputada por Pontevedra Patricia Vilán e moitos outros compañeiros doutras agrupacións periféricas.

MAIS INFORMACIÓN NA SUA PAXINA:

http://www.psoe.es/ambito/barro/news/index.do

II Xantar Socialista de Barro.

Información do II Xantar Socialista de Barro.

Despois do I xantar levado a cabo o ano pasado, queremos repetir  esta  xuntanza de confraternidade entre compañeir@s e veciñ@s, para falar un pouco das cousas cotidiás e tamén do proceso aberto no PSdG de cara o próximo congreso e a fase precongresual, con unhas  “primarias”    que non queda claro aínda si valerán para algo.

 Contaremos coa presencia do Secretario de Organización do Partido en Galicia, Pablo Garcia, tamén a  Exdeputada Carmen Cájide e membros da Executiva Provincial, así como algúns Secretarios Xerais e militantes  de concellos veciños.  Estamos a espera de poder contar con algún dos precandidatos a Secretaría Xeral.

A agrupación  Socialista de Barro queremos agradecerlles a todos @s

veciñ@s   de Barro o apoio que nos levan brindando e reiterarlles o noso compromiso de seguir traballando coa única misión, que non é outra que serlles útiles.

 Saúdos cordiais.


Jose Sanmartín                                                                                       Rocio Touriño
Portavoz municipal                                                                                Secretaría de Organización Agrupación de Barro.
Secretario Xeral  da Agrupación de Barro

XANTAR BUENO

O alcalde, despois das incómodas preguntas presentadas por rexistro polo noso partido, levanta a sesión e non deixa continuar.

Os Socialistas de Barro queremos poñer de manifesto o secuestro a democracia que hai por gran parte da socialistas de barrocorporación do noso concello. O pleno celebrado onte,  como  moitos outros ,  rematou unha vez máis cun – veña vamos por parte do alcalde para poñer fín á sesión. . Os rogos e preguntas do noso partido quedan habitualmente sen contestar e para solucionar  estas falta de consideración cos nosos votantes e cos veciños de Barro, presentamos nesta ocasión por rexistro os rogos e preguntas, para que así tiveran respostas. Pensábamos  que este sería o sistema definitivo para  a nosas cuestións, pero, sen embargo, tampouco foi así. Outra  vez este Alcalde  demostra que as suas formas seguirán sendo sempre as mesmas: fago o que me peta e me da a gana. E aínda que predique os catro ventos que o del é vocación, a nos parécenos mais ben un falabarato que presume de que non cobra  do concello, pero  él sabe ben porque non  o fai.  Son  trescentos euros os que cobra por cada  comisión e pleno, e  se botamos contas sae  ben parado, xa que un dia coma onte con tres comisóns e un pleno, se leva para sua casa en  hora e media, uns mil douscentos euros , que a ver  quén os gaña nese tempo.

Os asuntos que figuraban nos nosos rogos e preguntas , tiñan bastante importancia e pensamos que o interés por darnos respostas era mais ben ningún. Só fomos capaces de que nos atendera na primeira cuestión que se refería  a como ían os preparativos da festa do Viño,  o uso da oficina do Sr. Alcalde por parte do seu fillo e amigos , e tamén a proposta  para anos vindeiros de facer unha comisión de festas para o apartado da contratación musical. Ante a segunda pregunta e unha vez nombrado a palabra fillo, a Sra Teresa Roig, concelleira do PP , Muller do Alcalde e nai do fillo, salta coma unha verdadeira fiera con palabras ofensivas dirixidas o noso portavoz, ó tempo que o  Alcalde  lle di que cale e nos da unha resposta clásica dél,  sen ningunha aclaración do tema e ademais levanta a sesión , sen deixar facer mais rogos , nin preguntas.  O resto das cuestións esperamos resposta cando a sua vocación lle deixe.  E así quedaron no tinteiro algunhas que o mellor eran un pouco incómodas, pero nos sempre as facemos con ánimo de que os veciños teñan resposta os seus plantexamentos e o mesmo tempo informar de arranxos , e desperfectos que hai en todas as parroquias.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

A Corporación de Barro apoia os preferentistas

diario_pontevedra.750

Apoio dos tres grupos da Corporación. O alcalde, José Antonio Landín, quen dende o principio lles preguntou aos preferentistas se «se vai poder celebrar o Pleno», accedeu a ler e debater un texto que acabou converténdose nunha moción consensuada entre os afectados e os tres grupos políticos. En particular o ‘popular’, prometeu prestar o seu apoio en todo o posible, sen considerar que as demandas dos afectados por esta estafa poidan considerarse un asunto partidista ou político.

 MOCIÓNS. En canto ao resto da sesión, a ecasez de temas para o debate foi compensada cunha longa lista de mocións da cal varias foron aprobadas por unanimidade. Tamén relacionada coa crise a proposta para adherirse ao convenio da Fegamp que permitirá prestar asesoría xurídica gratuíta ás persoas en risco de desafiuzamento, foi unha das ideas máis relevantes das aprobadas onte. O Concello debe pedir ao Goberno de Caldas de Reis que solicite o servizo á Fegamp, pois se tramita a través da cabeceira de bisbarra. Ademais deuse luz verde ao texto do BNG para evitar o desmantelamento dos xulgados de paz nos pequenos concellos, e apoiouse unha proposta do PP para ofrecer actividades escolares de Educación Vial. Outra moción do PSOE para implantar vaos en San Antoniño e contar cos servizos dunha grúa estudarase formalmente.

landin preferntes