Os socialistas de Barro queremos informar de que mudaremos a ubicación da nosa sede, debido a situación estratéxica como local comercial e por necesidade imperiosa de ampliar o seu negocio o empresario do local colindante. Despois dunha excelente colaboración e entendemento , chegamos a conclusión, de que nós non podemos ser un estorbo para o crecemento dun negocio, sabendo que aínda que temos contrato en vigor, a sede dun partido podémola ubicar noutra parte do pobo sen ningún tipo de problema. O novo local da Agrupación ubicárase nun baixo que está na rúa Baladas, número 4 e que estará operativa dende o mes novembro para atender calqueira cuestión que nos queiran trasladar @s veciñ@s.